A Xunta aposta por dixitalizar a xestión da auga para facela máis eficiente e optimizar o seu aproveitamento

  • Galicia participa en Avilés nunha xornada sobre o Perte para a dixitalización do ciclo da auga, unha ferramenta da que a comunidade galega recibe algo máis de 10 millóns de euros co obxectivo de impulsar melloras neste eido
  • O Goberno galego defende a necesidade de contar con sistemas de medida e control da calidade da auga máis avanzados así como con instalacións de saneamento e abastecemento máis modernas promovendo unha maior colaboración entre os axentes implicados na xestión deste recurso

Avilés, 30 de maio de 2024

A Xunta de Galicia puxo en valor en Asturias a estratexia galega para dixitalizar a xestión da auga e facela máis eficiente, logrando así un aproveitamento e un uso axeitado dun recurso fundamental para a comunidade.

O Executivo galego participou onte na xornada sobre A xestión dixitalizada da auga. O impulso do Perte de dixitalización do ciclo da auga que se celebra en Avilés, onde representantes de Augas de Galicia expuxeron o traballo realizado e os proxectos en marcha para avanzar neste eido tanto ao exercer as súas competencias como administración autonómica -no desenvolvemento lexislativo e no apoio a entidades locais en materia de abastecemento e saneamento- como no seu papel de organismo de conca, centrado na planificación, control e administración do medio hídrico.

Os responsables do organismo autonómico explicaron que Galicia ten asignados máis de 10,2 millóns de euros do Perte de dixitalización do ciclo da auga cos que porá en funcionamento ferramentas para mellorar o coñecemento e o uso dos recursos hídricos así como rexistrar datos que axuden a mellorar a xestión dos sistemas de abastecemento municipais.

Dese orzamento, máis de 5,6 millóns de euros buscan impulsar a dixitalización na xestión do dominio público hidráulico, centrándose na dixitalización dos procesos administrativos e na mellora do coñecemento na xestión da auga, o que redundará nunha maior axilidade nas tramitacións que se desenvolven para a cidadanía.

Mentres, preto de 4,6 millóns de euros destínanse á dixitalización da xestión da auga e, en especial, do ciclo urbano deste recurso nos concellos menores de 20.000 habitantes. As actuacións previstas céntranse na dixitalización interna dos procesos e o apoio ás entidades locais na mellora dos sistemas de medida e control da calidade da auga nas súas infraestruturas de abastecemento.  

De feito, a estratexia galega para a dixitalización do ciclo integral da auga inclúe a elaboración dun diagnóstico do estado actual dos sistemas de saneamento e abastecemento da comunidade e do nivel de dixitalización e control, co obxectivo de impulsar avances co finalidade de acadar unha maior eficiencia e eficacia.

Xestión en Galicia

Os representantes de Augas de Galicia puxeron en valor o labor que realiza o ente como organismo de conca, actuando en preto de 15.000 quilómetros de rede fluvial que se estende por máis de 180 municipios para atender cuestións como o control do medio hídrico -control de caudais, calidade da auga ou programa de control de vertidos-, a súa administración -autorizacións e concesións, conservación fluvial, xestión da información e participación pública- e planificación dentro do Plan Hidrolóxico Galicia Costa, inundacións e secas ou caudais ecolóxicos.

Mentres, como administración autonómica que presta apoio ás entidades locais, Augas de Galicia colabora para mellorar as máis de 5.000 captacións existentes en Galicia, as 929 estacións de potabilización de auga ou os máis de 4.100 depósitos que configuran os sistemas de abastecemento galegos.

O encontro

A xornada sobre A xestión dixitalizada da auga. O impulso do Perte de dixitalización do ciclo da auga -á que asistiu o director de Augas de Galicia, Roi Fernández- celebrouse entre onte e hoxe en Avilés coa participación de representantes das comunidades autónomas, das confederacións hidrográficas, das deputacións e de empresas relacionadas coa xestión da auga en toda España .

Galicia expuxo a súa experiencia e salientou a importancia de avanzar na colaboración entre as administracións autonómicas e os concellos para avanzar no desenvolvemento das súas competencias en materia de abastecemento e saneamento para avanzar na mellora global da calidade da auga.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
231248 {"title":"A Xunta aposta por dixitalizar a xestión da auga para facela máis eficiente e optimizar o seu aproveitamento","published_date":"2024-05-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"231248"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-30/231248-xunta-aposta-dixitalizar-xestion-da-auga-facela-mais-eficiente-e-optimizar-seu-aproveitamento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.