A Xunta traslada ao Concello de Viveiro a necesidade de pechar o acceso ao Souto da Retorta para realizar tarefas de mantemento e garantir a seguridade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Marisol Díaz subliña que durante o verán levaranse a cabo actuacións como a eliminación de exemplares enfermos non recuperables e a poda de outros, ademais do plantado de especies autóctonas
Imagen del artículo A Xunta traslada ao Concello de Viveiro a necesidade de pechar o acceso ao Souto da Retorta para realizar tarefas de mantemento e garantir a seguridade
Viveiro (Lugo), 26 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia informou hoxe ao Concello de Viveiro da necesidade de pechar o acceso ao Monumento Natural Souto da Retorta para realizar tarefas de mantemento e garantir a seguridade.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, explicoulle á alcaldesa da localidade, María Loureiro, que esta mesma semana comezarán a realizarse labores de rozadura e retiradas de ramas secas, polo que resulta convinte o peche temporal das visitas a este espazo natural tanto facilitar os traballos de mantemento e saneamento como para prever posibles riscos para as persoas.

A maiores, Díaz subliñou que durante o verán se levarán a cabo actuacións máis complexas como a eliminación de exemplares enfermos non recuperables e a poda de outros. Ademais, tamén se realizará o plantado de especies autóctonas.

Estas tarefas son necesarias porque os informes periódicos que realiza a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático veñen detectando afeccións por diversos tipos de fungos que, xunto coa idade dos exemplares -os eucaliptos non son unha especie moi lonxeva-, supoñen un elevado risco de caída de pólas de grandes dimensións e, incluso, derrubamento de árbores.

De feito, nos últimos tempos os danos no arborado son máis evidentes cun bo número de pés coa punta seca ou moi debilitados, sen ramas ou follas vivas no terzo superior da copa, e, tamén, hai algúns con inclinacións importantes do fuste ou con podremias que poden reducir moito a resistencia mecánica ao derribo. Ademais, tamén se detectou que moitos gromos de follas xuvenís tamén están secos xa.

Cómpre lembrar que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural realiza periodicamente traballos de poda en altura e de extracción de pés danados ou secos para evitar riscos para os visitantes. A última actuación leváronse a cabo en setembro de 2021 cando foi necesario actuar en algo menos dunha decena de exemplares, que incluía ao Avó.

O Souto da Retorta, que foi declarado monumento natural no ano 2000, está situado na parroquia de Chavín, no Concello de Viveiro, ten unha superficie de 3,18 hectáreas e sitúase nas proximidades do río Landro. Caracterízase pola presenza dun rodal de eucaliptos de gran singularidade, pola súa lonxevidade e polas extraordinarias dimensións das súas árbores. Estes eucaliptos superan os cen anos, destacando o exemplar denominado "O Avó". Tamén hai carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus Pyrenaica.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/06/2024
289043 {"title":"A Xunta traslada ao Concello de Viveiro a necesidade de pechar o acceso ao Souto da Retorta para realizar tarefas de mantemento e garantir a seguridade","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289043"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289043-xunta-traslada-ao-concello-viveiro-necesidade-pechar-acceso-ao-souto-da-retorta-realizar-tarefas-mantemento-e-garantir-seguridade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.