A Xunta analiza coa Unión de Consumidores de Galicia vías de colaboración para avanzar na xestión dos residuos e na redución dos desperdicios alimentarios

Imagen del artículo A Xunta analiza coa Unión de Consumidores de Galicia vías de colaboración para avanzar na xestión dos residuos e na redución dos desperdicios alimentarios

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As partes estudan distintas accións para minimizar a produción de residuos de envases, papel e vidro e impulsar actuacións informativas e de concienciación neste eido dirixidas aos consumidores da comunidade
  • O obxectivo é implicar, en función da iniciativa, a empresas do sector da distribución alimentaria, entidades que traballan a prol da protección do medio ambiente ou outras administracións galegas

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2024

A Xunta e a Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) analizan novas vías de colaboración coas que avanzar na xestión dos residuos e na redución dos desperdicios alimentarios, entre outras cuestións.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o secretario xeral da entidade, Miguel López, mantiveron un encontro esta semana no que abordaron a posibilidade de desenvolver distintas accións para minimizar a produción de residuos de envases, papel e vidro, reducir o desperdicio alimentario e impulsar actuacións informativas e de concienciación dirixidas aos consumidores.

O obxectivo é, en función da actividade, contar coa colaboración de empresas do sector da distribución alimentaria, entidades implicadas na concienciación sobre a redución dos residuos ou outras administracións para optimizar os resultados destas actuacións.

As partes coincidiron na necesidade de avanzar na recollida separada de envases e outros residuos así como de promover iniciativas colaborativas nas que participen os colectivos ambientais e sociais. A finalidade é incidir na importancia da economía circular e aproveitar as sinerxías coa economía social.

En canto ao desperdicio alimentario, a Xunta e Ucgal apostan por medidas que contribúan a reducilo promovendo a doazón de alimentos, a racionalización do envasado ou a venda a granel, entre outras accións. A maiores, consideran fundamental avanzar nas actividades de comunicación e divulgación para mellorar os hábitos e comportamentos da cidadanía incidindo na transcendencia da economía circular, a reciclaxe, a limpeza dos espazos naturais e públicos e a recollida selectiva dos distintos tipos de residuos tanto nos espazos públicos como nos fogares.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23892 {"title":"A Xunta analiza coa Unión de Consumidores de Galicia vías de colaboración para avanzar na xestión dos residuos e na redución dos desperdicios alimentarios","published_date":"2024-04-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887199\/240427+AVM+REUNION+UCGAL.jpg","id":"23892"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-27/23892-xunta-analiza-coa-union-consumidores-galicia-vias-colaboracion-avanzar-na-xestion-dos-residuos-e-na-reducion-dos-desperdicios-alimentarios https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.