A Xunta inviste preto de 1,8 M€ nas obras de mellora da rede de saneamento da parroquia de Queiruga, en Porto do Son

  • Os traballos, que rematarán a finais de ano, beneficiarán a dous núcleos de poboación e supoñen a dotación dunha estación depuradora, a instalación dunha nova rede de colectores e as correspondentes estacións de bombeo e impulsións
  • A nova EDAR terá capacidade para atender unha poboación equivalente de máis de 1.500 habitantes, por enriba das necesidades actuais da área á que dá servizo

Porto do Son (A Coruña), 28 de maio de 2024

A Xunta de Galicia está a investir preto de 1,8 millóns de euros nas obras de mellora da rede de saneamento da parroquia de Queiruga, no concello coruñés de Porto do Son.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe a zona e explicou que o obxectivo é que os traballos -que beneficiará a todo o núcleo de Queiruga e á maior parte do de Tarrío, que agora mesmo carecen de servizo de saneamento- estean rematados a finais de ano.

A responsable autonómica, que estivo acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, e polo alcalde do municipio, detallou que a obra consiste na dotación dunha Estación de Depuradora de Augas Residuais (EDAR) no lugar da Ponte, a instalación dunha nova rede de colectores de augas residuais de 3.400 metros de tubaxes e a posta en marcha das correspondentes estacións de bombeo e impulsións.

Esa EDAR terá capacidade para atender a unha poboación equivalente de máis de 1.500 habitantes, o que supón que estea preparada para afrontar posibles incrementos futuros -sexan estables ou puntuais- da poboación existente nos núcleos desa parroquia.

As novas instalacións, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comezarán a dar servizo aos veciños a finais de ano e, tralo correspondente período de proba para comprobar o seu correcto funcionamento, serán entregadas ao Concello de Porto do Son para a súa xestión.

Mellora da rede

Ángeles Vázquez salientou que esta actuación se enmarca na estratexia da Xunta de mellora continua das redes de abastecemento, saneamento e depuración existentes na comunidade co obxectivo de mellorar a calidade das augas galegas no seu conxunto.

De feito, este compromiso reflíctese nos orzamentos do Executivo galego para este ano, no que mobilizará un total de 85 millóns de euros en distintas actuacións de saneamento e depuración de augas -incluíndo a explotación de 27 depuradoras cuxa xestión foi cedida á Xunta polos concellos- e 23 millóns de euros na mellora dos sistemas de abastecemento municipais.

Nesta liña, a titular de Medio Ambiente e Cambio Climático incidiu en que este esforzo contribúe a que Galicia avance a bo ritmo cara ao cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) marcados a nivel global pola chamada Axenda 2030, situándose xa en todos eles por riba dos resultados a nivel nacional.

De feito, no caso do apartado de Auga limpa e saneamento (ODS número 6) experimentou avances notables dándose por conseguida esta meta grazas a medidas impulsadas pola Xunta como os Plans de xestión da auga de Galicia para acadar servizos de subministración e depuración axeitados e equitativos ou outros documentos de planificación para facer fronte a aspectos como a seca, o risco de inundacións ou o aproveitamento hidroeléctrico dos recursos naturais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
226354 {"title":"A Xunta inviste preto de 1,8 M€ nas obras de mellora da rede de saneamento da parroquia de Queiruga, en Porto do Son","published_date":"2024-05-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"226354"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-28/226354-xunta-inviste-preto-1-8-m-nas-obras-mellora-da-rede-saneamento-da-parroquia-queiruga-porto-do-son https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.