A Xunta apela a que as administracións asuman un papel clave no cambio cara a un modelo socioeconómico máis sostible e unha transición enerxética xusta
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Paula Uría incide na importancia de aproveitar a oportunidade que supón este momento de transformación para impulsar un cambio estrutural que permita seguir avanzando na acción climática e no impulso da economía verde
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ourense, 30 de maio de 2024
A Xunta de Galicia apela a que as administracións asuman un papel clave no cambio cara a un modelo socioeconómico máis sostible e unha transición enerxética xusta que garantan un futuro máis competitivo, máis verde e de calidade.
Nesa liña, a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, incidiu hoxe, na clausura do XVII Simposio internacional sobre enerxías renovables: arquitectura sostible, na importancia de "aproveitar a oportunidade que supón este momento de transformación para impulsar un cambio estrutural que permita seguir avanzando na acción climática e no impulso da economía verde coa creación de novos empregos así como contribuír á cohesión social e territorial".
E, no marco dos desafíos da transición enerxética, a directora xeral puxo en valor o traballo que leva realizado a Xunta para avanzar cara a unha "Galicia competitiva e sostible". Así, entre xaneiro e abril deste ano a xeración renovable acadou por primeira vez o 89,2% de toda a electricidade producida en Galicia e a porcentaxe total de renovable no uso final na Comunidade ascende xa ao 44,3%.
Ademais, o Goberno galego aborda esta cuestión de xeito transversal e, por exemplo, está a traballar para desenvolver edificios públicos existentes e dotar os xa existentes de sistemas de climatización eficientes. De feito, a Xunta iniciou recentemente a licitación do contrato das obras de mellora da envolvente térmica e enerxética da sede da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en Santiago de Compostela, por un importe de preto de 3,5 millóns de euros.
Estas actuacións de rehabilitación do inmoble pretenden reducir polo menos un 30% o consumo de enerxía de orixe non renovable das instalacións, polo que se benefician dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation.
A maiores, este ano está previsto iniciar as obras de mellora da eficiencia enerxética do centro de interpretación do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés cun investimento de máis de 600.000 euros, unha actuación que conta con financiamento do Plan PIREP (Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos).
Para concluír, a directora xeral reiterou que "non é posible crecer economicamente se non se fai desde a base dunha economía verde" que permita avanzar cara a unha sociedade moderna, competitiva e equitativa.