Todas las noticias de c. de medio ambiente e cambio climático; en Galicia en los últimos 30 días
133 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Miércoles 26 Junio 2024
A Xunta remite á Confederación Hidrográfica o seu informe sobre a instalación de dúas ramplas de acceso ao río Miño para habilitar unha zona de baño
- No documento, que non ten carácter vinculante, conclúese que o proxecto é factible desde o punto de vista da conservación medioambiental sempre que o promotor adopte certas medidas de preservación da flora e fauna protexidas presentes na zona
A Xunta lanza un concurso para apoiar os concellos de menos de 20.000 habitantes que queiran dixitalizar as súas redes de abastecemento e optimizar o uso da auga
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria deste procedemento, que conta cun orzamento de preto de 5,8 M€ e está dirixido a municipios interesados no desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais de seguimento continuo dos seus sistemas de abastecemento
- Ángeles Vázquez subliña que é a primeira vez que Augas de Galicia pon en marcha un proceso deste tipo e que supón ofrecer aos Gobernos locais a posibilidade de replicar un modelo de dixitalización das infraestruturas hidráulicas xa instaurado na práctica totalidade das estacións depuradoras que xestiona o Executivo autonómico
- Esta medida busca garantir a prestación duns servizos eficaces e eficientes optimizando o uso da auga e preservando a súa calidade en tempo real
A Xunta traslada ao Concello de Viveiro a necesidade de pechar o acceso ao Souto da Retorta para realizar tarefas de mantemento e garantir a seguridade
- Marisol Díaz subliña que durante o verán levaranse a cabo actuacións como a eliminación de exemplares enfermos non recuperables e a poda de outros, ademais do plantado de especies autóctonas
A Xunta salienta que a protección da paisaxe é clave para preservar as condicións ambientais que fan de Galicia un referente na loita contra o cambio climático
- Paula Uría subliña que Galicia conta cunha ampla biodiversidade e unha meteoroloxía máis amable, que xunto, cunha paisaxe diversa, ofrecen unhas condicións ambientais que permiten paliar os efectos adversos do quecemento global
Martes 25 Junio 2024
Sogama propón actualizar o seu canon polo sobrecusto derivado das decisións estatais e a Xunta achegará 9 M€ para paliar o impacto da medida nos concellos
- O Consello de Administración da empresa pública foi informado de que o importe medio a pagar en 2024 pola xestión dos residuos quedaría en 66 € por tonelada
- Os novos impostos sobre a vertedura e a incineración e o de produción da enerxía eléctrica así como a eliminación da retribución pola planta termoeléctrica de Cerceda supuxeron para a entidade un desembolso de 21,9 M€ só o ano pasado
- Despois da actualización proposta, o canon pola xestión e o tratamento dos residuos domésticos nas instalacións de Cerceda seguiría sendo o máis barato de España
A Xunta realizou no que vai de ano actuacións de conservación en máis de 150 quilómetros de ríos galegos cun investimento dun millón de euros
- Ángeles Vázquez explicou que os traballos consisten na retirada de árbores caídas nas canles fluviais, a limpeza das marxes, o control de especies exóticas invasoras e a eliminación de obstáculos que impidan o discorrer libre das augas
- A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático salientou que os 152 quilómetros nos que se actuou desde xaneiro equivalen á distancia entre A Coruña e Vigo e que para o segundo semestre hai orzamentados 1,5 M€ para labores deste tipo
- Augas de Galicia destinou entre 2022 e 2023 máis de 4,6 M€ a preto de 300 accións de coidado das contornas dos ríos que superan os 430 quilómetros
Lunes 24 Junio 2024
A Serra de Pena Corneira convértese no cuarto monumento natural de Galicia en contar cun plan de xestión para a súa conservación e protección
- Este instrumento súmase aos xa tramitados e en vigor para a Praia das Catedrais, o Souto da Retorta e a Fraga de Catasós
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto no que se identifican os valores a protexer, os posibles riscos, as normas de uso de aproveitamento do solo e dos recursos naturais así como as condicións de uso público deste espazo
- O documento terá unha vixencia indefinida, sen prexuízo da súa posible actualización de acordo coas necesidades e as medidas de seguimento que correspondan
A Xunta axudará este ano a 347 particulares a mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e doutros bens
- Por cuarto ano, o Instituto de Estudos do Territorio esgotou o orzamento dispoñible
- Desde a posta en marcha destes incentivos, en 2021, o Goberno galego concedeu case 2.400 subvencións para corrixir impactos paisaxísticos por preto de 9,6 M€
Domingo 23 Junio 2024
A Xunta e o Concello da Pastoriza avalían vías para colaborar na mellora do saneamento nos lugares de Paraxes e o Gruñedo
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2024 A Xunta de Galicia e o Concello da Pastoriza avalían vías para colaborar na mellora do saneamento nos lugares de Paraxes e O Gruñedo, tal e como acordaron a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, Darío Cabaneiro, durante unha reunión que mantiveron recentemente. Durante o encontro, o rexedor informou á conselleira do proxecto no que se def...
Sábado 22 Junio 2024
Ángeles Vázquez chama a celebrar a noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente
- Reitera a importancia de recoller os refugallos xerados e depositalos no contedor que corresponda para o seu correcto tratamento
- Lembra que unha simple bolsa de plástico tarda 400 anos en degradarse
Viernes 21 Junio 2024
Galicia avanza cara á neutralidade climática a un ritmo tres veces maior que a media de España e Europa
- Ángeles Vázquez salienta que, desde a aprobación, en 2019, da Estratexia galega de cambio climático e clima 2050, as emisións netas de gases de efecto invernadoiro baixaron en Galicia un 19,5%
- Salienta o compromiso ambiental de Vertex Bioenergy e pon en valor o seu apoio á Alianza galega polo clima, que suma xa máis de 140 entidades adheridas
- O obxectivo desta iniciativa é conectar ao tecido produtivo e social galego de cara a traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática
A Xunta conciencia a máis de 8.000 escolares sobre a importancia dos ríos cunha campaña divulgativa para achegar o ciclo da auga a centros de primaria
- A iniciativa, impulsada polo organismo Augas de Galicia, chegou durante este curso a 125 colexios no marco das actividades do Plan de xestión do risco de inundación
- Os centros educativos participantes foron seleccionados pola súa localización nalgún dos 100 concellos galegos con máis probabilidades de sufrir asolagamentos
A Xunta colabora na gravación e difusión dun documental sobre o papel ecolóxico da gaivota patiamarela e a necesidade da súa preservación
- Baixo o título Querida gaivota maldita, o obxectivo é dar a coñecer a importancia dunha ave característica e moi presente na costa galega, sobre todo nas Illas Atlánticas, e o traballo do Goberno galego para frear o declive das súas poboacións
- Os promotores desta produción audiovisual recibiron unha das axudas de 2023 para impulsar actuacións na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional
Jueves 20 Junio 2024
A Xunta aposta por aproveitar a nova Lei do ciclo integral da auga para impulsar a profesionalización do sector e da xestión dos recursos hídricos
- Roi Fernández defende incorporar á xestión da auga unha visión global que inclúa todas as fases do ciclo e os seus usos e implique ao conxunto dos axentes implicados
- Expón as 12 medidas que ten en marcha a Administración autonómica co reto de profesionalizar o sector en Galicia co apoio da tecnoloxía e a innovación
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento nun tramo do río Umia ao seu paso por varios concellos
- As tarefas, que se centran en arredor de 4,2 quilómetros da canle fluvial, inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa para evitar atoamentos
O proxecto Mestres Gandeiros mostra a preto de 800 escolares galegos o bo facer dos profesionais do medio rural no coidado da paisaxe e da biodiversidade
