A Xunta lanza un concurso para apoiar os concellos de menos de 20.000 habitantes que queiran dixitalizar as súas redes de abastecemento e optimizar o uso da auga

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria deste procedemento, que conta cun orzamento de preto de 5,8 M€ e está dirixido a municipios interesados no desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais de seguimento continuo dos seus sistemas de abastecemento
  • Ángeles Vázquez subliña que é a primeira vez que Augas de Galicia pon en marcha un proceso deste tipo e que supón ofrecer aos Gobernos locais a posibilidade de replicar un modelo de dixitalización das infraestruturas hidráulicas xa instaurado na práctica totalidade das estacións depuradoras que xestiona o Executivo autonómico
  • Esta medida busca garantir a prestación duns servizos eficaces e eficientes optimizando o uso da auga e preservando a súa calidade en tempo real

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 26 de xuño de 2024

A Xunta lanzou hoxe un concurso para apoiar os concellos de menos de 20.000 habitantes que queiran dixitalizar as súas redes de abastecemento en alta e optimizar así o uso da auga controlando en tempo real a súa calidade.

 

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou a estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Pobra do Caramiñal, onde explicou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución de Augas de Galicia pola que se aproban as bases reguladoras para a selección dos concellos interesados no desenvolvemento, implantación e posta en marcha dunha rede autonómica de estacións dixitais para facer un seguimento continuo dos seus sistemas de abastecemento.

 

Este procedemento, detallou, é a primeira vez que se pon en marcha en Galicia e supón ofrecer aos Gobernos locais a posibilidade de replicar un modelo de dixitalización das infraestruturas hidráulicas que xa está implantado na práctica totalidade das estacións depuradoras que xestiona o Executivo galego, como é a da Pobra do Caramiñal. Deste xeito, os concellos disporán de ferramentas coas que xestionar en tempo real e en remoto os sistemas de abastecemento en alta da súa titularidade.

 

O concurso promovido pola Xunta, dotado cun orzamento de preto de 5,8 millóns de euros cofinanciados pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-NextGenerationEU, está dirixido aos concellos de menos de 20.000 habitantes con sistemas municipais de abastecemento de auga en alta incidindo en sistemas de distribución de auga potable como as captacións, depósitos e estacións de tratamento (ETAP) de titularidade pública. Os municipios incluirán na súa solicitude -que poden presentar ata o 29 de xullo- as infraestruturas nas que queren actuar, podendo actuar tamén nas conducións que conectan estas instalacións e as redes de distribución en alta, antes do inicio da subministración aos usuarios.

 

Ángeles Vázquez explicou que a idea de Augas de Galicia é comezar coa dixitalización das redes de abastecemento -que é ao que os municipios conceden maior importancia e onde as tecnoloxías existentes están máis maduras- pero, en función da acollida desta convocatoria, a idea é seguir dixitalizando infraestruturas do ciclo da auga continuando co resto do sistema de abastecemento ou pasando aos de saneamento ou depuración.

 

Avaliación

Unha vez completado o proceso de selección dos concellos beneficiarios, o Executivo galego realizará un diagnóstico dos sistemas de abastecemento municipais, instalará os equipamentos dixitais e conectaraos a unha aplicación informática para facilitar a xestión municipal destas infraestruturas.

 

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático lembrou que a aposta da Xunta pola dixitalización das infraestruturas do ciclo da auga busca garantir a prestación duns servizos eficaces e eficientes optimizando o uso da auga e preservando a súa calidade en tempo real, tal como se fixo na práctica totalidade das depuradoras xestionadas directamente por Augas de Galicia. 

 

Neste sentido, esas EDAR contan con sistemas automatizados de supervisión para controlar dixitalmente os principais parámetros de funcionamento da planta así como con equipamentos independentes de control continuo da calidade da auga depurada, que miden e rexistran en tempo real a turbidez da auga de saída e outros sinais para o seguimento da calidade tales como o caudal ou a condutividade.

 

A maiores, Augas de Galicia está desenvolvendo unha nova plataforma para a monitorización en remoto e en tempo real das infraestruturas de saneamento que permite a recollida en continuo de datos de diferentes fontes relevantes para coñecer o estado dos procesos e posibles desviacións mediante un elevado número de sinais dos sensores, do estado dos equipamentos ou do control enerxético.

 

EDAR da Pobra

A depuradora que visitou Ángeles Vázquez implantou sistemas dixitalizados para a detección de verteduras e para a xestión e optimización do proceso de depuración obtendo o maior rendemento posible. De feito, a maiores dos principais equipamentos instalados nas EDAR xestionadas por Augas de Galicia, nos dous últimos anos introducíronse nesta infraestrutura melloras específicas coas que facer un mellor seguimento e control da calidade das augas.

 

Esta instalación púxose en marcha no ano 2003 e está deseñada para unha poboación de 30.000 habitantes equivalentes dando servizo a varios núcleos da Pobra do Caramiñal, a dous parques empresariais da zona e a outros establecementos industriais.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/06/2024
289045 {"title":"A Xunta lanza un concurso para apoiar os concellos de menos de 20.000 habitantes que queiran dixitalizar as súas redes de abastecemento e optimizar o uso da auga","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99432-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289045"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289045-xunta-lanza-concurso-apoiar-os-concellos-menos-20-000-habitantes-queiran-dixitalizar-as-suas-redes-abastecemento-e-optimizar-uso-da-auga https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.