A Xunta adxudica por preto de 900.000 euros o contrato para crear a Oficina Técnica de Impulso de Iniciativas de Adaptación ao Cambio Climático

  • Galicia resiliente é un servizo pioneiro que prestará asesoramento especializado ás entidades integrantes da Alianza Galega polo Clima e do Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía co obxectivo de acadar o antes posible a neutralidade climática
  • O seu traballo neste ámbito durará catro anos, coa posibilidade de prórroga por outro máis, co que a súa actividade se estenderá ata o ano 2028, ou 2029 no caso de que se faga efectiva esa ampliación
  • Esta ferramenta pretende que a comunidade galega siga sendo un referente na acción contra o quecemento global ao facilitar o deseño de actuacións para atallalo e contribuír á busca de financiamento para a súa posta en marcha

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024

A Xunta adxudicou recentemente por preto de 900.000 euros o contrato para a posta en marcha dun servizo pioneiro de asesoramento técnico e especializado co fin de promover en Galicia accións, tanto públicas como privadas, de adaptación ao cambio climático. Esta iniciativa, denominada Galicia resiliente, contribuirá a consolidar a posición da comunidade como referente na loita contra o quecemento global. 

A finalidade desa oficina técnica -integrada por profesionais como enxeñeiros, arquitectos, graduados en Dereito, Ciencias Políticas, Xestión e Administración Pública ou titulacións análogas- é atender cuestións relacionadas con este fenómeno de dimensións globais pero cuxa solución pasa pola implicación e o traballo conxunto de todos os sectores, incluíndo as diferentes administracións -con especial mención aos concellos-, entidades privadas e a sociedade en xeral.

O servizo -que se porá en marcha nas vindeiras semanas- enmárcase no obxectivo da Xunta de acadar a neutralidade climática en Galicia, entendida como o equilibrio entre as emisións e as absorcións de gases de efecto invernadoiro derivadas da actividade humana, tal como recolle a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050. 

De feito, nese contexto impulsáronse tanto a Alianza Galega polo Clima -na que se inclúen empresas, colexios profesionais, sindicatos, organizacións ambientais, da sociedade civil e administracións públicas comprometidas coa consecución dunha Galicia climaticamente neutra e resiliente- como o Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía. 

Precisamente, Galicia resiliente conta con cinco liñas estratéxicas, das que a primeira delas é asesorar aos actores da Alianza Galega polo Clima para promover iniciativas de mellora nas prácticas de resiliencia e minimización do impacto climático, salientando os mecanismos de colaboración público-privada para o desenvolvemento de iniciativas e intercambio de boas prácticas.

Do mesmo xeito, acompañará aos concellos galegos en accións específicas e concretas que axuden a implantar as medidas recollidas nos plans de acción de clima e enerxía sostible dos municipios de Galicia e o cumprimento dos seus compromisos. Nesta liña, tamén buscará apoio e financiamento para as accións de adaptación ao cambio climático promovidas polos concellos e os membros da Alianza Galega polo Clima en cumprimento da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050.

A estas alianzas sumouse recentemente a Rede Local polo Clima, a primeira rede que constituirá o instrumento de gobernanza local e rexional en Galicia fronte ao cambio climático. Nela, a Xunta coordinará xunto aos concellos as actuacións para aproveitar sinerxías e sumar resultados na loita contra o cambio climático.

Participación en iniciativas

Outra das finalidades do contrato é promover a participación de Galicia, das entidades locais e de actores privados en accións como proxectos piloto de adaptación ao cambio climático, o desenvolvemento de redes de intercambio, a presenza en comunidades de práctica ou a procura de oportunidades de financiamento para accións de I+D+i. Esta oficina técnica tamén ofrecerá asesoramento técnico para a redacción de documentos e o deseño de accións aliñadas coa estratexia galega polo clima.

O contrato terá unha vixencia de catro anos, coa posibilidade dunha prórroga por outro exercicio máis, co que as actuacións deste servizo se desenvolverán entre este ano e 2028, ou 2029 en caso de que se faga uso da opción de prórroga. 

A posta en marcha de Galicia resiliente pretende que a comunidade siga sendo unha rexión líder na acción climática impulsando un servizo pioneiro de asesoramento técnico e especializado, facilitador de actuacións de fomento e impulso de medidas de adaptación ao cambio climático en todo o territorio galego. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
216696 {"title":"A Xunta adxudica por preto de 900.000 euros o contrato para crear a Oficina Técnica de Impulso de Iniciativas de Adaptación ao Cambio Climático","published_date":"2024-05-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"216696"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-23/216696-xunta-adxudica-preto-900-000-euros-contrato-crear-oficina-tecnica-impulso-iniciativas-adaptacion-ao-cambio-climatico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.