A Xunta pon en valor o aval do tribunal constitucional á Lei do Litoral de Galicia

  • A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía
  • A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático lembra que o Goberno central declinou toda opción de diálogo coa Xunta para evitar a vía xudicial e o conseguinte prexuízo que supuxo a paralización desta lei durante varios meses

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

A Xunta pon en valor que o pleno do Tribunal Constitucional avale a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, o que, segundo dixo hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, referenda o traballo levado a cabo por parte do Goberno galego de cara a dar seguridade xurídica ás actividades estratéxicas no dominio público marítimo-terrestre.

A conselleira incidiu en que o Tribunal Constitucional desestima 70 das 72 impugnacións incluídas no recurso de inconstitucionalidade presentado polo Goberno central, polo que ratifica as plenas competencias da Comunidade para xestionar o noso litoral sen necesidade de reformar o Estatuto de Autonomía, tal e como ditaminou o Consello Consultivo no verán de 2022.

A maiores, Ángeles Vázquez lembrou que a elaboración desta normativa contou coa participación de todos os axentes, administracións e colectivos, tanto públicos como privados, con intereses e implicación directa na costa co fin de buscar un texto de consenso e moi participado.

"Neste proceso participaron os mellores, desde o Observatorio do litoral pasando por científicos, académicos, xuristas, a cadea mar-industria mentres que enfronte só nos atopamos pedras no camiño", aseverou Ángeles Vázquez, que engadiu que o Goberno central declinou todas as opcións de diálogo coa Xunta para chegar a un punto de entendemento que evitara a vía xudicial e o conseguinte prexuízo que supuxo para a Comunidade a paralización desta lei durante varios meses.

Cómpre salientar que a lei do litoral de Galicia ten como obxectivo unha xestión que integre as actividades humanas no litoral para garantir un aproveitamento sostible dos seus recursos e o bo estado dos ecosistemas costeiros desde unha tripla perspectiva: ambiental, social e económica.

Para concluír, Ángeles Vázquez destacou que a lei do litoral foi unha aposta do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para "darlle a Galicia o recoñecemento que se lle estaba negando" mentres que si se lles daba a outras comunidades autónomas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23783 {"title":"A Xunta pon en valor o aval do tribunal constitucional á Lei do Litoral de Galicia","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23783"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23783-xunta-pon-valor-aval-do-tribunal-constitucional-lei-do-litoral-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.