- Esta iniciativa trata de transmitir ao alumnado a cultura do coidado da terra e da natureza mostrando que os agricultores e gandeiros se converten en importantes activos na protección do medio ambiente polas boas prácticas no seu labor diario
- Ángeles Vázquez destaca a singularidade desta acción, elixida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para representar a Galicia nas publicacións nacionais de educación para o desenvolvemento sostible
Miércoles 19 Junio 2024
A Xunta salienta que Galicia conta cun dos mellores sistemas de control da calidade do aire do país grazas á súa aposta pola mellora continua da rede de estacións
- A actual rede autonómica está integrada por 47 instalacións de medición e vixilancia, de titularidade pública e privada, que axudan a previr e reducir os posibles efectos das substancias contaminantes sobre a saúde, o medio ambiente e a contorna
- Paula Uría lembra que a Unión Europea e a Organización Mundial da Saúde propón novos valores límite para valorar a calidade do aire ambiente de cara ao ano 2030
A Xunta avoga pola colaboración do sector público e privado para consolidar Galicia como referente na xestión sostible de residuos
- Ramón Boga lembra que o Goberno galego vén de aprobar o Plan de xestión de residuos industriais, que inclúe máis de 40 medidas a desenvolver ata 2030 de cara a fomentar a preparación para a reutilización e do reciclado de alta calidade dos refugallos
A Xunta investirá preto de 11 M€ ata 2026 nas obras de construción da nova estación depuradora de Santiago
- O resto do investimento, ata arredor de 60 millóns de euros, correspóndese na súa maior parte con fondos europeos Next Generation xestionados polo Goberno central aos que se engade unha partida sufragada polo Goberno municipal
- Ángeles Vázquez pon en valor a colaboración entre as distintas administracións para impulsar unha instalación que pode chegar a dar servizo a ata 227.000 habitantes
- O Executivo galego salienta que se trata dunha infraestrutura hidráulica moi demandada que contribuirá a cumprir coas directivas europeas en materia de depuración de núcleos urbanos e a impulsar a recuperación ambiental do río Sar
A Xunta concede autorización ambiental ao proxecto de mellora da planta de elaboración de produtos lácteos Dayrilac no concello de Melide
- A Declaración de Impacto Ambiental emitida pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que a proposta da empresa é viable e non terá impacto na contorna sempre que se cumpran os condicionantes recollidos no propio documento
- O obxectivo é poder incrementar a produción dunha industria que ten como actividade principal o tratamento e transformación do leite
Galicia defende a importancia de traballar en Europa para que as posicións das comunidades autónomas sexan tidas en conta na toma de decisións
- A comunidade galega asume a representación das autonomías en materia de Medio Ambiente no segundo semestre do ano coa finalidade de facer valer os intereses das rexións españolas ante as autoridades europeas
- Ángeles Vázquez lembra que os Gobernos autonómicos son os que se encargan de aplicar de xeito directo unha parte importante da normativa comunitaria, polo que o seu papel é clave para contribuír ao éxito real das políticas europeas
- A Xunta salienta o seu compromiso neste eido pois a galega é unha das autonomías mellor situadas na senda cara a neutralidade climática, como demostra que fose a segunda rexión con maior descenso das emisións contaminantes en 2022
Martes 18 Junio 2024
Galicia traballa na sensibilización do conxunto da sociedade para afondar na redución do desperdicio alimentario en toda a cadea de valor
- A Xunta impulsa medidas como un código de boas prácticas ou un plan de acción para concienciar a todos os actores que interveñen desde que se produce un alimento ata que chega ao consumidor final
- Ramón Boga pon en valor os avances rexistrados na comunidade nos últimos anos, onde cada vez é máis frecuente que os clientes leven a comida sobrante dos restaurantes ou que se doen alimentos para a poboación vulnerable
- O director xeral de Comercio e Consumo, pola súa banda, apelou ao consumo responsable das novas xeracións recordando as boas prácticas que veñen de ser premiadas nos certames Consumópolis e Galicons-Net para centros educativos
A Xunta contribúe á conservación das formacións de árbores do Pazo de Rubiáns incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras
- A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático concedeu varias axudas para a protección e mellora dos exemplares presentes neste espazo por importe de máis de 11.500 euros e outras na área territorial que suman 22.000 euros
- O delegado territorial destacou o "traballo impecable" que se leva a cabo no pazo, tanto na conservación dos seus xardíns como no coidado do seu patrimonio
A Xunta e o Concello de Malpica de Bergantiños avalían o proxecto municipal para mellorar o saneamento no lugar de Beo
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024 A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga, avaliaron hoxe o proxecto municipal para mellorar o saneamento integral no lugar de Beo, na parroquia de San Tirso de Vilanova. Segundo lle expuxo o rexedor á conselleira na reunión que mantiveron esta mañá, o obxectivo desta iniciativa, considerada prioritaria para dar ser...
A Xunta e o concello de Ortigueira analizan varias actuacións en materia de patrimonio natural e augas
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024 A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, analizaron hoxe varias actuacións municipais en materia de patrimonio natural e augas. Así, avaliaron o proxecto municipal para instalar na localidade un centro de interpretación e observación de paxaros nos humidais, co obxectivo de convertelo no primeiro Bird Center de Galicia. Es...
Lunes 17 Junio 2024
A Xunta e o Clúster de Solucións Ambientais estudan fórmulas de colaboración para fomentar a innovación sostible e a loita contra o cambio climático
- Avalían diferentes iniciativas dirixidas a dar a coñecer as novidades tecnolóxicas no ámbito das solucións ambientais, así como as últimas innovacións no eido da economía circular e da loita contra o quecemento global
Domingo 16 Junio 2024
A Xunta inviste máis de 60.000 euros no estudo da distribución e abundancia de distintas especies de fentos de Valgada ameazados en Galicia
- O contrato, cofinanciado con fondos europeos e adxudicado á Universidade da Coruña, permitirá avaliar a distribución de sete especies mediante a realización de traballos de campo en 34 zonas da provincia da Coruña, 28 de Lugo e cinco de Pontevedra
Sábado 15 Junio 2024
A Xunta ofrece 350 rutas guiadas con 4.000 prazas dispoñibles para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas entre xuño e setembro
- As rutas son de balde, pero as persoas interesadas deberán facerse cargo do custo do transporte ás illas e inscribirse previamente na web da central de reservas ou persoalmente nas casetas de información que hai en Cíes e en Ons no día da visita
- O Goberno galego leva organizando de forma continuada desde 2004 rutas guiadas e gratuítas ás Illas Atlánticas, o que permitiu que participasen xa no programa máis de 55.000 persoas ao longo das case dúas décadas que leva activo
- Ademais destas excursións con guía especializado, nos catro arquipélagos que integran o Parque Nacional poden realizarse ata 10 itinerarios sinalizados
Viernes 14 Junio 2024
A Xunta detecta un caso de gripe aviaria en aves silvestres no concello de Oleiros
- Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático
A Xunta e o concello de Boqueixón avalían o proxecto para mellorar o sistema de saneamento da localidade
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024 A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, avalían o proxecto municipal para mellorar o sistema de saneamento da localidade. Nesa liña, o alcalde trasladoulle á conselleira a proposta de utilizar foxas sépticas comúns con sistemas de infiltración no terreo para a depuración de augas residuais de pequenos grupos de vivendas p...
