A Xunta realiza labores de conservación na contorna do rego de Loiba, ao seu paso polo concello de Viveiro

Imagen del artículo A Xunta realiza labores de conservación na contorna do rego de Loiba, ao seu paso polo concello de Viveiro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As tarefas céntranse nun treito de preto dun quilómetro e inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa na canle para evitar atoamentos
  • Os traballos desenvolveranse durante uns 10 días e a continuación Augas de Galicia xa ten programadas outras actuacións en distintos tramos de regos deste concello lucense que suman máis de 9 quilómetros

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2024

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar hoxe actuacións de conservación e mantemento no rego de Loiba, ao seu paso polo concello de Viveiro. 

As tarefas, que se desenvolverán nun tramo de preto dun quilómetro no lugar do Castrillón, na parroquia de Covas, consisten na retirada de árbores e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos así como en labores de roza puntual de arbustos na contorna da canle.

As actuacións, que xa foron comunicadas ao concello de Viveiro, prolongaranse durante aproximadamente dez días e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras co apoio de tractores e un camión. 

Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo de conca autonómico, este tramo do rego de Loiba quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas. De feito, unha vez rematados estes traballos, xa están programadas outras accións de mellora das contornas fluviais no concello de Viveiro que suporán actuar en máis de 9,5 quilómetros adicionais de canles de distintos regos.

Augas de Galicia desenvolve este tipo de accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas súas zonas de acceso e protección. 

O obxectivo é avanzar e mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
233834 {"title":"A Xunta realiza labores de conservación na contorna do rego de Loiba, ao seu paso polo concello de Viveiro","published_date":"2024-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150713\/240531+actuacion+conservacion+Viveiro.jpeg","id":"233834"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-31/233834-xunta-realiza-labores-conservacion-na-contorna-do-rego-loiba-ao-seu-paso-polo-concello-viveiro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.