A Xunta somete a participación pública o Plan de conservación do espazo natural de interese local Torre de Hércules

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se abre un período dun mes a contar desde mañá para que as persoas interesadas poidan facer aportacións e suxestións ao documento
  • A contorna da Torre de Hércules foi declarada ENIL de xeito provisional a comezos de 2020 e a súa declaración definitiva está condicionada a este plan de conservación, que implicará a elaboración dun proxecto de decreto para a súa aprobación
  • A zona ocupa preto de 40 hectáreas e conta con importantes valores paisaxísticos e ecolóxicos coa catalogación de gran variedade de especies de flora e fauna

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024

A Xunta somete a participación pública o plan de conservación do espazo natural de interese local (ENIL) Torre de Hércules, no concello da Coruña, que ten como finalidade protexer os seus valores naturais e o seu patrimonio, entre outras cuestións. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural polo que se abre un período dun mes a contar desde mañá para que as persoas interesadas poidan facer aportacións e suxestións.

A contorna da Torre de Hércules foi declarada ENIL de xeito provisional mediante orde do 27 de decembro de 2019 -publicada no DOG en xaneiro de 2020- e a súa declaración definitiva foi condicionada á presentación por parte do concello do plan de conservación deste espazo natural que agora se somete a participación pública.

A publicación deste documento base é o primeiro paso para a elaboración do proxecto de decreto polo que se aprobará o plan de conservación, que volverá a estar sometido a un novo procedemento de información pública e audiencia ás persoas interesadas.

Este procedemento enmárcase na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, que recoñece os ENIL como unha das categorías nas que se clasifican os espazos naturais protexidos. A declaración prodúcese trala proposta por parte dun concello co obxectivo de protexer un espazo integrado no seu termo municipal que polas súas singularidades sexa merecedor dalgún tipo de protección dos seus valores naturais. De feito, a responsabilidade e xestión destes espazos é municipal.

Torre de Hércules

O ENIL Torre de Hércules ocupa preto de 40 hectáreas e abrangue desde a praia das Lapas, que constitúe o seu extremo oeste, pasando pola contorna da propia torre, punta Herminia e Campo da Rata ata a cala das Durmideiras, no seu extremo leste. O seu límite interior delimítase polo paseo marítimo e a senda que vai desde a antiga cárcere provincial ata a rotonda da Torre de Hércules, mentres que o seu límite exterior é o mar.

Este espazo, malia tratarse dunha extensión reducida, conta con importantes valores paisaxísticos e ecolóxicos, acollendo unha abundante biodiversidade. De feito, destacan a existencia de queirogais secos acompañados de especies de flora como a Armeria maritima e A. Pubigera así como de pequenas pozas permanentes e estacionais nos rochedos litorais, lugares nos que se poden atopar exemplares do anfibio Discoglossus galganoi. Tamén discorre por este espazo o rego da Lagoa, un pequeno suco natural que desemboca na praia das Lapas e favorece o crecemento de amieiros e salgueiros.

Así mesmo, pode observarse un gran número de aves, insectos, fungos e outras especies de flora. Entre os insectos destaca a presenza da vacaloura (Lucanus cervus) e entre os mamíferos o ourizo (Erinaceus europaeus) e o morcego común (Pipistrellus pipistrellus).

Entre os valores da contorna da Torre de Hércules está tamén a súa calidade paisaxística, xa que se trata dun dos mellores miradoiros naturais cara o Atlántico e as rías do Golfo Ártabro. Desde este espazo pódese ollar a ría da Coruña e parte das rías de Betanzos e Ferrol, formando unha unidade paisaxística que abrangue toda a contorna da torre e na que se presentan a flora e o océano case no mesmo plano.

A responsabilidade e competencia para a xestión deste espazo natural correspóndelle ao Concello da Coruña que, de acordo co plan de conservación que se está a tramitar, se compromete a consignar, con cargo aos orzamentos xerais municipais de cada ano, as cantidades necesarias para garantir a conservación do espazo e acometer as medidas de xestión oportunas para acadar ese obxectivo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23650 {"title":"A Xunta somete a participación pública o Plan de conservación do espazo natural de interese local Torre de Hércules","published_date":"2024-04-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23650"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-17/23650-xunta-somete-participacion-publica-plan-conservacion-do-espazo-natural-interese-local-torre-hercules https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.