Jueves 13 Junio 2024
Ángeles Vázquez salienta que as 140 bandeiras azuis de 2024 consolidan Galicia como exemplo do coidado ambiental dos recursos naturais do litoral
- Incide en que estes recoñecementos poñen en valor a costa, o patrimonio natural e a imaxe turística da Comunidade como destino sustentable e de calidade
- Salienta que estes galardóns son de especial transcendencia para mellorar a calidade das augas, o estado das praias e os servizos que se ofrecen nelas
- Por provincias, Pontevedra concentra o maior número de bandeiras azuis de Galicia (60) e Sanxenxo volve repetir como o municipio español con máis areais galardoados
A Xunta salienta o papel dos escolares galegos como referentes do compromiso e da conciencia ambiental
- Ángeles Vázquez lembra que os nenos e nenas participantes na primeira edición desta iniciativa seguen contribuíndo como adultos ao coidado do patrimonio natural de Galicia
Miércoles 12 Junio 2024
A Xunta valora o compromiso ambiental da comunidade educativa, que, ao abeiro do concurso Pilabot, aportou o 13% das pilas recollidas en 2023 en toda Galicia
- Ángeles Vázquez salienta que os 32.000 alumnos dos 150 centros de primaria e secundaria participantes nesta edición recuperaron máis de 40.300 quilos de pilas, acumuladores e baterías usadas
- O CEIP Carmen García Carrasco, de Cenlle, e o CRA Amencer, de Ribadavia, gañaron a quinta edición deste certame, organizado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en colaboración cos xestores de pilas autorizados en Galicia
A Xunta destinará 26 M€ a executar 13 actuacións para preservar e restaurar os ecosistemas na Rede Natura de Galicia
- Ángeles Vázquez salienta o compromiso do Executivo galego co patrimonio natural galego e en especial, coas zonas protexidas, que representan o 42% do territorio
- Lembra que o obxectivo da Xunta é ter redactados antes de 2027 os plans de xestión de todos os espazos Rede Natura e incide en que a superficie galega amparada baixo esta figura está na media europea e por riba da que teñen outras nove comunidades
Martes 11 Junio 2024
A Xunta salienta o compromiso do concello de Beariz coa protección da paisaxe e o 'fermosismo'
- O Concello recibiu dúas subvencións en 2023 ao abeiro da convocatoria de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, que se destinaron á mellora dun depósito de auga e dun muro de peche perimetral na travesía de San Pedro
A Xunta e o Concello de Valga investirán máis de 460.000 € na mellora dos servizos de abastecemento e saneamento da Avenida da Coruña
- Segundo o convenio de colaboración subscrito entre ambas administracións, Augas de Galicia achegará o 68,5% dos fondos e brindará apoio e asesoramento técnico, mentres que o Goberno local executará as obras e completará o orzamento
- A actuación permitirá renovar determinados puntos da rede urbana existentes na marxe dereita da estrada nacional N-550 ao seu paso polo concello pontevedrés
A Xunta licita por 1,3 M€ a segunda fase do Plan de saneamento de Galicia co obxectivo de optimizar o aproveitamento dos recursos hídricos galegos
- Os traballos inclúen a creación do rexistro oficial de aglomeracións urbanas de Galicia e a proposta de medidas coas que mellorar as instalacións de depuración ineficientes, reducir as infiltracións nas redes municipais, optimizar a xestión das augas pluviais e a eficiencia enerxética dos sistemas de saneamento
- Esta é unha das cinco planificacións nas que traballa Augas de Galicia dentro da súa estratexia para os vindeiros anos e que conta cun investimento de 7 millóns de euros
- As actuacións que o Executivo galego está a realizar en Rois permitirán contar cunha nova depuradora e cunha rede de colectores que dará servizo a preto de 550 habitantes equivalentes tras un investimento de preto de 850.000 euros
Martina Aneiros reitera o respaldo da Xunta no ámbito das súas competencias no caso da proliferación de moscas en Narón
- Narón (A Coruña), 11 de xuño de 2024
- A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou está mañá na comisión de seguimento da situación producida pola proliferación de moscas na parroquia de O Val, en Narón, convocada polo Concello e presidida pola alcaldesa da localidade, Marián Ferreiro.
- Durante o encontro, que serviu para revisar a situación actual desta problemática que se repite cada ano desde 2020 coa chegada da época estival e a subida das temperaturas, a delegada territorial reiterou a colaboración do Goberno galego en aqueles ámbitos que sexan de competencia autonómica.
- Na reunión participaron ademais técnicos municipais e da Consellería de Sanidade, representantes da corporación e membros da AVV Irmandiños do Val.
Sábado 8 Junio 2024
A Xunta destaca a importancia da colaboración institucional e público-privada para avanzar no coidado dos océanos e da súa biodiversidade
- Ángeles Vázquez pon en valor o papel do medio mariño na loita contra o cambio climático e para garantir o futuro do conxunto do planeta
- A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático agradece o intenso labor que realizan entidades como a Cemma a prol da investigación e a divulgación en relación con distintas especies mariñas que chegan ao litoral galego
- O Executivo autonómico lembra que os océanos xeran o 50 % do osíxeno do planeta e absorben o 30 % do dióxido de carbono que se produce nel, polo que se converten nun aliado fundamental fronte ao quecemento global
Viernes 7 Junio 2024
A Xunta salienta que o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia recolle unha media anual de 5.000 mostras e realiza ao redor de 200.000 análises
- Paula Uría pon en valor o traballo analítico que realiza a entidade, nas súas sedes da Coruña e Pontevedra, para mellorar os servizos e a calidade de vida da cidadanía
- Fai fincapé en que o labor que leva a cabo contribúe en gran medida aos bos resultados acadados por Galicia no cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible
Galicia apoia a Canarias nas xestións para exercer plenamente as súas competencias sobre o litoral fronte ás trabas do executivo central
- O Goberno canario está a seguir un camiño moi semellante ao do galego pois presentou un recurso ante o Tribunal Constitucional para defender as súas atribucións neste eido ao tempo que traballa no deseño da Lei Canaria de Costas
- Ángeles Vázquez traslada a disposición da Xunta a colaborar na medida do posible e prestar asesoramento para que a comunidade canaria conte cunha normativa para a xestión da costa completa e sólida como a galega
- A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático defende a importancia de que as comunidades actúen unidas para frear aquelas decisións do Executivo central que pretenden eliminar a presenza de calquera actividade humana da costa
- A Administración galega sostén que as comunidades autónomas son as máis indicadas para xestionar o seu litoral pois coñecen mellor as súas necesidades e as características das actividades que se desenvolven nel combinando os aspectos medioambientais cos socioeconómicos
Galicia será a voz das comunidades nos Consellos de Ministros da UE que debaterán este ano sobre os grandes retos ambientais, enerxéticos e climáticos
- Ángeles Vázquez anuncia que asumirá a representación autonómica durante as dúas reunións previstas para o segundo semestre do ano en Luxemburgo e en Bruxelas
- A participación do Goberno galego esixirá a creación dun equipo interdepartamental con expertos de diversos eidos e canalizarase a través dos grupos de traballo encargados de analizar a normativa en tramitación e o resto de asuntos a tratar
- A responsable autonómica vincula a súa adhesión a esta rede internacional ante o quecemento global co compromiso da Xunta cunha transición climática xusta
Jueves 6 Junio 2024
O CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle e o CRA Amencer de Ribadavia gañan a quinta edición do concurso Pilabot de recollida de pilas
- Os centros recibirán un premio económico que deberán destinar á compra de material escolar ou deportivo
- Tamén se realizaron medio cento de talleres didácticos co obxectivo de poñer en valor a importancia das pilas na vida diaria das persoas, facer fincapé na necesidade da súa reciclaxe e implicar ao conxunto da comunidade educativa na iniciativa
A primavera climatolóxica de 2024 en Galicia foi a terceira máis húmida da serie histórica
- A precipitación media rexistrada entre as 16 estacións máis representativas da comunidade foi un 67% superior ao que vén sendo habitual neste período
- En canto ás temperaturas, o período foi cálido ao rexistrar unha temperatura media de 12,9 graos, e 5 décimas superior á media
Miércoles 5 Junio 2024
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento nos regos de Queo de Abaixo e da Balsa, ao seu paso polo concello de Carballo
- As tarefas, que se centran en dous treitos de 2,7 quilómetros, inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa das canles para evitar atoamentos
Ángeles Vázquez pon en valor o esforzo do persoal da Xunta para preservar a riqueza ambiental dos espazos naturais protexidos da comunidade
- Incide no papel fundamental que ten a biodiversidade á hora de mellorar a resiliencia da Comunidade ante o cambio climático
- Lembra o traballo que vén realizando o Goberno galego de cara a garantir a conservación do noso patrimonio natural e facer compatible esa preservación cun uso público sostible
