A Xunta licita por máis de 680.000 euros as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento do Canedo, no concello de Ordes

  • As actuacións, cun prazo de execución de seis meses, supoñen substituír as traídas e pozos particulares existentes na actualidade por canalizacións comunitarias para dar un servizo adecuado á veciñanza do lugar cun horizonte temporal que vai ata 2045
  • Os traballos desenvolveranse na contorna da estrada N-550, atravesándoa ata en catro ocasións, polo que tamén está prevista a reposición do pavimento afectado polas perforacións necesarias para a execución do proxecto

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia licitou por un orzamento de 680.827,26 euros, IVE incluído, as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento ao núcleo do Canedo desde O Mesón do Vento, no concello coruñés de Ordes.    

As actuacións, cun prazo de execución de seis meses, teñen como finalidade substituír as traídas veciñais e os pozos particulares existentes na actualidade por unha rede común que garanta un axeitado control sanitario e facilite os labores de mantemento e limpeza das instalacións. Os traballos permitirán dar un servizo adecuado á veciñanza deste lugar cun horizonte temporal que vai ata o ano 2045.

No caso das obras para desenvolver a rede de abastecemento, inclúen a instalación de 2.500 metros de tubaxe de 75 milímetros de diámetro para a rede principal e 315 metros de tubaxe de 63 milímetros de diámetro para os ramais secundarios. A maiores, para completar a rede, empregaranse outros elementos como válvulas de comporta, ventosas de triplo efecto, válvulas de baleirado e unha válvula redutora de presión, así como as correspondentes arquetas para o seu óptimo funcionamento.

Mentres, os traballos para implantar a rede de saneamento supoñen a colocación de 1.470 metros de tubaxe de 315 milímetros de diámetro e 110 metros de tubaxe de 250 milímetros de diámetro así como distintos pozos de rexistro prefabricados. Tamén se instalará un pozo de bombeo prefabricado que estará conectado á fosa séptica existente mediante unha canalización de 1.300 metros de tubaxe de 90 milímetros de diámetro. A eles engádense 110 metros máis de canles de 400 milímetros de diámetro para os sumidoiros e leitos de recollida de augas pluviais do Canedo.

Como as actuacións se van desenvolver na contorna da estrada N-550, chegando a cruzala en catro ocasións -para o que é necesario realizar distintas perforacións-, o contrato que se licita tamén inclúe a reposición dos pavimentos e superficies afectadas pola execución das obras por outras de semellantes características.

De feito, como complemento destas actuacións, nas próximas semanas sacarase a licitación un contrato para o servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra e outro do servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, que entre os dous suman un importe de licitación de preto de 70.000 euros.  

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
239449 {"title":"A Xunta licita por máis de 680.000 euros as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento do Canedo, no concello de Ordes","published_date":"2024-06-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"239449"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-03/239449-xunta-licita-mais-680-000-euros-as-obras-ampliacion-das-redes-abastecemento-e-saneamento-do-canedo-concello-ordes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.