A Xunta concluirá este verán as obras de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez lembra que o obxectivo é solucionar a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer fronte á demanda de auga na época estival e a dar servizo ao parque empresarial
  • Incide no compromiso do Goberno galego por consolidar a posición da Comunidade na vangarda da xestión da auga neste contexto de cambio climático

A Laracha (A Coruña), 3 de maio de 2024

A Xunta de Galicia prevé concluír este verán as obras de mellora da rede de abastecemento municipal do Concello da Laracha, tal e como avanzou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

Durante unha visita a esta actuación, na que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o director de Augas de Galicia, Roi Fernández, a conselleira lembrou que o obxectivo é mellorar o abastecemento do concello, solucionando a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer fronte á demanda de auga na época estival e a dar servizo no futuro ao parque empresarial.

Deste xeito, esta primeira fase de actuacións inclúe a construción dun novo depósito de auga potable con capacidade para 2.300 m3, que permitirá o almacenamento de auga para unhas 24 horas de consumo. A maiores, executaranse un novo bombeo entre a estación de tratamento de auga potable de Gabenlle e ese novo depósito, así como dúas novas redes de condución -unha por impulsión entre a ETAP e esa nova instalación, e outra por gravidade entre ese punto e a infraestrutura xa existente-.

Esta actuación supón un investimento de 1,85 millóns de euros, cofinanciado pola Xunta, a través de Augas de Galicia, e o Concello da Laracha. Ademais, tamén conta con financiamento dos fondos REACT-UE do Programa operativo Feder Galicia.

Ángeles Vázquez incidiu no compromiso da Xunta por consolidar a posición de Galicia na vangarda da xestión da auga neste contexto de cambio climático. Nesa liña, reiterou como elemento fundamental a colaboración cos concellos para levar a cabo actuacións como a que se está executando na Laracha. Neste senso, cómpre lembrar que o Goberno galego ten previsto mobilizar 23 millóns de euros este ano 2024 na mellora dos sistemas de abastecemento municipais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24047 {"title":"A Xunta concluirá este verán as obras de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887417\/240503+AVM+A+LARACHA+1.jpg","id":"24047"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-03/24047-xunta-concluira-veran-as-obras-mellora-da-rede-abastecemento-municipal-da-laracha https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.