- Salienta que o número de visitantes ao Parque Natural de Corrubedo se incrementou nun 13,5% en 2023 con respecto ao ano anterior
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Postillón, ao seu paso polo Concello de Cangas
- As tarefas, que se centran nun treito de preto de 1,6 quilómetros, inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa da canle para evitar atoamentos
A Xunta licita por case 2 M€ as obras de adaptación e mellora da planta de transferencia de residuos de Vigo
- Os traballos inclúen a construción dunha tolva específica con capacidade para transvasar 10.480 toneladas anuais de biorresiduos e a substitución da envolvente da actual instalación co obxectivo de aumentar o seu illamento acústico
- Unha vez rematada a actuación, integrarase na rede pública galega de infraestruturas para a valorización da materia orgánica, integrada por 17 plantas e na que o Executivo galego investiu, a través de Sogama, un total de 45 M€
Preto de 1200 voluntarios recollen 7 toneladas de residuos en espazos naturais da comunidade
- A oitava edición da gran recollida colaborativa de residuos 1m2 contra a basuraleza, que organizan SEO/Birdlife e Ecoembes no marco do Proxecto Libera e na que tamén colabora a Xunta, desenvolveuse o pasado sábado en 74 puntos de recollida de Galicia
Martes 4 Junio 2024
A Xunta estuda actuacións para mellorar o estado de distintos espazos na contorna da praia das Catedrais
- Estanse a avaliar elementos como as pasarelas, os valados de protección, os pavimentos ou os locais de almacenaxe e servizos auxiliares
- Os traballos que se acorden sumaranse á renovación da sinalización existente, unha mellora que o Goberno galego xa tiña previsto realizar para homoxeneizala e facela máis útil para os visitantes
A Xunta salienta a súa aposta por garantir o equilibrio entre a conservación da biodiversidade e o desenvolvemento dos sectores produtivos
- Ángeles Vázquez avoga porque a lei de restauración da natureza que se está a tramitar na UE garanta a convivencia entre a protección da riqueza ambiental da Comunidade e o futuro dunha das principais actividades económicas que se levan a cabo no seu rural
A Xunta entrega ao Parlamento o segundo informe de seguimento da Axenda 2030, que confirma os avances de Galicia no eido do desenvolvemento sostible
- Ángeles Vázquez salienta que os resultados galegos nos últimos anos en canto ao grao de implantación dos 17 obxectivos fixados pola ONU superan á media nacional
Lunes 3 Junio 2024
A Xunta licita por máis de 680.000 euros as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento do Canedo, no concello de Ordes
- As actuacións, cun prazo de execución de seis meses, supoñen substituír as traídas e pozos particulares existentes na actualidade por canalizacións comunitarias para dar un servizo adecuado á veciñanza do lugar cun horizonte temporal que vai ata 2045
- Os traballos desenvolveranse na contorna da estrada N-550, atravesándoa ata en catro ocasións, polo que tamén está prevista a reposición do pavimento afectado polas perforacións necesarias para a execución do proxecto
Domingo 2 Junio 2024
A Xunta saca a licitación o estudo da distribución e abundancia en Galicia do sapoconcho común, unha especie en perigo de extinción
- O contrato, cofinanciado con fondos europeos do Programa Galicia Feder 2021-2027, conta cun orzamento de preto de 25.000 euros e permitirá actualizar a información dispoñible sobre as poboacións desta especie en distintas zonas das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra
Sábado 1 Junio 2024
A Xunta contribúe a eliminar dous puntos de vertido de augas residuais urbanas a afluentes do río Anllóns, no concello de Coristanco
- Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron as incidencias en inspeccións rutineiras
A Xunta colabora na oitava edición da xornada de recollida de lixo 1m2 contra a basuraleza
- A iniciativa, organizada de forma simultánea en todo o país, ten como fin reducir a presenza de lixo na natureza e concienciar á poboación sobre a importancia da reciclaxe
A Xunta estuda colaborar co Concello de Oroso no proxecto para remodelar a avenida da Grabanxa
- Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2024
- A Xunta de Galicia estudará vías para poder colaborar co Concello de Oroso no proxecto municipal para remodelar a avenida da Grabanxa, tal e como acordaron a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, Alexander Doval, nunha reunión que mantiveron recentemente.
- Nesa liña, a conselleira e o rexedor avaliaron a posibilidade de que o Goberno galego colabore na humanización desta vía aportando financiamento para a renovación das redes de canalización de pluviais así como de abastecemento e saneamento de auga.
- A maiores, tamén en materia de saneamento, o alcalde trasladoulle á conselleira a necesidade de levar a cabo unha serie de melloras na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Sigüeiro de cara a acadar un nivel óptimo de funcionamento.
- Ángeles Vázquez incidiu en que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.
- Ademais, no encontro, Vázquez Mejuto e Doval avaliaron a iniciativa municipal para mellorar o paseo ao longo do río Tambre desde O Portiño ata Piñeirón, na parroquia da Gándara, coa instalación dunha pasarela de madeira.
Viernes 31 Mayo 2024
A Xunta realiza labores de conservación na contorna do rego de Loiba, ao seu paso polo concello de Viveiro
- As tarefas céntranse nun treito de preto dun quilómetro e inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
- Os traballos desenvolveranse durante uns 10 días e a continuación Augas de Galicia xa ten programadas outras actuacións en distintos tramos de regos deste concello lucense que suman máis de 9 quilómetros
A Xunta dá a coñecer a riqueza ambiental dos parques naturais galegos mediante conexións en directo desde a Feira Internacional Abanca Semana Verde
- Ángeles Vázquez reitera a aposta da Xunta por concienciar á poboación sobre a importancia de protexer e conservar os espazos naturais ao ser fundamentais para a Comunidade tanto desde o punto de vista ambiental como desde o económico e o social
A Xunta avanza na tramitación do Plan de xestión da Serra de Pena Corneira que compatibiliza a protección deste espazo co seu uso público
- O proxecto de decreto, sometido a consideración do Cogamads, busca identificar os valores a protexer, os posibles riscos, as normas de aproveitamento do solo e dos recursos naturais así como de acceso da poboación ao monumento natural
- Ángeles Vázquez detalla que entre as actuacións previstas ao abeiro deste documento están, entre outras, a realización dun inventario dos valores xeomorfolóxicos existentes, o establecemento de acordos coas mancomunidades de montes para o fomento da súa conservación e un mantemento silvícola sostible
- A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático subliña que o plan será elevado nas próximas semanas ao Consello da Xunta para a súa aprobación e posteriormente publicarase no Diario Oficial de Galicia para a súa entrada en vigor
Jueves 30 Mayo 2024
A Xunta realiza labores de conservación e mellora no río Sarela, ao seu paso polo Concello de Santiago
- As tarefas céntranse nun treito de máis de 5.000 metros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
A Xunta apela a que as administracións asuman un papel clave no cambio cara a un modelo socioeconómico máis sostible e unha transición enerxética xusta
- Paula Uría incide na importancia de aproveitar a oportunidade que supón este momento de transformación para impulsar un cambio estrutural que permita seguir avanzando na acción climática e no impulso da economía verde
A Xunta aposta por dixitalizar a xestión da auga para facela máis eficiente e optimizar o seu aproveitamento
- Galicia participa en Avilés nunha xornada sobre o Perte para a dixitalización do ciclo da auga, unha ferramenta da que a comunidade galega recibe algo máis de 10 millóns de euros co obxectivo de impulsar melloras neste eido
- O Goberno galego defende a necesidade de contar con sistemas de medida e control da calidade da auga máis avanzados así como con instalacións de saneamento e abastecemento máis modernas promovendo unha maior colaboración entre os axentes implicados na xestión deste recurso
A Xunta duplicará a rede de aforos de Galicia-Costa ata chegar a 95 estacións para reforzar a prevención e a resposta ante situacións hidrolóxicas extremas
- Ángeles Vázquez subliña a importancia de dispoñer dun sistema automático de medición en tempo real xa que ofrece información clave para o seguimento de secas e inundacións, a predición de posibles avenidas e o control dos caudais ecolóxicos
- O investimento da Xunta destinado á explotación, mantemento e conservación desta rede de instalacións ascende a 1,3 millóns de euros durante os 2 próximos anos
Miércoles 29 Mayo 2024
A Xunta apela á colaboración entre administracións e tecido productivo para consolidar a Galicia na vangarda da acción climática e enerxética
- Ángeles Vázquez pon en valor o Plan de xestión industriais de Galicia, aprobado recentemente co obxectivo de que se converta na folla de ruta a seguir nesta materia e cumprir coas obrigas que establece a normativa europea
- Explica que a Comunidade xa está a obter resultados das políticas postas en marcha neste eido como os avances no cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable, situándose en todos eles por riba dos datos a nivel nacional
