A Xunta salienta que Galicia conta cun dos mellores sistemas de control da calidade do aire do país grazas á súa aposta pola mellora continua da rede de estacións

Imagen del artículo A Xunta salienta que Galicia conta cun dos mellores sistemas de control da calidade do aire do país grazas á súa aposta pola mellora continua da rede de estacións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A actual rede autonómica está integrada por 47 instalacións de medición e vixilancia, de titularidade pública e privada, que axudan a previr e reducir os posibles efectos das substancias contaminantes sobre a saúde, o medio ambiente e a contorna
  • Paula Uría lembra que a Unión Europea e a Organización Mundial da Saúde propón novos valores límite para valorar a calidade do aire ambiente de cara ao ano 2030

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

A directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, puxo en valor esta mañá a Rede de calidade do aire de Galicia, impulsada co fin de verificar que se cumpran os obxectivos da normativa vixente neste eido e consolidada como unha das mellores e máis completas de todo o país grazas a un proceso constante de renovación, ampliación e optimización.

Tras lembrar que na actualidade este sistema consta de 47 estacións repartidas por toda Galicia, a responsable autonómica referiuse a modo de exemplo á recente incorporación do punto de control e medición da calidade do aire de A Cabana, localizado no concello de Ferrol e propiedade de Endesa Xeración SAU.

Neste sentido, Paula Uría explicou que a empresa se ofreceu a cederlle á Xunta gratuitamente esta estación, que avalía desde o ano 2008 os datos da calidade do aire de Ferrolterra, considerado un asentamento de gran valor, e permite amosalos en tempo real a través da páxina web de Meteogalicia.

Trátase dunha estación de tipo industrial suburbana no entorno da enseada da Malata, situada nunha contorna industrial, comercial e residencial a algo máis de 30 quilómetros da central térmica de As Pontes, que se atopa en proceso de desmantelamento. Deste xeito e coa cesión acordada entre ambas partes no mes de marzo, garántese que a cidade departamental e a súa área metropolitana sigan dispoñendo de dúas estacións: unha urbana de tráfico —Ferrol-Raíña Sofía— e outra industrial—A Cabana—.

Cambios de cara ao ano 2030

A lexislación vixente en materia de calidade de aire busca evitar, previr e reducir os efectos nocivos das substancias contaminantes sobre a saúde humana, o medio ambiente no seu conxunto e outros bens de distinta natureza.

Para verificar o cumprimento destes obxectivos, establecer actuacións de mellora e avaliar os resultados obtidos, creouse a Rede de calidade do aire de Galicia, integrada por unha serie de estacións, de titularidade pública e privada, con capacidade para medir a contaminación do aire en diferentes zonas e en aglomeracións urbanas.

Neste sentido, cómpre subliñar que a comunidade galega mantén desde hai anos unha boa calidade do aire. En todo caso e de cara a 2030, a Unión Europea e a Organización Mundial da Saúde (OMS) traballan na fixación de novos valores límite para avaliar a contaminación ambiental, valores cos que, segundo un recente estudo de diagnose levado a cabo pola Xunta, Galicia seguiría mantendo unha calidade de aire ambiente boa.

Máis concretamente, a nova directiva europea neste eido establecerá, en liña e de acordo coas directrices más recentes da OMS, parámetros e obxectivos máis estritos para varios elementos contaminantes, como o dióxido de nitróxeno, o dióxido de xofre, o ozono e as partículas PM2.5 e PM10.

Así mesmo, a futura norma modificará aspectos tales como, por exemplo, os parámetros a monitorizar; os requisitos para o control e a modelización da calidade do aire para mellorar a súa xestión e as medidas de prevención e garantir en maior medida o cumprimento das normas; a cooperación entre os Estados membros en materia de contaminación transfronteiriza; ou a elaboración de plans de calidade do aire.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276716 {"title":"A Xunta salienta que Galicia conta cun dos mellores sistemas de control da calidade do aire do país grazas á súa aposta pola mellora continua da rede de estacións","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/240619+DXERCC+visita+estacion+calidade+aire+Ferrol.jpg","id":"276716"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276716-xunta-salienta-galicia-conta-cun-dos-mellores-sistemas-control-da-calidade-do-aire-do-pais-grazas-sua-aposta-pola-mellora-continua-da-rede-estacions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.