A Xunta realizou no que vai de ano actuacións de conservación en máis de 150 quilómetros de ríos galegos cun investimento dun millón de euros

  • Ángeles Vázquez explicou que os traballos consisten na retirada de árbores caídas nas canles fluviais, a limpeza das marxes, o control de especies exóticas invasoras e a eliminación de obstáculos que impidan o discorrer libre das augas
  • A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático salientou que os 152 quilómetros nos que se actuou desde xaneiro equivalen á distancia entre A Coruña e Vigo e que para o segundo semestre hai orzamentados 1,5 M€ para labores deste tipo
  • Augas de Galicia destinou entre 2022 e 2023 máis de 4,6 M€ a preto de 300 accións de coidado das contornas dos ríos que superan os 430 quilómetros

Ribeira (A Coruña), 25 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia realizou no que vai de ano 78 actuacións de conservación e mantemento en máis de 150 quilómetros de ríos da demarcación Galicia-Costa cun investimento de máis de 980.000 euros.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, que visitou hoxe o río Artes, en Ribeira, explicou que este tipo de traballos consisten na retirada de árbores caídas nas canles fluviais, a limpeza das marxes, o control de especies exóticas invasoras e a eliminación de obstáculos que impidan o discorrer libre das augas.

Nesa liña, a responsable autonómica incidiu en que os 152 quilómetros nos que se leva actuado desde xaneiro equivalen á distancia que hai entre A Coruña e Vigo e enmárcanse no Plan anual de actuacións en materia de conservación fluvial de Augas de Galicia. Ao abeiro del execútanse tanto traballos programados como non programados -aqueles solicitados por terceiros ou necesarios por incidencias puntuais-, para os que o organismo autonómico conta con 1,5 millóns de euros de orzamento para as actividades a desenvolver na segunda metade do ano. 

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático incidiu en que todos estes labores buscan ter unha mínima incidencia no ecosistema, recuperar o bo estado dos ríos e mitigar os riscos de asolagamento. Neste sentido, a finalidade última é manter as condicións naturais das canles fluviais, recuperar a súa funcionalidade xeomorfolóxica, eliminar especies invasoras ou alóctonas e retirar os restos de vexetación co fin de evitar inundacións naturais das zonas adxacentes.

Ángeles Vázquez tamén lembrou que ao labor que realiza a Xunta se suman as solicitudes que poden presentar os particulares para a retirada de árbores e que, no caso de actuacións de mínimo impacto, adoita tramitarse con celeridade e coa presentación dunha simple declaración responsable.

As accións realizadas este ano dan continuidade ás executadas nos últimos exercicios ao abeiro do Plan Autonómico de Conservación dos Ríos da Demarcación Galicia-Costa. De feito, só entre 2022 e 2023 realizáronse preto de 300 actuacións en máis de 430 quilómetros de canles fluviais cun investimento de arredor de 4,6 millóns de euros.

Visita Ribeira

A actuación que visitou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático no río Artes afecta a un tramo duns 900 metros entre as parroquias de Santa María de Olveira e San Xián de Artes e a previsión é que os traballos se prolonguen durante 20 días.

Entre os labores a desenvolver polos operarios están a retirada de árbores caídas en varios puntos da canle fluvial ou das súas marxes así como a recollida daquela biomasa que obstaculiza o discorrer normal das augas. Os traballos realízanse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras, podadoras e rozadoiras co apoio de distinta maquinaria como un tractor, unha carretilla e un camión.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286846 {"title":"A Xunta realizou no que vai de ano actuacións de conservación en máis de 150 quilómetros de ríos galegos cun investimento dun millón de euros","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"286846"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/286846-xunta-realizou-vai-ano-actuacions-conservacion-mais-150-quilometros-rios-galegos-cun-investimento-dun-millon-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.