A Xunta dá a coñecer a riqueza ambiental dos parques naturais galegos mediante conexións en directo desde a Feira Internacional Abanca Semana Verde

  • Ángeles Vázquez reitera a aposta da Xunta por concienciar á poboación sobre a importancia de protexer e conservar os espazos naturais ao ser fundamentais para a Comunidade tanto desde o punto de vista ambiental como desde o económico e o social

Silleda (Pontevedra), 31 de maio de 2024

A Xunta de Galicia dá a coñecer a riqueza ambiental dos parques naturais galegos mediante conexións en directo desde o expositor que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ten á disposición dos visitantes da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

De feito, durante a súa visita ao recinto feiral, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañou ao alumnado do Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Silleda durante a conexión que se realizou co Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, na que unha axente ambiental respondeu todas as preguntas e dúbidas da rapazada sobre este espazo protexido.

Segundo explicou Ángeles Vázquez, os visitantes da feira poderán interactuar con  persoal dos espazos protexidos de Galicia nas sesións que se levarán a cabo ata o próximo domingo desde as 11,00 h. e ata as 19,30 h. As conexións iranse alternando entre o parque nacional e os seis naturais cos que conta a Comunidade - Baixa Limia-Serra do Xurés, Fragas do Eume, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia e Complexo dunar de Corrubedo e lagos de Carregal e Vixán- nas sesións que se levarán a cabo ata o próximo domingo desde as 11,00 h e ata as 19,30 h.

A maiores, esta actividade, denominada Galicia, unha natureza de película, tamén inclúe a presentación dunha guía interpretativa dos diferentes espazos protexidos da Comunidade a través de cartelería na que cada parque ten unha referencia cinematográfica.

Ángeles Vázquez enmarcou estas actividades na aposta da Xunta por concienciar á poboación sobre a importancia de protexer e conservar os espazos naturais pois son fundamentais para a comunidade tanto desde o punto de vista ambiental como desde o económico e o social. Deste xeito, a cidadanía pode converterse nun verdadeiro aliado, no presente e no futuro, para o coidado dos valores naturais, da flora e da fauna galegas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
233831 {"title":"A Xunta dá a coñecer a riqueza ambiental dos parques naturais galegos mediante conexións en directo desde a Feira Internacional Abanca Semana Verde","published_date":"2024-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"233831"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-31/233831-xunta-da-conecer-riqueza-ambiental-dos-parques-naturais-galegos-conexions-directo-feira-internacional-abanca-semana-verde https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.