O proxecto Mestres Gandeiros mostra a preto de 800 escolares galegos o bo facer dos profesionais do medio rural no coidado da paisaxe e da biodiversidade

  • Esta iniciativa trata de transmitir ao alumnado a cultura do coidado da terra e da natureza mostrando que os agricultores e gandeiros se converten en importantes activos na protección do medio ambiente polas boas prácticas no seu labor diario
  • Ángeles Vázquez destaca a singularidade desta acción, elixida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para representar a Galicia nas publicacións nacionais de educación para o desenvolvemento sostible

Vilalba (Lugo), 20 de xuño de 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou hoxe o importante labor que está a realizar a Xunta, a través do proxecto Mestres Gandeiros, na concienciación dos escolares galegos sobre as boas prácticas agrarias e medioambientais dos profesionais do medio rural, que contribúen ao coidado da paisaxe e da biodiversidade de Galicia.

A responsable autonómica visitou o CEIP Terra Chá de Vilalba, un dos 15 centros que participaron neste programa durante o curso 2023-2024, onde puxo en valor unha iniciativa educativa que involucrou a máis de 780 alumnos -de infantil, primaria, secundaria, bacharelato e Formación Profesional- e 120 docentes de Galicia.

Esta acción -impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e enmarcada no Plan Proxecta- trata de transmitir aos escolares a cultura do coidado da terra e da natureza mostrando o xeito en que os agricultores e gandeiros da comunidade se converten en importantes activos na protección do medio ambiente polas boas prácticas que caracterizan o seu labor diario.  

Ángeles Vázquez, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou que esta iniciativa xurdiu como resultado do proxecto Interreg Europe Biogov, desenvolvido no período 2018-2021 e no que Galicia foi pioneira a nivel nacional ao ser, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), un dos nove socios europeos que participaron na súa execución.

A representante do Executivo galego puxo en valor a singularidade do proxecto Mestres Gandeiros e destacou que esta iniciativa foi elixida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para representar a Galicia na serie de publicacións de boas prácticas que a Subdirección Xeral de Cooperación Territorial e Innovación Educativa do Goberno central difunde sobre educación para o desenvolvemento sostible.

A súa elección debeuse a que se trata dunha acción cun traballo profundo, coa preparación de material didáctico de moita calidade e que defende o desenvolvemento sostible desde as perspectivas natural, demográfica e económica. Ademais, foi distinguida co Premio empregados públicos innovadores na edición de 2022.

CEIP Terra Chá

Este centro educativo participa no programa Mestres Gandeiros con 73 alumnos -do segundo ciclo de infantil e todos os ciclos de primaria- e 10 docentes cunha actividade didáctica centrada no coidado e características da ovella galega na súa contorna e na difusión dos valores naturais e paisaxísticos da provincia.

De feito, o CEIP Terra Chá conta cun invernadoiro cunha horta ecolóxica, un galiñeiro con animais de raza autóctona como a galiña de Mos e dous exemplares de ovella galega, o que o converte no primeiro centro educativo de Galicia que cría esta última especie nas súas instalacións. Ademais, este colexio converteuse nunha explotación gandeira a todos os efectos pois está inscrito como instalación criadora da raza ovella galega e ten o seu galiñeiro convenientemente rexistrado.

Ao longo do curso académico o alumnado colabora nos traballos de coidado do galiñeiro, da horta e das ovellas, o que lle permite adquirir coñecementos no eido das ciencias naturais e sociais ao tempo que aumentan a súa sensibilización no coidado da flora, da fauna e do medio ambiente no seu conxunto. Deste xeito as nenas e nenos adquiren unha maior conciencia ambiental ao participar nunha experiencia enriquecedora na que se involucran eles, as súas familias e o profesorado do centro.   

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278599 {"title":"O proxecto Mestres Gandeiros mostra a preto de 800 escolares galegos o bo facer dos profesionais do medio rural no coidado da paisaxe e da biodiversidade","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"278599"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278599-proxecto-mestres-gandeiros-mostra-preto-800-escolares-galegos-bo-facer-dos-profesionais-do-medio-rural-coidado-da-paisaxe-e-da-biodiversidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.