A Xunta realiza labores de conservación e mellora no río Tomeza, ao seu paso polo concello de Pontevedra
- As tarefas céntranse nun treito de preto de 600 metros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
A Xunta pon en valor o papel das comunidades enerxéticas locais na creación dunha cultura da sostibilidade entre a cidadanía
- Paula Uría salienta que estes proxectos colectivos converten ao consumidor en produtor, co que se incrementa a súa implicación na xestión da enerxía e, ao mesmo tempo, fomentan o aproveitamento de recursos locais
Martes 28 Mayo 2024
A Xunta achega preto de 34.000 euros para mellorar a fachada das escolas de Cima de Vila e San Vicente de Pena, en Begonte
- A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través do Instituto de Estudos do Territorio, concedeu case 238.000 euros a 13 concellos lucenses para mellorar a paisaxe mediante o acondicionamento exterior de determinadas construcións
A Xunta salienta a colaboración entre o Laboratorio de Medio Ambiente de Lourizán e Augas de Galicia desde 2010 para garantir o bo estado das augas superficiais
- Paula Uría subliña que estas instalacións se especializan na realización de análises biolóxicas e no control de calidade das augas naturais, con máis de 131.000 actuacións realizadas só en 2023 entre mostraxes, analíticas e medicións in situ
- Avanza que no marco do novo convenio entre ambos organismos está previsto reconfigurar a actual rede de observación ambiental e ampliala a outros ámbitos
A Xunta inviste preto de 1,8 M€ nas obras de mellora da rede de saneamento da parroquia de Queiruga, en Porto do Son
- Os traballos, que rematarán a finais de ano, beneficiarán a dous núcleos de poboación e supoñen a dotación dunha estación depuradora, a instalación dunha nova rede de colectores e as correspondentes estacións de bombeo e impulsións
- A nova EDAR terá capacidade para atender unha poboación equivalente de máis de 1.500 habitantes, por enriba das necesidades actuais da área á que dá servizo
A Xunta achega preto de 34.000 euros para mellorar a fachada das escolas de Cima de Vila e San Vicente de Pena, en Begonte
- A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través do Instituto de Estudos do Territorio, concedeu case 238.000 euros a 13 concellos lucenses para mellorar a paisaxe mediante o acondicionamento exterior de determinadas construcións
A Xunta salienta a colaboración entre o Laboratorio de Medio Ambiente de Lourizán e Augas de Galicia desde 2010 para garantir o bo estado das augas superficiais
- Paula Uría subliña que estas instalacións se especializan na realización de análises biolóxicas e no control de calidade das augas naturais, con máis de 131.000 actuacións realizadas só en 2023 entre mostraxes, analíticas e medicións in situ
- Avanza que no marco do novo convenio entre ambos organismos está previsto reconfigurar a actual rede de observación ambiental e ampliala a outros ámbitos
A Xunta inviste preto de 1,8 M€ nas obras de mellora da rede de saneamento da parroquia de Queiruga, en Porto do Son
- Os traballos, que rematarán a finais de ano, beneficiarán a dous núcleos de poboación e supoñen a dotación dunha estación depuradora, a instalación dunha nova rede de colectores e as correspondentes estacións de bombeo e impulsións
- A nova EDAR terá capacidade para atender unha poboación equivalente de máis de 1.500 habitantes, por enriba das necesidades actuais da área á que dá servizo
Lunes 27 Mayo 2024
O programa da Xunta para mellorar a resiliencia do Parque Natural do Xurés ante o cambio climático recibe un premio Experiencias inspiradoras de Europarc
- Este galardón ten o obxectivo de identificar, documentar e difundir proxectos e iniciativas que aborden os grandes retos de futuro dos espazos naturais protexidos
- O Goberno galego levou a cabo unha serie de actuacións de cara a converter este espazo protexido nun laboratorio aberto no que identificar os riscos aos que se enfronta e as posibles opcións para mitigalos
- A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático elixiu este espazo protexido para conmemorar, o pasado venres, o Día Europeo dos Parques Naturais
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Té, ao seu paso polo concello de Rianxo
- As tarefas céntranse nun treito de preto de 7 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
Vilanova de Arousa mellora a zona de San Miguel de Deiro grazas a unha achega de 80.000 euros da Xunta
- O delegado territorial visitou a zona de San Miguel de Deiro e anunciou as obras de mellora que se levarán a cabo
- Trátase dunhas axudas para o embelecemento do litoral que tamén inclúen accións nos concellos de A Guarda, Marín, Vilaboa e Sanxenxo
O programa da Xunta para mellorar a resiliencia do Parque Natural do Xurés ante o cambio climático recibe un premio Experiencias inspiradoras de Europarc
- Este galardón ten o obxectivo de identificar, documentar e difundir proxectos e iniciativas que aborden os grandes retos de futuro dos espazos naturais protexidos
- O Goberno galego levou a cabo unha serie de actuacións de cara a converter este espazo protexido nun laboratorio aberto no que identificar os riscos aos que se enfronta e as posibles opcións para mitigalos
- A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático elixiu este espazo protexido para conmemorar, o pasado venres, o Día Europeo dos Parques Naturais
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Té, ao seu paso polo concello de Rianxo
- As tarefas céntranse nun treito de preto de 7 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
Vilanova de Arousa mellora a zona de San Miguel de Deiro grazas a unha achega de 80.000 euros da Xunta
- O delegado territorial visitou a zona de San Miguel de Deiro e anunciou as obras de mellora que se levarán a cabo
- Trátase dunhas axudas para o embelecemento do litoral que tamén inclúen accións nos concellos de A Guarda, Marín, Vilaboa e Sanxenxo
Domingo 26 Mayo 2024
A Xunta licita por preto de 3,5 M€ as obras de mellora da envolvente térmica e enerxética da sede da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
- Os traballos de rehabilitación buscan reducir un 30% o consumo de enerxía do edificio, cuestión pola que se beneficia de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation
- As actuacións, que se prolongarán durante 14 meses unha vez adxudicado o contrato, inclúe a mellora da envolvente térmica do inmoble, a substitución do alumeado existente por tecnoloxía LED de alta eficiencia e a instalación de equipamentos novos tanto de calefacción como de refrixeración
Sábado 25 Mayo 2024
Galicia avanza cara ao cumprimento dos obxectivos globais de desenvolvemento sustentable en 2030 e supera en todos eles os resultados a nivel nacional
- A Xunta remitirá ao Parlamento o segundo informe de seguimento da Axenda 2030, que constata a boa posición da Comunidade en materias como auga e saneamento, enerxías non contaminantes e biodiversidade dos ecosistemas terrestres
- En 16 dos 17 ODS que a ONU se fixa como meta para esta década, os resultados a nivel galego están por riba dos estatais e en 5 deles Galicia supera a media nacional en máis do 75% das variables a ter en conta para poder cumprir cos obxectivos
- Esta evolución enmárcase na aposta pola sustentabilidade e a eficiencia nas políticas da Xunta, que se plasma desde 2021 nos orzamentos e no Plan estratéxico de Galicia
A Xunta salienta a importancia de abordar o estudo da paisaxe desde unha perspectiva multidisciplinar
- Enrique de Salvador incide na importancia de afondar no coñecemento para concienciar da importancia de garantir a preservación do patrimonio paisaxístico
A Xunta e o Concello de Mos avalían vías de colaboración para a mellora das redes de abastecemento e saneamento da localidade
- Ángeles Vázquez puxo en valor o proxecto municipal para crear un espazo verde municipal xunto ao parque empresarial da Veigadaña
Viernes 24 Mayo 2024
Ángeles Vázquez pon en valor a implicación dos pescadores no coidado do medio ambiente e da contorna
- Fai fincapé en que contan coa colaboración e man tendida da Xunta para garantir o obxectivo de preservar o estado dos distintos recursos e garantir a sostibilidade da pesca deportiva de cara ao futuro
Aneiros celebra o aniversario do Xeoparque Cabo Ortegal poñendo en valor o traballo de divulgación e preservación do patrimonio xeolóxico da zona
- Destaca que esta declaración "ten contribuído a fortalecer o sentido de comunidade e impulsado un desenvolvemento sostible desta comarca"
- Lembra que a Xunta apoia este proxecto a través da concesión de 1,5 M€ dos fondos Next Generation, dentro da convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino
A Xunta colabora coas exposicións caninas que acolle esta fin de semana o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Lugo, 24 de maio de 2024 A Xunta de Galicia apoia as exposicións caninas que acollerá mañá sábado e o domingo o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, organizadas pola Sociedade Canina Galega. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da iniciativa, que inclúe a 109 e 110 Exposición Nacional Canina e a 49 Exposición Internacional Canina. Arias afirmou que estas citas atraen a multitude de público e p...
