Galicia defende a importancia de traballar en Europa para que as posicións das comunidades autónomas sexan tidas en conta na toma de decisións

Imagen del artículo Galicia defende a importancia de traballar en Europa para que as posicións das comunidades autónomas sexan tidas en conta na toma de decisións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A comunidade galega asume a representación das autonomías en materia de Medio Ambiente no segundo semestre do ano coa finalidade de facer valer os intereses das rexións españolas ante as autoridades europeas
  • Ángeles Vázquez lembra que os Gobernos autonómicos son os que se encargan de aplicar de xeito directo unha parte importante da normativa comunitaria, polo que o seu papel é clave para contribuír ao éxito real das políticas europeas
  • A Xunta salienta o seu compromiso neste eido pois a galega é unha das autonomías mellor situadas na senda cara a neutralidade climática, como demostra que fose a segunda rexión con maior descenso das emisións contaminantes en 2022

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

Galicia defende a necesidade de que as posicións das comunidades autónomas sexan escoitadas e as súas singularidades tidas en conta na toma de decisións dentro da Unión Europea. Así o vai defender a comunidade galega nos Consellos de Ministros de Medio Ambiente do segundo semestre do ano, no que ostentará a representación das autonomías españolas.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou hoxe nun encontro por videoconferencia que serviu para proceder ao traspaso desa representación autonómica, de Castela-A Mancha a Galicia, e para preparar as reunións dos responsables europeos de Medio Ambiente na segunda metade do ano.

A representante da Xunta expresou o orgullo que supón para a comunidade ser a voz das autonomías en Europa e reivindicou a importancia de que as rexións participen na toma de decisións pois son os Gobernos autonómicos os que se encargan de aplicar de xeito directo unha parte importante da normativa comunitaria, polo que o seu papel é clave para contribuír ao éxito real das políticas europeas.

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático incidiu en que as competencias das comunidades en materia ambiental son moi amplas e a súa experiencia diaria permítelles ser actores fundamentais no desenvolvemento desas políticas. Nesta liña, puxo en valor que Galicia é unha das rexións mellor situadas na senda cara a neutralidade climática, como demostra a redución nun 33% das emisións brutas contaminantes en 2022, a segunda comunidade con maior descenso neste ano.

Ángeles Vázquez expuxo a vontade de Galicia de seguir contribuíndo á transición ecolóxica e xusta nos próximos anos, polo que destacou que esta representación das comunidades autónomas nos Consellos de Ministros da Unión Europea supón unha oportunidade para poñer en valor o gran labor realizado polas autonomías neste eido.

A responsable do Executivo galego agradeceu ademais o labor realizado por Castela-A Mancha no actual semestre, que coincidiu co peche do período lexislativo, e puxo en valor a consecución de consensos en cuestións como a directiva de solos ou a revisión da directiva comunitaria en materia de residuos.

Encontro

A reunión telemática serviu para que a Representación Permanente de España na Unión Europea (Reper) expuxese os principais asuntos que se van abordar nos Consellos de Ministros de Medio Ambiente do segundo semestre do ano -coincidindo coa constitución da nova Comisión Europea- e para que o Goberno de Castela-A Mancha trasladase as cuestións máis importantes que se atopan en fase de análise ou discusión así como os trámites realizados nos últimos meses.

Neste sentido, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático trasladou a vontade de colaboración co Goberno central para lograr avances na defensa dos intereses das comunidades autónomas e comprometeu un intenso labor por parte de Galicia na busca de posicións de consenso ás reunións no seo da Unión Europea.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276623 {"title":"Galicia defende a importancia de traballar en Europa para que as posicións das comunidades autónomas sexan tidas en conta na toma de decisións","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/240619+AVM+VIDEOCONFERENCIA+CASTELA+A+MANCHA.jpg","id":"276623"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276623-galicia-defende-importancia-traballar-europa-as-posicions-das-comunidades-autonomas-sexan-tidas-conta-na-toma-decisions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.