A Xunta pon en marcha a rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990

  • Ángeles Vázquez explica que esta iniciativa ten como obxectivo coordinar cos concellos as actuacións para aproveitar sinerxías na loita contra o quecemento global e promover políticas locais de sustentabilidade ambiental
  • Avoga porque este novo instrumento de gobernanza local e rexional facilite a posta en marcha de medidas tanxibles, medibles e comparables que contribúan a garantir un futuro sostible e libre de carbono
  • Esta iniciativa vén complementar outras medidas como o Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía e a Alianza galega polo clima

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024

A Xunta pon en marcha a Rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990, segundo explicou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a xornada de presentación desta iniciativa.

Durante a súa intervención, a conselleira salientou que "somos a Comunidade na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (33%) desde 1990 e a segunda no que se refire ás brutas (59,8%)". Neste último caso, cómpre indicar que hai máis de 35 puntos porcentuais de diferencia con respecto ao nivel de emisións do conxunto de España, onde, ademais, non baixaron, senón que subiron un 2,4%.

A maiores, Galicia é tamén a comunidade que máis CO2 absorbe -o 20,9% do total de absorcións de España- e onde máis se incrementou a absorción en termos absolutos desde 1990 (nun 88,2%).

Así, na liña de continuar o traballo levado a cabo nos últimos anos polo Goberno galego promovendo iniciativas que contribúan a converter a Comunidade nun "auténtico refuxio climático verde e sostible", a Xunta presentou hoxe a Rede local polo clima, que, segundo Ánxeles Vázquez, ten como obxectivo "coordinar cos concellos as actuacións para aproveitar sinerxías na loita contra o quecemento global e, ao mesmo tempo, promover políticas locais de sustentabilidade ambiental, facilitando a xestión do coñecemento así como a difusión e intercambio de experiencias".

A conselleira salientou o compromiso dos concellos co desenvolvemento sostible e a protección do clima e avogou porque este novo "instrumento de gobernanza local e rexional" facilite a posta en marcha de medidas "tanxibles, medibles e comparables" que contribúan a garantir un futuro sostible e libre de carbono.

Iniciativas complementarias

A iniciativa presentada hoxe, coincidindo coa conmemoración do Día mundial da acción polo clima, vén complementar outras medidas como o Pacto das alcaldías polo clima e a enerxía, que conta xa con 285 concellos adheridos, dos que 262 xa teñen elaborado un Plan de acción polo clima e a enerxía sostible (PACES), para o que contaron con apoio técnico e asesoramento personalizado da Xunta co obxectivo de que melloren a súa eficiencia enerxética e a súa resiliencia.

A maiores, a Xunta promoveu en 2022 a Alianza galega polo clima, que conta xa con preto de 120 entidades adheridas -universidades, autoridades portuarias, clubs deportivos ou empresas-, co obxectivo de conectar ao tecido produtivo e social galego de cara a traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á Comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática.

Cómpre lembrar tamén que a Xunta, ademais de publicar a Guía de contratación pública ecolóxica, está a desenvolver a que será a primeira lei do clima de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24361 {"title":"A Xunta pon en marcha a rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24361"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24361-xunta-pon-marcha-rede-local-polo-clima-consolidar-galicia-como-unha-comunidade-resiliente-reducir-as-suas-emisions-nun-60-1990 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.