A Xunta estuda actuacións para mellorar o estado de distintos espazos na contorna da praia das Catedrais

  • Estanse a avaliar elementos como as pasarelas, os valados de protección, os pavimentos ou os locais de almacenaxe e servizos auxiliares
  • Os traballos que se acorden sumaranse á renovación da sinalización existente, unha mellora que o Goberno galego xa tiña previsto realizar para homoxeneizala e facela máis útil para os visitantes

Ribadeo (Lugo), 4 de xuño de 2024

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, visitou hoxe o monumento natural da praia das Catedrais para avaliar os distintos espazos que o conforman e ver posibles actuacións coas que mellorar o seu estado así como os elementos a disposición tanto do persoal que presta servizos auxiliares na contorna como dos visitantes.  

A representante da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que estivo acompañada polo alcalde de Ribadeo, explicou que entre os elementos que se están a revisar están as pasarelas existentes na zona ou os valados de protección cos que se impide o acceso das persoas ás áreas con maior risco de caída ou con vexetación autóctona protexida.

Os técnicos da Consellería e a directora xeral tamén avaliaron o estado do pavimento en distintas zonas próximas ao monumento natural para rexistrar posibles deficiencias froito do uso e das condicións meteorolóxicas da zona. Ao mesmo tempo, comprobouse o estado de distintos locais de almacenaxe e de uso por parte do persoal que traballa neste espazo natural -en tarefas de mantemento ou control de acceso, entre outras- co obxectivo de ver posibles melloras coas que facilitar o seu labor diario.

Os traballos que se acorden como consecuencia desta análise do estado de conservación dos distintos espazos sumaranse á renovación da sinalización existente na contorna da praia das Catedrais, unha actuación que xa estaba prevista previamente. Neste caso o obxectivo do Executivo galego é homoxeneizar a tipoloxía dos paneis e sinais existentes na zona simplificando os indicadores e concentrando a información nos novos paneis, facéndoos así máis útiles para os visitantes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
241980 {"title":"A Xunta estuda actuacións para mellorar o estado de distintos espazos na contorna da praia das Catedrais","published_date":"2024-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"241980"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-04/241980-xunta-estuda-actuacions-mellorar-estado-distintos-espazos-na-contorna-da-praia-das-catedrais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.