A Xunta pon en valor o compromiso do concello de Outeiro de Rei co medio ambiente e a conservación da paisaxe coa concesión da bandeira verde de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Enrique de Salvador pon en valor a ampla actividade municipal con actuacións como o acondicionamento das rutas de sendeirismo e do miradoiro da paisaxe de Paraños
  • O outorgamento deste distintivo constituirá un mérito para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural e de xestión de residuos

Outeiro de Rei (Lugo), 3 de maio de 2024

A Xunta de Galicia recoñeceu o compromiso do Concello de Outeiro de Rei co medio ambiente e a conservación da paisaxe coa concesión da bandeira verde de Galicia, un distintivo que este municipio recibe por terceira vez e que busca fortalecer a imaxe das vilas e pobos máis comprometidos nos ámbitos ambiental, paisaxístico e de respecto ao patrimonio natural.

Durante o izado deste distintivo no concello lucense, no que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na provincia, Javier Arias, o director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, puxo en valor a ampla actividade municipal no ámbito da ordenación do territorio e da protección do ambiente e da paisaxe. Nesa liña, salientou con actuacións como o acondicionamento das rutas de sendeirismo, incluíndo o desenvolvemento dunha páxina web e dunha app cos distintos itinerarios, e do miradoiro da paisaxe de Paraños, onde se transformou a antiga torre e vixilancia contra incendios nun observatorio.

Por outra banda, tamén subliñou o compromiso municipal coa loita contra o cambio climático coa aprobación por parte do Concello do Plan de acción polo clima e a enerxía, polo que se compromete a reducir as emisións de CO2 e fai un estudo de avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o quecemento global.

A Bandeira Verde de Galicia, creada no ano 2020, pretende distinguir aos municipios máis dinámicos no desenvolvemento de accións e boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe; para afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; para xestionar de xeito responsable os residuos municipais, e para sensibilizar a cidadanía nesta materia. Se na súa primeira edición -2020- se entregaron 2 bandeiras verdes, este ano son 18 os municipios distinguidos.

Logo de explicar que poden optar a este recoñecemento todos os concellos de Galicia, o director do IET lembrou que o outorgamento deste distintivo constituirá mérito para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural e, tamén, para recibir axudas autonómicas en materia de residuos para construír e mellorar puntos limpos fixos, implantar instalacións móbiles deste tipo ou impulsar proxectos de preparación para a reutilización.

"O obxectivo é que estas prácticas sexan recoñecidas pola cidadanía e polos potenciais visitantes, fortalecendo a imaxe das vilas e pobos máis comprometidos", concluíu Enrique de Salvador.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24028 {"title":"A Xunta pon en valor o compromiso do concello de Outeiro de Rei co medio ambiente e a conservación da paisaxe coa concesión da bandeira verde de Galicia","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887417\/240503+IET+OUTEIRO+DE+REI.jpeg","id":"24028"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-03/24028-xunta-pon-valor-compromiso-do-concello-outeiro-rei-co-medio-ambiente-e-conservacion-da-paisaxe-coa-concesion-da-bandeira-verde-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.