A Xunta salienta o papel dos escolares galegos como referentes do compromiso e da conciencia ambiental

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez lembra que os nenos e nenas participantes na primeira edición desta iniciativa seguen contribuíndo como adultos ao coidado do patrimonio natural de Galicia

Cerceda (A Coruña), 13 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia puxo hoxe en valor o compromiso e a conciencia medioambiental do conxunto da comunidade educativa e, en especial, do seu alumnado, convertido xa en todo un referente para o coidado do patrimonio natural e da contorna.

Así o salientou hoxe en Cerceda a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, que participou no acto de clausura de Ecovoz, unha iniciativa de carácter divulgativo e de sensibilización ambiental na que colabora o seu departamento a través da empresa pública Sogama, cuxo presidente, Javier Domínguez, tamén asistiu.

Tras lembrar que, precisamente este ano, o programa cumpre un "cuarto de século dando voz ao medio ambiente", felicitou aos colexios gañadores e púxoos como exemplo dunha Galicia que xa foi educada desde a infancia nos valores de respecto e compromiso ambiental, o que contribúe, segundo dixo, ao desenvolvemento sustentable da comunidade e a mellorar a calidade de vida das xeracións presentes e futuras.

Neste sentido, Ángeles Vázquez explicou que este programa se puxo en marcha cando "aínda non existía a conciencia medioambiental como tal" e lembrou que moitos dos nenos e nenas que participaron hai 25 anos na primeira edición do programa medraron sensibilizados coa protección da contorna e o impacto que poden ter as nosas accións.

Na mesma liña, a conselleira reiterou o papel dos máis novos como embaixadores da Galicia verde e convidounos a seguir poñendo "o seu gran de area" para reducir a produción de residuos, reutilizar ao máximo os produtos e separar correctamente os refugallos co fin de garantir a súa reciclaxe. Para concluír, pediulle ao alumnado asistente que manteña os bos hábitos adquiridos no coidado do medio ambiente e emprazounos a difundir entre familiares e amigos a importancia da conciencia ecolóxica.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
262681 {"title":"A Xunta salienta o papel dos escolares galegos como referentes do compromiso e da conciencia ambiental","published_date":"2024-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278522\/240613+AVM+clausura+Ecovoz+1.jpg","id":"262681"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-13/262681-xunta-salienta-papel-dos-escolares-galegos-como-referentes-do-compromiso-e-da-conciencia-ambiental https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.