A Xunta investiu preto de 90.000 euros na mellora de máis de 10 quilómetros de tramos fluviais entre os concellos de Ames e Brión
- Os traballos, que comezaron no mes de febreiro e remataron na segunda semana de maio, afectaron a diferentes regos e afluentes vencellados co río Sar
- As actuacións de mantemento e conservación consistiron na roza puntual e selectiva de arbustos así como a retirada de árbores e biomasa da canle fluvial para evitar atoamentos e facilitar a circulación fluída das augas
A Xunta aposta por concienciar aos máis novos sobre a protección dos espazos naturais para convertelos en aliados no seu coidado presente e futuro
- Ángeles Vázquez destaca a importancia de facer unha xestión sustentable de áreas como o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés pois son verdadeiros pulmóns naturais e unha ferramenta fundamental na loita contra o cambio climático
- A Xunta investiu en 2023 máis de 750.000 euros na conservación deste espazo natural ourensán, aos que se sumará este ano o inicio das obras de mellora da eficiencia enerxética do centro de interpretación, cun orzamento de 600.000 euros
- O Executivo galego convocou este exercicio tres liñas de axudas que suman un importe de máis de 6,2 millóns de euros para accións coas que preservar os espazos naturais galegos amparados por algunha figura de protección
Jueves 23 Mayo 2024
Manuel Pardo convida aos escolares a asumir un compromiso real co medio ambiente e a sustentabilidade
- O delegado territorial subliñou que "coidar o medio ambiente é responsabilidade de todos e os nenos non son unha excepción"
- "É fundamental que os nenos comprendan a importancia da sustentabilidade e a preservación dos recursos naturais", destacou Manuel Pardo
- O representante do Goberno galego, participou no acto de plantado dunha árbore emblemática
- Manuel Pardo tamén colaborou na posta en liberdade de aves que foron atendidas no Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio
A Xunta adxudica por preto de 900.000 euros o contrato para crear a Oficina Técnica de Impulso de Iniciativas de Adaptación ao Cambio Climático
- Galicia resiliente é un servizo pioneiro que prestará asesoramento especializado ás entidades integrantes da Alianza Galega polo Clima e do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía co obxectivo de acadar o antes posible a neutralidade climática
- O seu traballo neste ámbito durará catro anos, coa posibilidade de prórroga por outro máis, co que a súa actividade se estenderá ata o ano 2028, ou 2029 no caso de que se faga efectiva esa ampliación
- Esta ferramenta pretende que a comunidade galega siga sendo un referente na acción contra o quecemento global ao facilitar o deseño de actuacións para atallalo e contribuír á busca de financiamento para a súa posta en marcha
A Xunta pon en marcha a planta de transferencia de residuos de Arbo, con capacidade para tratar 5.700 toneladas de refugallos urbanos anuais
- Ángeles Vázquez subliña que das 17 plantas incluídas na Rede galega para a valorización da materia orgánica só quedan por entrar en funcionamento a de Riotorto, que xa está rematada, e a de Vigo, que acaba de recibir licenza municipal
- Destaca que o investimento previsto na construción ou remodelación de todas estas infraestruturas ascende a un total de 45 M€, cofinanciados pola Unión Europea
Miércoles 22 Mayo 2024
A Xunta aposta por avanzar na concienciación da cidadanía sobre a protección dos ecosistemas e a preservación da súa biodiversidade
- Ángeles Vázquez pon en valor o traballo realizado en Galicia para a mellora da situación biolóxica de especies vulnerables como a píllara das dunas, presente na lagoa de Baldaio e que conta cun plan de conservación
- O último censo galego desta especie, elaborado en 2023, reflicte un leve incremento da súa abundancia ao contabilizarse 84 parellas distribuídas por un total de 27 de praias da comunidade
A Xunta concede 40 axudas por un importe de 90.000 € para actuacións de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras
- Outorga 17 subvencións a 10 entidades propietarias ou particulares e 23 axudas distribúense entre 11 concellos e as deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra
- O catálogo galego de árbores senlleiras suma xa no conxunto da Comunidade 194 elementos, pertencentes a 84 especies diferentes
Jueves 16 Mayo 2024
Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón, case un 3% máis que en 2022
- Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64% procedían dos 57.680 contedores amarelos e azuis instalados no conxunto da comunidade
- Estas cifras confirman a tendencia positiva na reciclaxe de envases en Galicia xa que nos últimos cinco anos o material recuperado se incrementou en preto dun 6%
Ángeles Vázquez pon en valor o Ceida como referente no eido da educación ambiental tras desenvolver preto de 1.500 actividades o pasado ano
- Salienta o traballo que desenvolve a entidade coa organización dunha ampla oferta de actuacións de dinamización, sensibilización, divulgación, formación e comunicación, así como de educación ambiental e asesoramento e documentación
Miércoles 15 Mayo 2024
A Xunta salienta a importancia do enfoque da infraestrutura verde na xestión da paisaxe
- O proxecto GIFT ten como obxectivo establecer medidas e políticas sectoriais efectivas no eido da infraestrutura verde, concibida como unha rede de espazos e elementos que melloren a resiliencia ante o cambio climático, contribúan á conservación da biodiversidade e beneficien ás poboacións da contorna
- No encontro combinaranse as reunións técnicas con visitas ao territorio nas que comprobar o desenvolvemento desta iniciativa
A Xunta pon en marcha a rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990
- Ángeles Vázquez explica que esta iniciativa ten como obxectivo coordinar cos concellos as actuacións para aproveitar sinerxías na loita contra o quecemento global e promover políticas locais de sustentabilidade ambiental
- Avoga porque este novo instrumento de gobernanza local e rexional facilite a posta en marcha de medidas tanxibles, medibles e comparables que contribúan a garantir un futuro sostible e libre de carbono
- Esta iniciativa vén complementar outras medidas como o Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía e a Alianza galega polo clima
Martes 14 Mayo 2024
A Xunta e o Concello de Beariz avalían o proxecto para dotar de saneamiento o núcleo de ratel
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024 A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, avaliaron esta mañá o proxecto municipal para dotar de saneamento o núcleo de Ratel. Durante unha reunión que mantiveron en Santiago de Compostela, estudaron a actuación prevista, que ten como obxectivo recoller as augas residuais deste núcleo de poboación e tratalas nunha foxa séptica. A...
