Galicia avanza cara á neutralidade climática a un ritmo tres veces maior que a media de España e Europa

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez salienta que,  desde a aprobación, en 2019, da Estratexia galega de cambio climático e clima 2050, as emisións netas de gases de efecto invernadoiro baixaron en Galicia un 19,5%  
  • Salienta o compromiso ambiental de Vertex Bioenergy e pon en valor o seu apoio á Alianza galega polo clima, que suma xa máis de 140 entidades adheridas
  • O obxectivo desta iniciativa é conectar ao tecido produtivo e social galego de cara a traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática

Curtis (A Coruña), 21 de xuño de 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo hoxe en valor que Galicia avanza cara á neutralidade climática a un ritmo tres veces maior que a media de España e da Unión Europea.

Durante a súa visita ás instalacións de Vertex Bioenergy, co gallo da adhesión desta empresa á Alianza galega polo clima, a conselleira salienta que,  desde a aprobación, en 2019, da Estratexia galega de cambio climático e clima 2050 (EGCCE 2050), as emisións netas de gases de efecto invernadoiro baixaron en Galicia un 19,5%, "tres veces máis que a media española (6%) e que a europea (6,1%)".

Nesa liña, logo do desenvolvemento de 139 medidas e do investimento de 1.140 millóns de euros, o Goberno galego aprobou esta mesma semana na reunión do Consello a  elaboración dun novo plan rexional integrado de clima e enerxía 2024-2030 para continuar co desenvolvemento da EGCCE 2050 e consolidar a posición da Comunidade como referente na loita contra o quecemento global.

"Estamos facendo o que a cidadanía espera dos seus representantes políticos, que poñan en marcha medidas tanxibles, medibles e comparables, que dan resultados", aseverou Ángeles Vázquez, quen subliñou que, de cara a seguir progresando na resiliencia da Comunidade, é necesario o apoio e compromiso de todos os axentes da sociedade.

Adhesión de Vertex Bioenergy á Alianza galega polo clima

Así, tal e como lembrou a conselleira, a Xunta promoveu en 2022 a Alianza galega polo clima, co obxectivo de conectar ao tecido produtivo e social galego de cara a traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática.

De feito, esa iniciativa, que conta xa con máis de 140 entidades adheridas -universidades, autoridades portuarias, clubs deportivos ou empresas-, sumou hoxe o apoio de Vertex Bioenergy, que é líder na produción de bioetanol en España. Cómpre indicar que este biocombustible reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro en máis dun 70% con respecto aos combustibles fósiles, o que o converte nun instrumento efectivo na descarbonización do sector do transporte.

Logo de asinar o convenio de adhesión co CEO de Vertex Bioenergy, Antonio Vallespir, a responsable autonómica puxo en valor o compromiso ambiental desta empresa e a súa disposición a formar parte desta iniciativa que pretende, entre outras cuestións, o establecemento de accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático, o fomento de intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica e xurídica neste eido, a promoción da investigación vencellada co clima e a difusión de tecnoloxías para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisións.

Vertex Bioenergy posúe catro instalacións de produción de bioetanol en España e Francia, cunha capacidade total de produción anual de 780 Ml, incluídas as unidades de alcol vínico. Ademais ten unha capacidade de produción de materias primas para pensos para a alimentación animal de 505.000 t anuais e 575.000 MWh de electricidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280894 {"title":"Galicia avanza cara á neutralidade climática a un ritmo tres veces maior que a media de España e Europa","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/240621+AVM+VERTEX.jpg","id":"280894"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280894-galicia-avanza-cara-neutralidade-climatica-ritmo-tres-veces-maior-media-espana-e-europa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.