Sogama propón actualizar o seu canon polo sobrecusto derivado das decisións estatais e a Xunta achegará 9 M€ para paliar o impacto da medida nos concellos

  • O Consello de Administración da empresa pública foi informado de que o importe medio a pagar en 2024 pola xestión dos residuos quedaría en 66 € por tonelada
  • Os novos impostos sobre a vertedura e a incineración e o de produción da enerxía eléctrica así como a eliminación da retribución pola planta termoeléctrica de Cerceda supuxeron para a entidade un desembolso de 21,9 M€ só o ano pasado
  • Despois da actualización proposta, o canon pola xestión e o tratamento dos residuos domésticos nas instalacións de Cerceda seguiría sendo o máis barato de España

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024

A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) estuda actualizar o canon que aplica aos concellos por asumir a xestión e o tratamento dos seus residuos en resposta ás decisións do Goberno central adoptadas no último ano e medio e que están a ter un grande impacto económico no custo do servizo. A Xunta, en todo caso, transferirá este ano 9 millóns de euros ás 295 entidades locais adheridas ao modelo Sogama co fin de minimizar o impacto da medida.

O Consello de Administración da empresa pública reuniuse hoxe para analizar a situación e avaliar a proposta de revisión do canon para o ano 2024. Neste sentido, informouse de que o novo imposto estatal á vertedura e á incineración, en vigor desde xaneiro de 2023 e contra o que a Xunta xa presentara alegacións, supuxo un desembolso para Sogama de 14,4 millóns de euros ata agora; e que, ademais, a empresa tivo que abonar 2,9 millóns pola recuperación do imposto estatal do valor da enerxía eléctrica.

A estas contías hai que engadir tamén o feito de que en xullo de 2023 o Goberno central eliminou a retribución que viña percibindo Sogama polo investimento realizado na súa planta termoeléctrica, unha instalación de última xeración e que aplica no seu proceso de combustión unha tecnoloxía na que prima a eficiencia e a sustentabilidade.

Polo exposto, tras cifrar o encarecemento do servizo en 2023 nun total de 21,9 millóns de euros —asumidos integramente por Sogama—, propúxose hoxe que o importe medio a pagar este ano por parte dos 295 concellos que envían os seus residuos a Cerceda quede fixado en 66 euros por tonelada, descontada xa a achega da Xunta ás entidades locais a través dun Fondo de cooperación adicional e que sería de 12 euros/tonelada.

Unha vez coñecida a proposta, a Federación galega de municipios e provincias terá 10 días hábiles para presentar as súas posibles alegacións. Transcorrido ese prazo, o Consello de Administración de Sogama volverá reunirse para facer a súa proposta á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que, previo informe do departamento de Facenda e Administración Pública, aprobará o novo canon deste ano.

En todo caso, e mesmo despois de aplicada a actualización proposta, o canon de Sogama seguirá sendo o máis barato de España en comparación co resto de plantas de tratamento de residuos municipais da súa mesma tipoloxía.

Ademais, a través do novo Plan de xestión de residuos municipais de Galicia —na recta final da súa tramitación— a Xunta seguirá articulando accións e campañas orientadas a promover a prevención e redución de residuos en orixe, así como a impulsar unha correcta selección dos mesmos, incluída a materia orgánica, para que as cifras de reciclaxe sigan crecendo en detrimento da cantidade depositada no contedor xenérico. Desta forma, verase reducido o importe que os entes locais terán que pagar a Sogama pola xestión e tratamento dos residuos procedentes da chamada bolsa negra.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286917 {"title":"Sogama propón actualizar o seu canon polo sobrecusto derivado das decisións estatais e a Xunta achegará 9 M€ para paliar o impacto da medida nos concellos","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"286917"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/286917-sogama-propon-actualizar-seu-canon-polo-sobrecusto-derivado-das-decisions-estatais-e-xunta-achegara-9-m-paliar-impacto-da-medida-nos-concellos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.