Lunes 13 Mayo 2024
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no rego de bravos ao seu paso polo Concello de Viveiro
- As tarefas céntranse nun treito de preto de 2,5 quilómetros e inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
A Xunta licita por 1,9 M€ a construción dunha depuradora no río Mendo que dará servizo ao Concello de Salvaterra de Miño
- — A nova instalación hidráulica, cun prazo de execución de ano e medio, está deseñada para cubrir as necesidades de arredor de 2.300 veciños no horizonte do ano 2040
- — O Executivo galego asumirá o 90% do custo da actuación e o Goberno municipal o 10% restante, en virtude dun convenio de colaboración asinado a comezos deste ano
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Tinto, ao seu paso polo Concello de Teo
- As tarefas céntranse nun treito de algo máis de 6 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no perímetro do encoro da Baxe, nos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña
- As tarefas céntranse nas rozas de vexetación en camiños do perímetro do encoro e de faixas de xestión de biomasa
Domingo 12 Mayo 2024
A Xunta investirá 2,4 M€ para garantir o servizo de depuración de augas a máis de 50.000 persoas nos concellos de Nigrán, Gondomar e Soutomaior
- Está previsto que os contratos para a xestión de tres estacións depuradoras localizadas nestes municipios pontevedreses se prorroguen ata maio do ano 2025
- Augas de Galicia asumiu hai case dúas décadas a explotación destas instalacións municipais, ás que destinou xa ata o momento máis de 27 millóns de euros
- O acordo enmárcase na liña de colaboración técnica e económica que mantén o Goberno galego coas entidades locais para ofrecer unha alternativa de xestión autonómica destes servizos, profesionalizando a xestión e garantindo a súa calidade
A Xunta e o Clúster de Solucións Ambientais Viratec analizan vías de colaboración no eido da innovación e a divulgación na loita contra o cambio climático
- O Executivo galego e a entidade coinciden na necesidade de coordinar a posta en coñecemento das solucións ambientais, servizos tecnolóxicos ou medidas a prol da economía circular dispoñibles en Galicia
Ángeles Vázquez salienta a Festa da troita de Oroso como un referente para a promoción do relevo xeracional na pesca deportiva
- Fai fincapé en que os pescadores contan coa colaboración e man tendida da Xunta para garantir o obxectivo de preservar o estado dos distintos recursos e garantir a sostibilidade desta práctica de cara ao futuro
Sábado 11 Mayo 2024
A Xunta e o concello de Friol avalían o proxecto para dotar de abastecemento de auga á parroquia de Seixón
- Ángeles Vázquez e José Ángel Santos tamén analizaron o estado no que se encontra o proxecto de saneamento no núcleo de Roimil
Viernes 10 Mayo 2024
Belén do Campo destaca a aposta de 20 particulares e dous concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte polo fermosismo ao recibir máis de 100.000€ para corrixir impactos paisaxísticos
- A delegada territorial da Xunta, o director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia e o alcalde visitaron a reitoral de Ameixenda e a escola unitaria de A Piolla, no concello de Cabana de Bergantiños
A Xunta avanza que nos vindeiros días trasladará ao Concello de Lalín o estudo de alternativas para a construción da nova EDAR da localidade
- O proxecto en redacción vén complementar o tanque de tormentas de Pontiñas e os novos colectores, cuxas obras está previsto que conclúan a finais deste verán
Jueves 9 Mayo 2024
A Xunta pon en valor a Lei do litoral de Galicia como exemplo a seguir para as comunidades que aspiran a xestionar a súa propia costa
- Ángeles Vázquez ofrece o seu apoio a Baleares, Valencia e Canarias, que tras o aval da Xustiza á norma galega xa manifestaron a súa intención de lexislar ao respecto
- Incide en que Galicia "abriu o camiño" para o resto de rexións, liderando a ordenación integral do litoral desde unha tripla perspectiva que garanta o futuro social e económico da súa poboación, ofreza seguridade xurídica e protexa os seus valores
- A responsable autonómica participará esta tarde no III Foro Costas e Litoral para expoñer o modelo de xestión integrada e sostible que promove a norma galega
A Xunta imparte en Ferrol unha xornada técnica sobre a modificación da Lei do solo de Galicia para axentes ambientais e técnicos forestais
Ferrol, 9 de maio de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, abriu esta mañá a xornada técnica sobre a modificación da Lei do solo de Galicia na que tomaron parte preto dunha trintena de axentes ambientais e técnicos dos distritos forestais I (Ferrol) e II (Betanzos-Mariñas Coruñesas). Na charla, impartida polas xefas da área e do servizo xurídico da Delegación Territorial, abundouse nos cambios normativos que ...
Miércoles 8 Mayo 2024
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita a senda do río Tea, galardoada recentemente coa Bandeira Sendeiro Azul
- Galicia conta con preto de 50 roteiros galardoados con esta distinción, das cales máis de 30 atópanse na provincia de Pontevedra
- Reguera destacou o bo estado da Senda do Río Tea e animou a outros concellos a solicitar este distintivo para itinerarios que transcorren en plena natureza
A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir impactos paisaxísticos cun investimento global de arredor de 14 M€
- Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021 xa chegaron a 283 dos 313 municipios galegos, máis do 90% do total
- Na convocatoria deste ano aprobáronse solicitudes de 50 concellos, para realizar 64 actuacións, e de 346 particulares ata esgotarse os 2 millóns de euros orzamentados
- A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático salienta que Galicia avanza na aposta polo fermosismo promovendo a mellora das fachadas, cubertas, muros e a contorna de distintas edificacións tanto de titularidade municipal como privada
Martes 7 Mayo 2024
A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do concello do Pino cun investimento de 2 M€
- Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación de bombeo, dunha depuradora e das conducións necesarias para o seu correcto funcionamento
- A nova EDAR dará servizo a arredor de 1.200 veciños, pero terá capacidade para atender a unha poboación equivalente de máis de 3.000 habitantes
- Ángeles Vázquez salienta que este proxecto se enmarca na estratexia da Xunta de mellora continua das redes de abastecemento, saneamento e depuración existentes na comunidade, para as que este ano mobiliza preto de 110 M€
Lunes 6 Mayo 2024
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de Carballo e Coristanco
- As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación
- O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graos
- A precipitación media acumulada foi un 8% inferior ao valor climático normal
Sábado 4 Mayo 2024
A Xunta destinará case 70.000 € ao deseño e elaboración de material divulgativo para protexer os valores da Rede de parques naturais de Galicia
- O servizo, que acaba de licitarse, busca sensibilizar aos visitantes sobre a riqueza e a biodiversidade destes espazos na busca dun equilibrio entre uso público e conservación
Viernes 3 Mayo 2024
A Xunta concluirá este verán as obras de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha
- Ángeles Vázquez lembra que o obxectivo é solucionar a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer fronte á demanda de auga na época estival e a dar servizo ao parque empresarial
- Incide no compromiso do Goberno galego por consolidar a posición da Comunidade na vangarda da xestión da auga neste contexto de cambio climático
A Xunta pon en valor o compromiso do concello de Outeiro de Rei co medio ambiente e a conservación da paisaxe coa concesión da bandeira verde de Galicia
- Enrique de Salvador pon en valor a ampla actividade municipal con actuacións como o acondicionamento das rutas de sendeirismo e do miradoiro da paisaxe de Paraños
- O outorgamento deste distintivo constituirá un mérito para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural e de xestión de residuos
Jueves 2 Mayo 2024
A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferenciada de residuos e na posta en valor da materia orgánica
- A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo galego investiu arredor de 45 millóns de euros
