A Xunta detecta un caso de gripe aviaria en aves silvestres no concello de Oleiros

  • Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección dun exemplar de ave silvestre afectado por influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAP), resultado confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid).

Trátase dunha gaivota patiamarela atopada morta no concello coruñés de Oleiros, que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático, localizado no mesmo municipio, onde se tomaron mostras para proceder á análise laboratorial, eliminándose o cadáver conforme á normativa en vigor. Este novo caso é o primeiro confirmado na nosa comunidade autónoma no ano 2024.

A notificación deste foco, ao afectar exclusivamente a aves silvestres, non implica cambios no estatus sanitario de Galicia en relación á influenza aviaria, nin supón ningunha restrición ou medida adicional con respecto ao comercio de aves vivas ou produtos avícolas derivados con orixe na Comunidade Autónoma de Galicia.

Valoración de risco favorable

Cómpre recordar que na data actual a valoración de risco de aparición de influenza aviaria a nivel de España continúa a ser favorable. Deste xeito, hoxe mantéñense en Galicia certas medidas de prevención sanitaria unicamente nos sete concellos da provincia de Pontevedra que pertencen á Zona de Especial Risco (Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa).

Porén, dada a importancia do sector avícola na nosa comunidade, cómpre continuar implementando as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas, de calquera tipo, tanto comerciais como particulares, especialmente aquelas destinadas a evitar o contacto con aves silvestres, así como intensificar a vixilancia de calquera signo de enfermidade tanto en explotacións avícolas como en aves silvestres, notificando a sospeita aos servizos veterinarios oficiais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
266778 {"title":"A Xunta detecta un caso de gripe aviaria en aves silvestres no concello de Oleiros","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"266778"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/266778-xunta-detecta-caso-gripe-aviaria-aves-silvestres-concello-oleiros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.