Galicia traballa na sensibilización do conxunto da sociedade para afondar na redución do desperdicio alimentario en toda a cadea de valor

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Xunta impulsa medidas como un código de boas prácticas ou un plan de acción para concienciar a todos os actores que interveñen desde que se produce un alimento ata que chega ao consumidor final
  • Ramón Boga pon en valor os avances rexistrados na comunidade nos últimos anos, onde cada vez é máis frecuente que os clientes leven a comida sobrante dos restaurantes ou que se doen alimentos para a poboación vulnerable
  • O director xeral de Comercio e Consumo, pola súa banda, apelou ao consumo responsable das novas xeracións recordando as boas prácticas que veñen de ser premiadas nos certames Consumópolis e Galicons-Net para centros educativos

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

Galicia traballa para reducir o desperdicio alimentario apostando pola sensibilización do conxunto da cidadanía e pola concienciación sobre a necesidade de realizar boas prácticas tanto na produción como no consumo. De feito, busca implicar a todos os elos da cadea, desde os produtores ata a distribución, pasando pola hostalería, os comercios retallistas ou os propios fogares.

Así o explicou o director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Ramón Boga, durante a súa participación na inauguración da xornada Desperdicio cero: sostibilidade e soberanía alimentaria, onde salientou a importancia de que a sociedade tome conciencia deste problema e actúe para minimizar o seu impacto.  

O representante da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático incidiu na relevancia de afondar nunha cuestión -o desperdicio alimentario- que afecta ao medio ambiente pois é a responsable do 8% das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro, unha cifra semellante á do transporte por estrada.

Nesta liña, Ramón Boga apostou por seguir dando pasos na boa dirección con medidas como a implantación do quinto colector -para a recollida separada de biorresiduos- ou a necesidade de insistir coas campañas de concienciación para evitar que alimentos en bo estado acaben converténdose en residuos deste tipo.

O director xeral asegurou que a avanzar neste eido axudarán tamén ferramentas como o Plan de Xestión de Residuos Municipais 2030, que proximamente irá ao Consello da Xunta para a súa aprobación e que prevé medidas como a elaboración dun código de boas prácticas ou un plan de acción autonómico contra o desperdicio alimentario que incida en todos os elos da cadea, desde que se produce un alimento ata que chega ao consumidor final.

Neste sentido, o director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade puxo en valor os avances rexistrados en Galicia nos últimos anos, onde cada vez hai maior concienciación social e é máis habitual que os clientes leven a comida sobrante dos restaurantes ou que se doen alimentos, unha acción solidaria que contribúe a ofrecer maior seguridade alimentaria á poboación vulnerable.

Impacto económico

A Xunta lembra que a perda de alimentos ten ademais un impacto económico, por recursos que deixan de percibir tanto os produtores como as empresas intermediarias ou as familias. Para contribuír a evitalo, subliñou Ramón Boga, Galicia conta coa Estratexia Galega de Economía Circular 2030, que incide en cuestións como a importancia de producir alimentos de máis calidade e con menor impacto na contorna, mellorando a eficiencia e reducindo os residuos xerados.

Outra liña de traballo paralela, destacou, debe ser avanzar no desenvolvemento de centros de tratamento de refugallos mediante a creación de plantas de valorización, ou mesmo de produción de enerxía, impulsando a creación de emprego e de actividade alí onde se implanten estas instalacións.

O representante do Executivo galego asegurou que Galicia vai seguir traballando para afondar na mellora do comportamento de todos os elos da cadea de valor agroalimentaria implicando ao sector empresarial, universidades, centros de investigación, entidades benéficas, institucións financeiras, outros organismos sociais e mesmo os fogares, para que todos contribúan a avanzar neste eido.  

Por iso, agradeceu á Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) a organización desta xornada pois permite avaliar a situación actual no ámbito do desperdicio alimentario, os retos existentes e facilita o intercambio de opinións sobre as medidas que se considera conveniente adoptar para minimizar a xeración deste tipo de residuos.

Concienciación das novas xeracións

Na xornada tamén participou o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, que inaugurou a sesión da tarde dando paso á mesa redonda Os consumidores e usuarios ante o desperdicio alimentario. Na súa intervención, amosouse convencido de que as novas xeracións serán todo un exemplo nas súas decisións de compra, tendo en conta "non só o principio dun produto, a súa orixe, senón tamén o seu final e as consecuencias deste".

Nesa liña, recordou as súas últimas visitas a centro educativos para felicitar ao alumnado gañador dos premios Consumópolis e Galicons-net deste ano, "rapaces e rapazas de entre 10 e 18 anos que teñen moi claro o obxectivo da sostibilidade, da limitación dos recursos e da necesidade de protección do planeta". Ambas iniciativas están impulsadas polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274539 {"title":"Galicia traballa na sensibilización do conxunto da sociedade para afondar na redución do desperdicio alimentario en toda a cadea de valor","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/20240618+DX+Comercio+Consumo+Desperdicio+cero+1.jpeg","id":"274539"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274539-galicia-traballa-na-sensibilizacion-do-conxunto-da-sociedade-afondar-na-reducion-do-desperdicio-alimentario-cadea-valor https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.