- Javier Domínguez salienta a importancia de maximizar o aproveitamento daqueles residuos que poden converterse en materia prima ou ter unha segunda vida
Miércoles 1 Mayo 2024
A Xunta aposta pola pesca sustentable e a remuda xeracional no inicio da tempada do reo e do salmón nos ríos galegos
- Salienta a colaboración fluída entre o Goberno autonómico e o sector para manter unha práctica deportiva de gran tradición na Comunidade e pon como exemplo medidas como a exención de taxas, que beneficia xa a máis de 13.000 afeccionados
- Desde hoxe e ata o 30 de xuño poderanse pescar salmóns en augas galegas, cun cupo límite de 53 exemplares en total, mentres que a campaña do reo estenderase ata o 31 de xullo, cunha cota diaria de 2 capturas por xornada e persoa
Ángeles Vázquez defende a aposta da Xunta pola pesca sustentable e a remuda xeracional no inicio da tempada do reo e do salmón nos ríos galegos
- Salienta a colaboración fluída entre o Goberno autonómico e o sector para manter unha práctica deportiva de grande tradición na Comunidade e pon como exemplo medidas como a exención de taxas, que beneficia xa a máis de 13.000 afeccionados
- Desde hoxe e ata o 30 de xuño poderanse pescar salmóns en augas galegas, cun cupo límite de 53 exemplares en total, mentres que a campaña do reo estenderase ata o 31 de xullo, cunha cota diaria de 2 capturas por xornada e persoa
Martes 30 Abril 2024
A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores ambientais, paisaxísticos e culturais deste espazo natural
- Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais
- Anima aos concellos a aproveitar os incentivos económicos do Goberno galego para poñer en marcha proxectos que axuden á conservación e mellora da biodiversidade e ao impulso económico e turístico dos espazos protexidos
- Pon en valor o labor que realiza o profesorado no eido da educación ambiental para concienciar aos máis novos da importancia de preservar o noso patrimonio natural
Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro do proxecto europeo Green Gap
- Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e entidades universitarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
- A finalidade do desenvolvemento dunha infraestrutura verde é a creación dunha rede de espazos e elementos que melloren a resiliencia ante o cambio climático, contribúan á conservación da biodiversidade e beneficien ás poboacións da contorna
Sábado 27 Abril 2024
A Xunta analiza coa Unión de Consumidores de Galicia vías de colaboración para avanzar na xestión dos residuos e na redución dos desperdicios alimentarios
- As partes estudan distintas accións para minimizar a produción de residuos de envases, papel e vidro e impulsar actuacións informativas e de concienciación neste eido dirixidas aos consumidores da comunidade
- O obxectivo é implicar, en función da iniciativa, a empresas do sector da distribución alimentaria, entidades que traballan a prol da protección do medio ambiente ou outras administracións galegas
Viernes 26 Abril 2024
A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do Miradoiro de Soutochao, no concello de Sober
- Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da contorna
- Esta actuación levouse a cabo ao abeiro do Plan de Acción da Paisaxe na Ribeira Sacra, un dos 10 proxectos que integran o Plan de Acción Estratéxico para esta zona, que conta cun orzamento de 4,5 M€
Miércoles 24 Abril 2024
A Xunta salienta que Galicia rexistra uns niveis de ruído aceptables na última década
- Ángeles Vázquez pon en valor que a Comunidade conta cunha completa rede formada por 10 estacións con sonómetro, que, no seu conxunto, serían representativas dunha cidade tipo de Galicia
- Insiste en que o Goberno galego seguirá avanzando na mellora da rede e na colaboración cos concellos de cara a mellorar a calidade de vida da cidadanía
Galicia vai solicitar de xeito inmediato o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa tralo aval do Tribunal Constitucional
- Ángeles Vázquez salienta que a sentenza certifica que a norma galega é plenamente constitucional e que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que a comunidade poida exercer as súas competencias sobre o litoral
- A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático subliña que a resolución xudicial deixa claro que o recurso do Executivo central foi máis político que xurídico e que é unha mostra máis da diferenza de trato respecto a outras autonomías
- A Xunta lembra que o Goberno central non lle deu opción a negociar mentres que avalou artigos das normas de Cataluña e Baleares que eran iguais aos da galega
- O Executivo autonómico lamenta a inquedanza innecesaria que xerou o recurso na cadea mar-industria e subliña que o fallo outorga seguridade xurídica a unhas instalacións que dan emprego a 40.000 persoas e aportan preto do 5% do PIB
Martes 23 Abril 2024
A Xunta pon en valor o aval do tribunal constitucional á Lei do Litoral de Galicia
- A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía
- A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático lembra que o Goberno central declinou toda opción de diálogo coa Xunta para evitar a vía xudicial e o conseguinte prexuízo que supuxo a paralización desta lei durante varios meses
A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral cun investimento de preto de 550.000 €
- Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna silvestre ao tempo que se melloran as condicións de traballo dos seus profesionais
- As obras supuxeron a construción dun novo edificio que conecta as dependencias dos animais e mellora as estancias nas que se atopan os servizos administrativos
- As melloras contribuirán a optimizar o labor do centro, un dos catro existentes en Galicia e que o ano pasado recibiu algo máis de 600 exemplares entre distintas especies de aves, mamíferos e réptiles
Viernes 19 Abril 2024
A Xunta investirá máis de 7,5 M€ na retirada dos residuos da fabricación de lindano presentes na zona de Contrasto, no Porriño
- Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o seu traslado a unha instalación de valorización arrincarán a comezos do verán
- Os traballos estenderanse ata a segunda metade do próximo ano e están programados por fases para minimizar as molestias á veciñanza
Miércoles 17 Abril 2024
A Xunta somete a participación pública o Plan de conservación do espazo natural de interese local Torre de Hércules
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se abre un período dun mes a contar desde mañá para que as persoas interesadas poidan facer aportacións e suxestións ao documento
- A contorna da Torre de Hércules foi declarada ENIL de xeito provisional a comezos de 2020 e a súa declaración definitiva está condicionada a este plan de conservación, que implicará a elaboración dun proxecto de decreto para a súa aprobación
- A zona ocupa preto de 40 hectáreas e conta con importantes valores paisaxísticos e ecolóxicos coa catalogación de gran variedade de especies de flora e fauna
Martes 16 Abril 2024
A Xunta publica a orde reguladora da próxima tempada de caza, que se estenderá con carácter xeral do 20 de outubro deste ano ao 6 de xaneiro de 2025
- Serán días hábiles os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico
- No caso do xabaril, o período xeral para exercer a actividade cinexética abranguerá do 17 ao 31 de agosto deste ano e do 7 de xaneiro ao 23 de febreiro de 2025
Lunes 15 Abril 2024
A Xunta apoiará a adopción dun animal de compañía abandonado con axudas de ata 150 € para cubrir os primeiros gastos veterinarios
- Rueda salienta que o Goberno galego custeará o 100 % dos importes correspondentes á identificación con microchip, ás vacinas iniciais, á desparasitación e á esterilización dos exemplares
- Aclara que se subvencionarán os gastos derivados da adopción de, como máximo, dous animais por persoa e estímase que se poderán atender ao redor dun milleiro de solicitudes
- Explica que os beneficiarios deberán comprometerse a non realizar a transmisión a outra persoa do exemplar durante toda a súa vida, salvo casos debidamente xustificados por enfermidade, incapacidade sobrevida ou vulnerabilidade económica do adoptante
- A convocatoria publicarase antes do verán e será complementaria ás liñas de axudas que desde 2017 publica o Goberno galego para colaborar con concellos e entidades protectoras no labor que realizan para a protección e coidado destes animais
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.