A Xunta contribúe á conservación das formacións de árbores do Pazo de Rubiáns incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático concedeu varias axudas para a protección e mellora dos exemplares presentes neste espazo por importe de máis de 11.500 euros e outras na área territorial que suman 22.000 euros
  • O delegado territorial destacou o "traballo impecable" que se leva a cabo no pazo, tanto na conservación dos seus xardíns como no coidado do seu patrimonio

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 18 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Pazo de Rubiáns, no concello de Vilagarcía, con motivo das axudas concedidas pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O pazo recibiu varias achegas de máis de 11.500 euros que permitirán financiar parte dos coidados e tratamentos que precisan estes exemplares, con varios elementos incluídos no catálogo. Cabe destacar que o Pazo de Rubiáns conta nos seus xardíns con exemplares con varios séculos de vida.

O delegado territorial destacou o "traballo impecable que se leva a cabo no Pazo de Rubiáns, tanto no coidado do seu patrimonio como na elaboración e promoción dos seus viños, na conservación e protección dos seus xardíns" e, xunto ao director Guillermo Hermo, percorreu boa parte da extensión que alberga os exemplares catalogados.

Reguera rematou a visita poñendo en valor a "importantísima labor de conservación e coidado que se leva a cabo no Pazo".

O total investido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático na área territorial de Pontevedra foi de máis de 22.000 euros, que foron repartidos entre catro entidades beneficiarias destas achegas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274538 {"title":"A Xunta contribúe á conservación das formacións de árbores do Pazo de Rubiáns incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/1pazo.jpeg","id":"274538"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274538-xunta-contribue-conservacion-das-formacions-arbores-do-pazo-rubians-incluidas-catalogo-galego-arbores-senlleiras https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.