A Xunta e o Clúster de Solucións Ambientais estudan fórmulas de colaboración para fomentar a innovación sostible e a loita contra o cambio climático

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Avalían diferentes iniciativas dirixidas a dar a coñecer as novidades tecnolóxicas no ámbito das solucións ambientais, así como as últimas innovacións no eido da economía circular e da loita contra o quecemento global

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia e o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec) están a estudar fórmulas de colaboración para fomentar a innovación sostible e a loita contra o cambio climático.

 

Nesa liña, nunha reunión que mantiveron hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e representantes de Viratec (entre eles o presidente, Nicolás Esmorís, e a xerente, Ana Botas) avaliaron varias iniciativas dirixidas a dar a coñecer as novidades tecnolóxicas no ámbito das solucións ambientais, así como as últimas innovacións en economía circular e loita contra o quecemento global.

 

A maiores, tamén incidiron na importancia de fomentar a divulgación ambiental de cara a acadar unha maior concienciación da cidadanía no coidado e protección do medio ambiente.

 

Nese senso, Ángeles Vázquez analizou cos representantes da entidade a posible colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático no I Foro de Innovación Sostible co obxectivo de intercambiar experiencias e coñecemento a través da participación de expertos en diversas mesas de traballo.

 

Durante o encontro, a responsable autonómica destacou a importancia de que administracións públicas e tecido empresarial vaian da man en materias clave desde o punto de vista medioambiental e da sostibilidade económica, como pode ser, concretamente, a xestión dos diferentes tipos de refugallos.

 

De feito, Ángeles Vázquez puxo en valor a Alianza galega polo clima -que conta xa con ao redor de 140 entidades adheridas entre universidades, autoridades portuarias, clubs deportivos ou empresas-, pois contribúe a conectar o tecido produtivo e social galego de cara a traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática.

 

Cómpre lembrar que Viratec, que tamén está adherido á Alianza galega polo clima, é un ecosistema de cooperación pública-privada que xera sinerxías entre distintas áreas de coñecemento, promove a I+D+i, mellora a formación e crea oportunidades de internacionalización, para contribuír ao desenvolvemento sostible da sociedade galega e a preservación do seu medio ambiente, baixo os principios da economía circular.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
272393 {"title":"A Xunta e o Clúster de Solucións Ambientais estudan fórmulas de colaboración para fomentar a innovación sostible e a loita contra o cambio climático","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/240617+AVM+VIRATEC+1.jpg","id":"272393"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/272393-xunta-e-cluster-solucions-ambientais-estudan-formulas-colaboracion-fomentar-innovacion-sostible-e-loita-cambio-climatico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.