A Xunta avoga pola colaboración do sector público e privado para consolidar Galicia como referente na xestión sostible de residuos

  • Ramón Boga lembra que o Goberno galego vén de aprobar o Plan de xestión de residuos industriais, que inclúe máis de 40 medidas a desenvolver ata 2030 de cara a fomentar a preparación para a reutilización e do reciclado de alta calidade dos refugallos

Coirós (A Coruña), 19 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia avoga pola colaboración do sector público e privado para consolidar a Comunidade como referente na xestión sostible de residuos, na implantación da economía circular e na acción climática.

Segundo dixo o director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Ramón Boga, na inauguración da planta de Litosoil, en Coirós, a Administración deberá avanzar da man do tecido empresarial para seguir avanzando nun modelo de xestión sostible baseado na prevención e na valorización en liña co establecido nas Estratexia Galega de Economía Circular 2030 e na de Cambio Climático e Enerxía 2050.

Nesa liña, Boga lembrou que o Goberno galego segue a traballar nese eido. Así, vén de aprobar o Plan de xestión de residuos industriais (Priga), que inclúe máis de 40 medidas a desenvolver ata 2030 de cara a, entre outros obxectivos, fomentar a preparación para a reutilización e do reciclado de alta calidade dos refugallos, co fin de primar a obtención de novos produtos e materiais capaces de substituír materias primas virxes nos procesos industriais.

De feito, cómpre lembrar que este plan busca, con carácter xeral, fomentar a prevención na xeración destes residuos e impulsar o seu tratamento conforme á xerarquía e aos novos obxectivos de produción, reciclaxe e redución do vertido, fixados polas directivas europeas de 2018 e recollidas despois na normativa sectorial autonómica e estatal.

Para avanzar nesta transición no eido dos residuos de orixe industrial, o PRIGA prevé mobilizar un investimento estimado en case 75 millóns de euros ata o ano 2030, contía na que se inclúe tanto os fondos que prevé destinar a Xunta —case 21 millóns—, como as achegas dos Sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor (SCRAP) —1,4 millóns— e os investimentos privados que se estima que realizará o propio sector industrial galego para cumprir cos obxectivos legalmente establecidos.

Nese senso, o director xeral puxo en valor que a planta inaugurada hoxe facilitará o tratamento de terras contaminadas con hidrocarburos para darlles novos usos como a construción ou a recuperación paisaxística evitando o depósito en vertedoiro.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276709 {"title":"A Xunta avoga pola colaboración do sector público e privado para consolidar Galicia como referente na xestión sostible de residuos","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"276709"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276709-xunta-avoga-pola-colaboracion-do-sector-publico-e-privado-consolidar-galicia-como-referente-na-xestion-sostible-residuos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.