A Xunta licita por preto de 3,5 M€ as obras de mellora da envolvente térmica e enerxética da sede da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

  • Os traballos de rehabilitación buscan reducir un 30% o consumo de enerxía do edificio, cuestión pola que se beneficia de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation
  • As actuacións, que se prolongarán durante 14 meses unha vez adxudicado o contrato, inclúe a mellora da envolvente térmica do inmoble, a substitución do alumeado existente por tecnoloxía LED de alta eficiencia e a instalación de equipamentos novos tanto de calefacción como de refrixeración

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2024

A Xunta iniciou recentemente a licitación do contrato das obras de mellora da envolvente térmica e enerxética da sede da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático por un importe de algo máis de 3.470.000 euros, polo que as empresas interesadas xa poden presentar ofertas. 

Estas actuacións de rehabilitación do inmoble pretenden reducir polo menos un 30% o consumo de enerxía de orixe non renovable das instalacións, polo que se benefician dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation.

O edificio comezouse a construír en 1999 e finalizouse en 2002, polo que xa ten máis de 20 anos, o que fai necesario actuar sobre a súa fachada e a cuberta para adaptar as súas condicións térmicas ás requiridas actualmente no eido da edificación. De feito, malia o seu bo mantemento, algúns dos materiais deben ser substituídos unha vez que xa cumpriron o seu tempo estimado de vida útil. 

As obras, que terán un prazo de execución de 14 meses unha vez adxudicado o contrato, inclúen a mellora da envolvente térmica do inmoble, a substitución do alumeado existente por outro con iluminación LED de alta eficiencia con sistema de regulación e control e a instalación de equipamentos novos tanto de calefacción como de refrixeración, contribuíndo así a mellorar a eficiencia enerxética do edificio. 

Nesta liña, actuarase para optimizar o illamento térmico das fachadas substituíndo o revestimento de aceiro Corten xa deteriorado por outro do mesmo material de 2 milímetros e cun illamento natural de 10 centímetros de espesor ao tempo que se cambiará a carpintería exterior actual por outra con mellor comportamento. En canto á solución da cuberta, colocarase un novo illamento de poliestireno expandido de 10 centímetros de espesor, se ben terá un acabado vexetal.  

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
221980 {"title":"A Xunta licita por preto de 3,5 M€ as obras de mellora da envolvente térmica e enerxética da sede da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático","published_date":"2024-05-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"221980"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-26/221980-xunta-licita-preto-3-5-m-as-obras-mellora-da-envolvente-termica-e-enerxetica-da-sede-da-conselleria-medio-ambiente-e-cambio-climatico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.