A Xunta colabora na gravación e difusión dun documental sobre o papel ecolóxico da gaivota patiamarela e a necesidade da súa preservación

  • Baixo o título Querida gaivota maldita, o obxectivo é dar a coñecer a importancia dunha ave característica e moi presente na costa galega, sobre todo nas Illas Atlánticas, e o traballo do Goberno galego para frear o declive das súas poboacións
  • Os promotores desta produción audiovisual recibiron unha das axudas de 2023 para impulsar actuacións na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

A Xunta colabora na difusión do documental Querida gaivota maldita!, unha curtametraxe divulgativa que busca concienciar sobre a importancia ecolóxica desta ave costeira, moi presente en Galicia, e que contou, tamén, para a súa realización co apoio económico do Executivo autonómico.

Cómpre subliñar que a comunidade e, especialmente, os catro arquipélagos que conforman o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia albergan unha das maiores colonias de cría desta especie, que nas últimas dúas décadas experimentou unha redución notable no número de parellas reprodutoras.

Neste sentido, o documental explica con detalle os traballos de conservación da gaivota patiamarela realizados polo Parque Nacional —dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático—, centrados no seguimento das poboacións nas illas, na protección das zonas de cría e na loita e investigación contra a enfermidade descoñecida que as afecta desde hai uns anos, medidas coas que se pretende frear o seu declive.

De feito, estas aves mariñas son unha especie ameazada e bastante descoñecida a pesar da súa presenza habitual nos paseos marítimos e terrazas de todo o litoral galego e de que xogan un papel ecolóxico de grande importancia para os ecosistemas costeiros e a súa cadea trófica grazas, entre outras cuestións, á súa variada dieta.

Así, a través desta peza audiovisual, búscase, tamén, espertar conciencias para que o público en xeral descubra ás gaivotas patiamarelas, a importante función ecolóxica que cumpren e a necesidade de traballar entre todos na súa conservación e protección.

Axuda económica e divulgación vía Youtube

Producido por Ibis Natureza e Imaxe e dirixido por Manuel Pedrosa e Mariam Mariño, o traballo recibiu unha subvención de 18.000 euros da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ao abeiro da convocatoria do ano 2023 das axudas para proxectos relacionados coa área de influencia socioeconómica do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Unha vez presentado xa publicamente e co fin de contribuír a darlle a máxima difusión, o vídeo xa está dispoñible para a súa visualización en liña na canle de Youtube oficial do Parque Nacional.

Por último, cómpre indicar que a curtametraxe Querida gaivota maldita! participará no concurso SunCine, un prestixioso festival internacional de cinema de temática medioambiental que este ano celebra a súa 31ª edición, o que o converte no certame máis antigo do mundo no seu xénero.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280486 {"title":"A Xunta colabora na gravación e difusión dun documental sobre o papel ecolóxico da gaivota patiamarela e a necesidade da súa preservación","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"280486"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280486-xunta-colabora-na-gravacion-e-difusion-dun-documental-papel-ecoloxico-da-gaivota-patiamarela-e-necesidade-da-sua-preservacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.