A Xunta investirá preto de 11 M€ ata 2026 nas obras de construción da nova estación depuradora de Santiago

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O resto do investimento, ata arredor de 60 millóns de euros, correspóndese na súa maior parte con fondos europeos Next Generation xestionados polo Goberno central aos que se engade unha partida sufragada polo Goberno municipal 
  • Ángeles Vázquez pon en valor a colaboración entre as distintas administracións para impulsar unha instalación que pode chegar a dar servizo a ata 227.000 habitantes
  • O Executivo galego salienta que se trata dunha infraestrutura hidráulica moi demandada que contribuirá a cumprir coas directivas europeas en materia de depuración de núcleos urbanos e a impulsar a recuperación ambiental do río Sar

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

A Xunta vai investir ata 2026 case 11 millóns de euros nas obras de construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta, no concello de Santiago de Compostela. O resto do investimento, ata preto de 60 millóns de euros, sufrágase maioritariamente con fondos europeos Next Generation -preto de 49 millóns de euros xestionados pola entidade pública estatal Augas das Concas de España (Acuaes)- e complétase cunha aportación do Concello de Santiago de Compostela.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou hoxe na sinatura da addenda ao convenio entre o Executivo galego, Acuaes e o Goberno municipal para a construción desta infraestrutura, da que xa comezaron os traballos e que se prevé que estea rematada en 2026. Neste sentido, puxo en valor a colaboración e o esforzo realizado polas tres administracións implicadas pensando sempre no beneficio do conxunto da cidadanía santiaguesa.

As actuacións teñen como finalidade que a cidade conte cunha depuradora adaptada ás súas necesidades presentes e futuras adecuando o sistema de tratamento de augas residuais ás exixencias actuais de calidade e caudais. De feito, estas instalacións poderán chegar a dar servizo a ata 227.000 habitantes.

A responsable autonómica incidiu en que se trata dunha infraestrutura hidráulica moi demandada coa que se busca ofrecer auga de calidade e con garantías, cumprindo as directivas europeas en materia de depuración de núcleos urbanos e impulsando a recuperación ambiental do río Sar.

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático salientou que a Xunta traballa para converter Galicia nun referente en materia de auga e de loita contra o quecemento global e que por iso está a traballar nunha estratexia que vai ata 2033 co obxectivo de optimizar a xestión dos recursos hídricos e das infraestruturas, coma esta de Santiago.

Neste sentido, adoptaranse medidas para propiciar a reutilización de augas residuais xa depuradas cando sexa viable e garantir a subministración coa calidade e cantidade axeitadas a todos os núcleos de poboación. A maiores, tamén se revisarán os plans de saneamento e de abastecemento ao tempo que se redactarán o plan hidrolóxico e os instrumentos de xestión do risco de inundacións e seca. En total son cinco plans nos que o Executivo galego investirá preto de 7 millóns de euros e que orientarán as actuacións da Administración galega neste eido para os próximos anos.

Apoio aos concellos

Ángeles Vázquez salientou que, con estas planificacións, Augas de Galicia seguirá primando os investimentos de apoio aos concellos para garantir a prestación do servizo de augas. Nesta liña, destacou que en todo momento se aposta por traballos ambiciosos baseados na colaboración coas entidades locais para mellorar os servizos públicos que se prestan á poboación ofrecendo auga accesible, de calidade e con garantías.

Esta é unha das actuacións incluídas nos orzamentos do Executivo galego para este ano, que mobilizará un total de 85 millóns de euros en distintas obras de saneamento e depuración de augas -incluíndo a explotación de 27 depuradoras cuxa xestión foi cedida á Xunta polos concellos- e 23 millóns de euros na mellora dos sistemas de abastecemento municipais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276705 {"title":"A Xunta investirá preto de 11 M€ ata 2026 nas obras de construción da nova estación depuradora de Santiago","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/240619+AVM+VISITA+EDAR+SANTIAGO.JPG","id":"276705"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276705-xunta-investira-preto-11-m-ata-2026-nas-obras-construcion-da-nova-estacion-depuradora-santiago https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.