A Xunta avanza que nos vindeiros días trasladará ao Concello de Lalín o estudo de alternativas para a construción da nova EDAR da localidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O proxecto en redacción vén complementar o tanque de tormentas de Pontiñas e os novos colectores, cuxas obras está previsto que conclúan a finais deste verán

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024

A Xunta de Galicia trasladará nos vindeiros días ao Concello de Lalín o estudo de alternativas na nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da localidade, que inclúe unha proposta de localización para a nova instalación, tal e como lle avanzou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, ao alcalde, Xosé Crespo, na reunión que mantiveron hoxe.

Segundo lle comunicou a conselleira ao rexedor, logo da análise realizada a diversas alternativas de localización, Augas de Galicia xa seleccionou a opción definitiva e, se o Concello lle dá o visto bo, comezarán os estudios de xeotecnia e topografía así como os trámites ambientais para finalizar a redacción do proxecto da nova EDAR.

Este proxecto vén complementar o tanque de tormentas de Pontiñas -con 5.000 m3 de capacidade- e os novos colectores interceptores, cuxas obras está previsto que conclúan a finais deste verán, e que, permitirán aumentar a capacidade de almacenamento na rede ante episodios de choiva e evitar que se alivien ao río augas pluviais mesturadas con residuais.

A maiores, durante o encontro Vázquez Mejuto e Crespo avaliaron o estado do proxecto de captación de auga no río Deza para mellorar o sistema de abastecemento da localidade, cuxo proxecto construtivo está en fase de supervisión.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24238 {"title":"A Xunta avanza que nos vindeiros días trasladará ao Concello de Lalín o estudo de alternativas para a construción da nova EDAR da localidade","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887438\/240510+AVM+reunion+Lalin+1.jpg","id":"24238"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24238-xunta-avanza-nos-vindeiros-dias-trasladara-ao-concello-lalin-estudo-alternativas-construcion-da-nova-edar-da-localidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.