A Xunta salienta que a protección da paisaxe é clave para preservar as condicións ambientais que fan de Galicia un referente na loita contra o cambio climático

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Paula Uría subliña que Galicia conta cunha ampla biodiversidade e unha meteoroloxía máis amable, que xunto, cunha paisaxe diversa, ofrecen unhas condicións ambientais que permiten paliar os efectos adversos do quecemento global

Guitiriz (Lugo), 26 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia salienta que a protección da paisaxe é clave para preservar as condicións ambientais que fan da Comunidade un referente na loita contra o cambio climático.

Segundo dixo hoxe a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, durante a súa participación no Seminario de verán sobre paisaxe, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela (USC), Galicia conta cunha "ampla biodiversidade e unha meteoroloxía máis amable", que xunto, cunha "paisaxe diversa", ofrecen unhas condicións ambientais que permiten paliar os efectos adversos do quecemento global.

"A indiscutible riqueza natural e paisaxística fai de Galicia un refuxio climático que debemos preservar", aseverou Uría, que engadiu que para acadar ese obxectivo cómpre seguir tomando medidas concretas e efectivas que pasan pola colaboración entre as administracións, o sector privado e a sociedade civil. Nesa liña, incidiu no compromiso amosado pola USC que decidiu dedicar a edición deste ano deste seminario á relación entre cambio climático e paisaxe.

A directora xeral puxo en valor que o Goberno galego leva anos adoptando medidas de cara a converter a Comunidade nun territorio baixo en emisións, que inclúen tanto a protección dos ecosistemas implementando programas de conservación da biodiversidade e restauración de espazos degradados como a implantación de proxectos de enerxías renovables que permitan reducir a dependencia dos combustibles fósiles.

Máis polo miúdo, Uría explicou que a Xunta levou a cabo 139 medidas e investiu 1.140 millóns de euros a través do Plan rexional integrado de enerxía e clima 2019-2023 de cara a mitigar as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Ese traballo contribuíu a que Galicia sexa a Comunidade na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (59,8%) desde 1990 e a segunda no que se refire ás brutas (33%). Neste último caso, cómpre indicar que hai máis de 35 puntos porcentuais de diferencia con respecto ao nivel de emisións do conxunto de España, onde, ademais, non baixaron, senón que subiron un 2,4%.

A maiores, Galicia é tamén a comunidade que máis CO2 absorbe -o 20,9% do total de absorcións de España- e onde máis se incrementou a absorción en termos absolutos desde 1990 (nun 88,2%).

E, para continuar con esa boa evolución, a Xunta aprobou a  elaboración dun novo plan rexional integrado de clima e enerxía 2024-2030 para continuar co desenvolvemento da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 e consolidar a posición da Comunidade como referente na loita contra o quecemento global.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
288768 {"title":"A Xunta salienta que a protección da paisaxe é clave para preservar as condicións ambientais que fan de Galicia un referente na loita contra o cambio climático","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99583-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"288768"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/288768-xunta-salienta-proteccion-da-paisaxe-e-clave-preservar-as-condicions-ambientais-fan-galicia-referente-na-loita-cambio-climatico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.