A Xunta concede autorización ambiental ao proxecto de mellora da planta de elaboración de produtos lácteos Dayrilac no concello de Melide

  • A Declaración de Impacto Ambiental emitida pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que a proposta da empresa é viable e non terá impacto na contorna sempre que se cumpran os condicionantes recollidos no propio documento
  • O obxectivo é poder incrementar a produción dunha industria que ten como actividade principal o tratamento e transformación do leite

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia acaba de resolver o procedemento de avaliación ambiental do proxecto da empresa Dayrilac SL para incrementar a actual produción da súa planta de elaboración de produtos lácteos no parque empresarial da Madanela, no concello de Melide.

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe o anuncio informando de que a resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental (DIA) correspondente está xa colgada e dispoñible para a súa descarga e consulta na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Así, unha vez finalizada a análise técnica de todo o expediente e os posibles impactos derivados, a Xunta conclúe que o proxecto é viable medioambientalmente sempre que se cumpran, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e no resto da documentación avaliada, os condicionantes sinalados na propia DIA.

Con esta resolución, dáse o primeiro paso para que a instalación láctea obteña os permisos ambientais necesarios para levar adiante o proxecto, dado que o incremento de produción fai que teña que ser sometido a unha autorización ambiental integrada, figura de intervención administrativa que establece o condicionado medioambiental para a realización desta actividade.

Tal e como figura na memoria técnica, o incremento de entradas de leite dos últimos anos fai prever que a empresa poida alcanzar un limiar de produción de 150 toneladas de produtos acabados e recibir máis de 200 toneladas de leite diarias. Por este motivo, en marzo de 2023 o promotor solicitou sometelo ao procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria e de autorización ambiental integrada.

Como consecuencia deste incremento da produción na factoría láctea de Melide, prevense realizar melloras e obras na estación depuradora de augas residuais localizada na propia planta co obxectivo de cumprir cos parámetros de vertido da ordenanza municipal vixente para o polígono da Madanela, onde se localiza a factoría.

O proxecto, en todo caso, non requirirá nin da construción de novas instalacións nin da realización de obras de ampliación xa que a actual fábrica dispón da capacidade necesaria e suficiente para absorber os posibles aumentos da fabricación previstos a curto e medio prazo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276625 {"title":"A Xunta concede autorización ambiental ao proxecto de mellora da planta de elaboración de produtos lácteos Dayrilac no concello de Melide","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"276625"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276625-xunta-concede-autorizacion-ambiental-ao-proxecto-mellora-da-planta-elaboracion-produtos-lacteos-dayrilac-concello-melide https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.