A Xunta pon en valor o papel das comunidades enerxéticas locais na creación dunha cultura da sostibilidade entre a cidadanía

Imagen del artículo A Xunta pon en valor o papel das comunidades enerxéticas locais na creación dunha cultura da sostibilidade entre a cidadanía

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Paula Uría salienta que estes proxectos colectivos converten ao consumidor en produtor, co que se incrementa a súa implicación na xestión da enerxía e, ao mesmo tempo, fomentan o aproveitamento de recursos locais

Barro (Pontevedra), 29 de maio de 2024

A Xunta de Galicia puxo en valor o papel das comunidades enerxéticas locais na creación dunha cultura da sostibilidade entre a cidadanía ao promover unha maior concienciación ambiental.

Nesa liña, a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, salientou hoxe, durante a súa intervención na xornada de Comunidades enerxéticas locais, organizada pola Deputación de Pontevedra, que estes proxectos colectivos "converten ao consumidor en produtor", co que se incrementa a súa implicación na xestión da enerxía e, ao mesmo tempo, fomentan o aproveitamento de recursos locais.

De feito, segundo explicou Uría, as comunidades enerxéticas locais son fundamentais para levar a cabo a transición enerxética cara a un modelo máis sostible, resiliente e equitativo xa que, ademais de fomentar a produción de enerxía a pequena escala e aportar beneficios económicos locais, contribúen á redución das emisións, que é clave na loita contra o cambio climático.

A maiores, Uría incidiu en que estas experiencias poden servir como "laboratorios de innovación" para o desenvolvemento de proxectos a maior escala, que amplíen as posibles fontes de financiamento para este tipo de iniciativas sostibles.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
228926 {"title":"A Xunta pon en valor o papel das comunidades enerxéticas locais na creación dunha cultura da sostibilidade entre a cidadanía","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/240529+DXERCC+XORNADA+PONTEVEDRA.jpeg","id":"228926"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/228926-xunta-pon-valor-papel-das-comunidades-enerxeticas-locais-na-creacion-dunha-cultura-da-sostibilidade-cidadania https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.