A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores ambientais, paisaxísticos e culturais deste espazo natural
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais
- Anima aos concellos a aproveitar os incentivos económicos do Goberno galego para poñer en marcha proxectos que axuden á conservación e mellora da biodiversidade e ao impulso económico e turístico dos espazos protexidos
- Pon en valor o labor que realiza o profesorado no eido da educación ambiental para concienciar aos máis novos da importancia de preservar o noso patrimonio natural
Triacastela (Lugo), 30 de abril de 2024
A Xunta de Galicia lanza a publicación Oribio. A montaña viva para promover os valores ambientais, paisaxísticos e culturais deste espazo natural, tal e como subliñou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.
Durante o acto de presentación da publicación, Ángeles Vázquez cualificouna como unha "auténtica enciclopedia", que, a través das fotografías e textos de José Manuel Salgado, permite coñecer o "incalculable valor natural e ambiental" desta contorna que forma parte da Reserva da biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel.
Nesa liña, a conselleira incidiu en que O Oribio é un espazo natural "cunha personalidade singular e propia", onde se combina a riqueza natural dun hábitat de montaña, que destaca pola súa biodiversidade e o seu interese paisaxístico, con importantes valores patrimoniais e culturais, como, por exemplo, ser unha das primeiras etapas en Galicia do Camiño de Santiago.
A maiores, a responsable autonómica explicou que iniciativas como o apoio a publicacións como a presentada hoxe enmárcanse na aposta da Xunta pola conservación dos principais enclaves naturais de Galicia. De feito, o Goberno galego destina este ano 6,2 millóns de euros a axudas para a preservación de espazos naturais protexidos. Dese total, 1,8 millóns de euros teñen como obxectivo apoiar aos concellos na execución de actuacións, estudos e iniciativas nas 7 reservas de biosfera de Galicia.
Nese senso, Ángeles Vázquez, logo de lembrar que esas axudas aínda se poden solicitar ata o 4 de maio, animou aos concellos a aproveitar estes incentivos económicos para poñer en marcha proxectos que axuden á conservación e mellora da biodiversidade e ao impulso económico e turístico destas contornas.
Para concluír, a conselleira salientou a presencia no acto de presentación deste libro de alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela e puxo en valor o labor que realiza o profesorado no eido da educación ambiental para concienciar aos máis novos da importancia de preservar o noso patrimonio natural.