A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do Miradoiro de Soutochao, no concello de Sober

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da contorna
  • Esta actuación levouse a cabo ao abeiro do Plan de Acción da Paisaxe na Ribeira Sacra, un dos 10 proxectos que integran o Plan de Acción Estratéxico para esta zona, que conta cun orzamento de 4,5 M€

Sober (Lugo), 26 de abril de 2024

A Xunta de Galicia aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de Soutochao, no concello de Sober, que hoxe visitou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

 

Este novo miradoiro panorámico dos Itinerarios de Interese Paisaxístico na Ribeira Sacra ofrece aos visitantes unha vista única e privilexiada dos elementos tanto arquitectónicos como naturais da contorna, así como dos bancais de vides que caracterizan esta zona.

 

Nesa liña, a conselleira explicou que o Goberno galego levou a cabo esta actuación co obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos "excepcionais valores estéticos da paisaxe" da contorna e, ao mesmo tempo, crear un área de información sobre os fitos de interese do itinerario de interese paisaxístico que comeza neste punto da parroquia de Doade.

 

Así, ao abeiro do Plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra, investíronse preto de 20.000 euros na instalación de paneis informativos, bancos e aparca-bicicletas. A maiores, acondicionouse o aparcadoiro e cubríronse os contedores.

 

Plan de Acción Estratéxico para a Ribeira Sacra

Esta actuación levouse a cabo ao abeiro do Plan de Acción da Paisaxe na Ribeira Sacra, un dos 10 proxectos que integran o Plan de Acción Estratéxico para esta zona, posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e que, cun orzamento de 4,5 millóns de euros, representa unha estratexia de actuación ambiental e de ordenación do medio físico que beneficia a un total de 30 concellos.

 

En concreto, este Plan de acción da paisaxe supuxo un investimento de 133.000 euros no trienio 2021-2023 en diversas actuacións como o acondicionamento, mellora e instalación de equipamentos; a colocación de mobiliario e sinalización, e as plantacións de arboredos autóctonos.

 

Máis polo miúdo, Ángeles Vázquez explicou que se actuou nos lugares polos que discorren os dous itinerarios de interese paisaxístico con valores panorámicos: a ruta 16 -entre San Fiz de Asma e Os Peares- e a ruta 17 -desde Soutochao ata Os Castros-. E, dominando as vistas para estes dous itinerarios, construíuse o miradoiro panorámico do Alto da Picota-Os Peares, no concello de Carballedo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23870 {"title":"A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do Miradoiro de Soutochao, no concello de Sober","published_date":"2024-04-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887196\/240426+AVM+MIRADOIRO+SOBER+1.JPG","id":"23870"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-26/23870-xunta-aposta-pola-mellora-paisaxistica-da-ribeira-sacra-co-acondicionamento-do-miradoiro-soutochao-concello-sober https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.