Preto de 1200 voluntarios recollen 7 toneladas de residuos en espazos naturais da comunidade

  • A oitava edición da gran recollida colaborativa de residuos 1m2 contra a basuraleza, que organizan SEO/Birdlife e Ecoembes no marco do Proxecto Libera e na que tamén colabora a Xunta, desenvolveuse o pasado sábado en 74 puntos de recollida de Galicia

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

Preto de 1200 voluntarios das catro provincias participaron o pasado sábado, 1 de xuño, na actividade 1m2 contra a basuraleza que desde 2017 organiza SEO/Birdlife en colaboración con Ecoembes e que desde o 2018 conta co apoio expreso da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

En total, recolléronse residuos cun peso de arredor de 7 toneladas, un 40% máis que na anterior edición. Entre os refugallos máis habituais destacan as cabichas, as latas de bebida, pezas de plástico pequenas, toallas hixiénicas e anacos de vidro.

A maiores, cómpre indicar que nesta oitava edición desta recollida selectiva cidadá, ademais do aumento do volume de residuos recompilados, tamén se incrementaron tanto os puntos de recollida -74 fronte aos 61 de 2023- como o número de voluntarios, que o ano pasado roldaron o milleiro de participantes. Estes datos confirman a concienciación sobre o impacto ambiental da basuraleza e amosan o compromiso da sociedade coa protección e a preservación do medio ambiente. A nivel nacional, foron 15.000 as persoas que participaron nas preto de 930 batidas organizadas en todo o país.

Trátase dunha iniciativa avalada por asociacións locais e colectivos apadriñados por Libera, como a Cruz Vermella. Ademais, cómpre destacar que tamén houbo administracións públicas que organizaron e promoveron batidas de limpeza en espazos dos seus propios termos municipais.

Con este tipo de campañas de sensibilización e mobilización social a través de accións de voluntariado contribúese a eliminar dos espazos naturais todo tipo de residuos, como poden ser cabichas, pneumáticos, envases plásticos e outros refugallos.

Cómpre lembrar que esta nova acción —na que participou persoalmente o director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Ramón Boga— forma parte das limpezas periódicas enmarcadas na iniciativa 1m2 polas contornas —que inclúe tamén as accións de 1m2 por praias e mares, 1m2 por ríos, encoros e pantanos e 1m2 polo campo, os bosques e o monte—, cuxo obxectivo non é só liberar a natureza de lixo senón caracterizar e tipificar os residuos que se atopan en cada punto de limpeza, a través da aplicación da chamada ciencia cidadá.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
243636 {"title":"Preto de 1200 voluntarios recollen 7 toneladas de residuos en espazos naturais da comunidade","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"243636"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/243636-preto-1200-voluntarios-recollen-7-toneladas-residuos-espazos-naturais-da-comunidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.