Ángeles Vázquez chama a celebrar a noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente

  • Reitera a importancia de recoller os refugallos xerados e depositalos no contedor que corresponda para o seu correcto tratamento
  • Lembra que unha simple bolsa de plástico tarda 400 anos en degradarse

Arteixo (A Coruña), 22 de xuño de 2024 A Xunta de Galicia fai un chamamento á cidadanía para que celebre a noite de San Xoán, o vindeiro domingo, de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente, segundo dixo hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

A Xunta avoga para manter as praias limpas de residuos e tamén para ser respectuosos coa preservación dos valores naturais dos areais, tal e como subliñou a conselleira durante unha visita á praia de Valcovo, no Concello de Arteixo, na que estivo acompañada da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e do delegado en Galicia de Ecoembes, Bruno de Llano.

Nesa liña, Ángeles Vázquez lembrou pautas de comportamento claves para que esta celebración non deixe "pegada" no medio ambiente. Así, reiterou a importancia de recoller os refugallos xerados e depositalos no contedor que corresponda para o seu correcto tratamento.

Ademais, recomendou o uso de friameiras, vaixela e bolsas reutilizables para reducir a xeración de residuos, así como priorizar a compra de produtos a granel en vez dos sobrenvasados. Segundo insistiu a conselleira, "unha simple bolsa de plástico tarda 400 anos en degradarse".

Ángeles Vázquez tamén avogou por reducir o desperdicio alimentario. Segundo recolle o decálogo de boas prácticas elaborado por Ecoembes con motivo desta xornada festiva, é recomendable facer un bo cálculo dos asistentes para evitar comprar máis comida e bebidas do necesario e optar por alimentos que poidan ser aproveitados ao día seguinte.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
282164 {"title":"Ángeles Vázquez chama a celebrar a noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente","published_date":"2024-06-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"282164"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-22/282164-angeles-vazquez-chama-celebrar-noite-san-xoan-xeito-sostible-e-respectuoso-co-medio-ambiente https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.