Aneiros celebra o aniversario do Xeoparque Cabo Ortegal poñendo en valor o traballo de divulgación e preservación do patrimonio xeolóxico da zona

  • Destaca que esta declaración "ten contribuído a fortalecer o sentido de comunidade e impulsado un desenvolvemento sostible desta comarca"
  • Lembra que a Xunta apoia este proxecto a través da concesión de 1,5 M€ dos fondos Next Generation, dentro da convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino

Valdoviño (A Coruña), 24 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, puxo en valor o compromiso e traballo de divulgación e preservación do patrimonio xeolóxico realizado para a consecución da declaración do Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial da Unesco. A representante do Goberno galego participou esta tarde nos actos organizados pola Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal co gallo do primeiro aniversario deste recoñecemento.

"A designación como Xeoparque Mundial da Unesco, o segundo que temos en Galicia, tennos brindado unha plataforma para destacar e compartir as nosas marabillas naturais co mundo. Unha declaración que ten contribuído a fortalecer o noso sentido de comunidade e ten impulsado o desenvolvemento sostible deste recuncho do noroeste peninsular que é a comarca do Ortegal", destacou.

Aneiros avogou por compatibilizar o incremento do turismo responsable que está a experimentar a zona "co firme compromiso de conservación do entorno" e lembrou o respaldo da Xunta ao proxecto no marco do Plan Territorial de Sustentabilidade Turística do Litoral, deseñado polo Goberno autonómico con fondos Next Generation e que inclúe 1,5 M€ para un Plan de Sustentabilidade do Xeoparque.

A delegada territorial concluíu animando ás administracións implicadas a seguir implementando "prácticas sostibles que aseguren que as futuras xeracións poidan gozar deste tesouro nacional" e manifestou o seu desexo futuro dun Cabo Ortegal "onde o equilibrio entre o desenvolvemento humano e a preservación do medio ambiente sexa exemplar".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
219360 {"title":"Aneiros celebra o aniversario do Xeoparque Cabo Ortegal poñendo en valor o traballo de divulgación e preservación do patrimonio xeolóxico da zona","published_date":"2024-05-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"219360"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-24/219360-aneiros-celebra-aniversario-do-xeoparque-cabo-ortegal-ponendo-valor-traballo-divulgacion-e-preservacion-do-patrimonio-xeoloxico-da-zona https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.