A Xunta axudará este ano a 347 particulares a mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e doutros bens

  • Por cuarto ano, o Instituto de Estudos do Territorio esgotou o orzamento dispoñible
  • Desde a posta en marcha destes incentivos, en 2021, o Goberno galego concedeu case 2.400 subvencións para corrixir impactos paisaxísticos por preto de 9,6 M€

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024

A Xunta concedeu este ano 347 subvencións por un importe de 1 millón de euros ao abeiro da última convocatoria das axudas destinadas a propietarios particulares para a execución de actuacións de corrección de impactos paisaxísticos nas súas vivendas e noutros bens, unha liña de incentivos posta en marcha no ano 2021 polo Instituto de Estudos do Territorio (IET).

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución pola que se dá publicidade á relación completa de beneficiarios, incluídos tamén aqueles solicitantes que finalmente recibiron a subvención tras a renuncia dalgún dos adxudicatarios iniciais.

Por cuarto ano consecutivo, o IET esgotou o orzamento destinado a esta liña de incentivos, que sigue presentando unha alta demanda e permite mellorar o estado tanto de vivendas como de inmobles propiedade de particulares con axudas de, como máximo, 3.000 euros e que cobren ata o 70% do orzamento subvencionable.

Ademais, cómpre lembrar que o organismo autonómico tamén convoca anualmente outra orde dirixida a entidades locais de menos de 20.000 habitantes co mesmo fin, é dicir, facilitar a execución de actuacións para a corrección de posibles impactos paisaxísticos e contribuír deste xeito a fomentar a cultura do fermosismo en Galicia.

Neste sentido, e no marco da convocatoria de 2024, aprobáronse tamén 50 axudas dirixidas a concellos para a realización de 64 actuacións sobre edificios públicos, equipamentos e outras instalacións de titularidade municipal. O importe máximo da subvención, neste caso, é de 40.000 euros, 20.000 euros por cada unha das liñas de actuación diferenciadas ás que poden optar en función do tipo de inmoble.

Cómpre lembrar que nos últimos catro anos (2021-2024) a Xunta concedeu 2.374 axudas a concellos e a particulares para a corrección de impactos paisaxísticos en edificios públicos e privados por un importe de case 9,6 millóns de euros e cos que se mobilizou un investimento estimado de 14 millóns. De feito, as axudas aprobadas desde 2021 xa beneficiaron a un total de 283 dos 313 municipios galegos, máis do 90% do total.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
284759 {"title":"A Xunta axudará este ano a 347 particulares a mellorar a imaxe exterior das súas vivendas e doutros bens","published_date":"2024-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"284759"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-24/284759-xunta-axudara-ano-347-particulares-mellorar-imaxe-exterior-das-suas-vivendas-e-doutros-bens https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.