A Xunta realiza labores de conservación e mantemento nos regos de Queo de Abaixo e da Balsa, ao seu paso polo concello de Carballo

Imagen del artículo A Xunta realiza labores de conservación e mantemento nos regos de Queo de Abaixo e da Balsa, ao seu paso polo concello de Carballo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As tarefas, que se centran en dous treitos de 2,7 quilómetros, inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa das canles para evitar atoamentos

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar hoxe actuacións de conservación e mantemento en algo máis de 2,7 quilómetros dos regos de Queo de Abaixo e da Balsa, ao seu paso polo concello de Carballo.

 

As tarefas, que se desenvolverán en algo máis de 2,7 quilómetros dos regos de Queo de Abaixo, ao seu paso pola parroquia de Santa María de Cavín, e da Balsa, ao seu paso por Santa María de Bértoa e San Xoán de Carballo, consisten na retirada de árbores e biomasa presente nas canles fluviais para evitar atoamentos así como en labores de roza puntual de arbustos no acceso ás canles.

 

As actuacións, que xa foron comunicadas ao concello de Carballo, prolongaranse durante aproximadamente unha semana e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoras co apoio dun tractor.

 

Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo de conca autonómico, estes afluentes do río Anllóns quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

 

Cómpre subliñar que Augas de Galicia desenvolve este tipo de accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección. Neste caso trátase ademais do mantemento dunha zona catalogada como de alto risco potencial significativo de inundación.

 

O obxectivo é avanzar e mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
243714 {"title":"A Xunta realiza labores de conservación e mantemento nos regos de Queo de Abaixo e da Balsa, ao seu paso polo concello de Carballo","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/95148-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"243714"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/243714-xunta-realiza-labores-conservacion-e-mantemento-nos-regos-queo-abaixo-e-da-balsa-ao-seu-paso-polo-concello-carballo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.