A Xunta remite á Confederación Hidrográfica o seu informe sobre a instalación de dúas ramplas de acceso ao río Miño para habilitar unha zona de baño

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • No documento, que non ten carácter vinculante, conclúese que o proxecto é factible desde o punto de vista da conservación medioambiental sempre que o promotor adopte certas medidas de preservación da flora e fauna protexidas presentes na zona
Imagen del artículo A Xunta remite á Confederación Hidrográfica o seu informe sobre a instalación de dúas ramplas de acceso ao río Miño para habilitar unha zona de baño
Lugo, 26 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia acaba de emitir o informe requirido pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil sobre a instalación de dúas ramplas de acceso ao río Miño para o seu uso como zona de baño na cidade, na zona da Tolda. O documento, que non é vinculante, conclúe que o proxecto sería factible desde o punto de vista da conservación ambiental do río e a contorna pero sempre que o seu promotor adopte unha serie de medidas para garantir a preservación da flora e da fauna da zona.

Os técnicos da Dirección Territorial de Medio Ambiente e Cambio Climático en Lugo, unha vez máis, responderon con axilidade —en menos 8 días— á solicitude de informe sobre este novo proxecto, que tivo entrada o día 14 de xuño, e hoxe mesmo notificaron a súa decisión á Confederación para que esta poida continuar tramitando e autorizar, de ser o caso, o proxecto que promove o Concello de Lugo.

As pasarelas de entrada estarían limitadas a uns 4 ou 5 metros cadrados en cada acceso. Deste xeito, os técnicos da Xunta entenden que a súa instalación sería compatible coa conservación medioambiental aínda que require da adopción de certas medidas de preservación porque, como se dixo en informes anteriores, na zona existen especies ameazadas de mexillóns e náiades. Nos puntos concretos de colocación das ramplas, as máis abundantes son estas últimas, en especial, a Potomida littoralis.

Así, será preciso inspeccionar o río en coordinación co Servizo de Patrimonio Natural para comprobar a existencia de especies en perigo de extinción e a contía e o tipo de náiades.

En caso de aparecer exemplares illados de náiades no leito sobre o que se pretenden estender as pasarelas ou nas súas inmediacións, deberán ser trasladados a zonas máis profundas. Se aparecesen áreas con presenza abundante de mexillóns de río a pouca profundidade que puidesen verse afectadas e alteradas polas pisadas dos bañistas, estas deberán ser protexidas mediante un acordoado para impedir o acceso.

O informe da Xunta tamén recomenda proporcionar información sobre a vulnerabilidade e o valor ecolóxico das poboacións de náiades e outras especies protexidas (por exemplo mediante carteis informativos) para a concienciación dos posibles usuarios da zona de baño e tamén para poñer en valor a importancia e funcións do lugar como reserva da biosfera.

Por último, cómpre subliñar que este informe favorable condicionado por parte do Servizo de Patrimonio Natural de Lugo se enmarca estritamente nas súas retribucións, sen entrar a valorar, polo tanto, cuestións relativas á idoneidade ou á seguridade da zona de baño, que quedan fóra do seu ámbito de competencias, e sen prexuízo doutras autorizacións, comunicacións ou informes que puidesen ser legalmente esixibles.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/06/2024
289052 {"title":"A Xunta remite á Confederación Hidrográfica o seu informe sobre a instalación de dúas ramplas de acceso ao río Miño para habilitar unha zona de baño","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289052"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289052-xunta-remite-confederacion-hidrografica-seu-informe-instalacion-duas-ramplas-acceso-ao-rio-mino-habilitar-unha-zona-bano https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.