A Xunta duplicará a rede de aforos de Galicia-Costa ata chegar a 95 estacións para reforzar a prevención e a resposta ante situacións hidrolóxicas extremas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez subliña a importancia de dispoñer dun sistema automático de medición en tempo real xa que ofrece información clave para o seguimento de secas e inundacións, a predición de posibles avenidas e o control dos caudais ecolóxicos
  • O investimento da Xunta destinado á explotación, mantemento e conservación desta rede de instalacións ascende a 1,3 millóns de euros durante os 2 próximos anos

Camariñas (A Coruña), 30 de maio de 2024

A Xunta duplicará este ano a rede de aforos nos ríos da demarcación hidrográfica Galicia-Costa co obxectivo de reforzar a capacidade de prevención e de resposta ante eventuais situacións hidrolóxicas extremas nos ríos baixo a súa competencia. A ampliación completarase o vindeiro mes de xuño e permitirá dispoñer dun total de 95 estacións de medición en toda a comunidade.

Así o avanzou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, no transcurso dunha visita ás instalacións de medición de caudal localizadas no río Grande, ao seu paso polo concello de Camariñas.

Tras explicar que todas as estacións, tanto as 52 novas como as 43 que xa estaban operativas, constan de instrumentos de medida de nivel que transmiten automaticamente datos cada dez minutos, a responsable autonómica salientou a importancia de que a Xunta poida contar cun sistema de medición en tempo real tan completo na conca baixo a súa competencia.

Neste sentido, explicou que a última estación se porá en marcha o mes que vén nas Pontes de García Rodríguez e que con ela se completará o reforzo dunha rede que facilita a Augas de Galicia, organismo autonómico responsable da demarcación de Galicia-Costa, información clave para o seguimento de secas e inundacións, a predición de posibles avenidas e o control dos caudais ecolóxicos.

Esta aposta polo reforzo e ampliación da rede de aforos enmárcase no Plan de xestión de risco de inundación da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa 2021-2027, cuxo obxectivo é reducir os efectos negativos producidos por posibles episodios de asolagamento.

Así, as 95 estacións de medición repartidas por toda a conca permitiranlle á Xunta ter un coñecemento real, continuo e inmediato da rede hidrolóxica baixo a súa competencia pola información que proporciona para xestionar os sistemas de alerta temperá ante episodios hidrolóxicos e contribuirán tamén a cuantificar a cantidade de recursos hídricos superficiais dispoñibles, á caracterización das masas de auga e á conservación das concas dos ríos e á súa preservación.

Por último, cómpre subliñar que o investimento da Xunta destinado á explotación, mantemento e conservación desta rede de instalacións de medida nos ríos de Galicia-Costa ascenderá a 1,3 millóns de euros durante os 2 próximos anos, unha contía á que hai que sumar os 1,35 millóns xa investidos nos últimos anos na colocación e posta en funcionamento das novas estacións de aforo.

Nesta liña, Ángeles Vázquez incidiu en que este esforzo inversor contribúe a que Galicia avance a bo ritmo cara ao cumprimento dos Obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) marcados a nivel global pola chamada Axenda 2030, situándose xa en todos eles por riba dos resultados a nivel nacional.

De feito, no caso do apartado de Auga limpa e saneamento (ODS número 6), Galicia experimentou avances notables dándose por conseguida esta meta grazas a medidas impulsadas pola Xunta como os Plans de xestión da auga de Galicia ou outros documentos de planificación para facer fronte a aspectos como a seca, o risco de inundacións ou o aproveitamento hidroeléctrico dos recursos naturais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
231244 {"title":"A Xunta duplicará a rede de aforos de Galicia-Costa ata chegar a 95 estacións para reforzar a prevención e a resposta ante situacións hidrolóxicas extremas","published_date":"2024-05-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/240530+AVM+VISITA+CAMARInAS.JPG","id":"231244"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-30/231244-xunta-duplicara-rede-aforos-galicia-costa-ata-chegar-95-estacions-reforzar-prevencion-e-resposta-situacions-hidroloxicas-extremas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.