Vilanova de Arousa mellora a zona de San Miguel de Deiro grazas a unha achega de 80.000 euros da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial visitou a zona de San Miguel de Deiro e anunciou as obras de mellora que se levarán a cabo
  • Trátase dunhas axudas para o embelecemento do litoral que tamén inclúen accións nos concellos de A Guarda, Marín, Vilaboa e Sanxenxo

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 27 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a zona de San Miguel de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, onde a Xunta vai investir 80.000 euros como parte das axudas ao estabelecemento do litoral. As obras permitirán mellorar a senda e instalar unha pasarela na mesma.

Este proxecto inclúe 64 iniciativas beneficiarias en 41 concellos do litoral galego en toda Galicia que comprenden desde melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras.

Neste sentido, o delegado territorial destacou a importancia de seguir colaborando cos concellos para conseguir "unha provincia máis atractiva para o turismo é máis confortable e acolledora para os veciños e veciñas".

A convocatoria deste ano contou cun orzamento de máis de 2.7 millóns de euros, dos cales máis de 320.000 corresponden a cinco concellos da área territorial de Pontevedra. Entre eles, ademais do concello de Vilanova de Arousa, atopase o concello de A Guarda que suma 60.000 euros de axudas; o concello de Marín, con 39.100 euros; o concello de Vilaboa, con 16.117 euros; e o de Sanxenxo, con 128.000 euros.

Trátase da segunda convocatoria da liña de axudas para levar a cabo acciones de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, unha das actuacións incluídas no Plan Territorial de Sustentabilidade Turística do Litoral, posto en marcha por Turismo de Galicia con fondos Next Generation.

Reguera rematou a visita poñendo en valor o traballo levado a cabo polo concello de Vilanova de Arousa que "sempre está atento a todas as oportunidades e traballa de forma incansable para mellorar as súas paisaxes".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
224416 {"title":"Vilanova de Arousa mellora a zona de San Miguel de Deiro grazas a unha achega de 80.000 euros da Xunta","published_date":"2024-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/1Vilanova.jpeg","id":"224416"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-27/224416-vilanova-arousa-mellora-zona-san-miguel-deiro-grazas-unha-achega-80-000-euros-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.