A Xunta licita por case 2 M€ as obras de adaptación e mellora da planta de transferencia de residuos de Vigo

  • Os traballos inclúen a construción dunha tolva específica con capacidade para transvasar 10.480 toneladas anuais de biorresiduos e a substitución da envolvente da actual instalación co obxectivo de aumentar o seu illamento acústico
  • Unha vez rematada a actuación, integrarase na rede pública galega de infraestruturas para a valorización da materia orgánica, integrada por 17 plantas e na que o Executivo galego investiu, a través de Sogama, un total de 45 M€

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia, a través da empresa pública Sogama, licitou esta semana por un importe de 1.992.841 € (IVE incluído), as obras de mellora e adaptación da súa planta de transferencia de residuos de Vigo, localizada en Guixar, para que poida recibir a fracción orgánica recollida de forma diferenciada mediante o contedor marrón.

A tal fin, os traballos licitados prevén a construción dunha tolva para a transferencia dos chamados biorresiduos así como a substitución da envolvente do conxunto. Neste caso, substituiranse todas as chapas do cerramento da nave co fin de aumentar o nivel de illamento acústico derivado da propia actividade da instalación, coa particularidade de que tamén se actualizará o deseño para unha mellor integración na contorna.

Unha vez concluída a obra, a instalación pasará a formar parte da rede pública de infraestruturas para a valorización da materia orgánica que foi deseñada pola Xunta de Galicia e executada por Sogama. Neste sentido, cómpre subliñar que o obxectivo desta iniciativa é axudar aos concellos, que son os que teñen as competencias en materia de residuos, a cumprir a lexislación vixente e facilitar así a conversión dos biorresiduos de orixe doméstica en compost, un abono natural de alta calidade que poderá ser utilizado no ámbito da agricultura e da xardinería.

En concreto, a de Vigo será unha das 13 plantas de transferencia integradas nesta rede (xunto coas de A Lama, Arbo, Cee, Curtis, Lugo, Narón, Ponteceso, Riotorto, Silleda, San Cibrao das Viñas, O Porriño e A Rúa) que servirán de apoio ás 4 infraestruturas de biorresiduos provinciais (localizadas en Cervo, no caso de Lugo; Cerceda, na Coruña; Verín, en Ourense; e Vilanova de Arousa, en Pontevedra).

Das 17 infraestruturas previstas, todas están rematadas e en funcionamento agás a planta de transferencia de Riotorto, na fase final da súa construción, e das instalacións existentes en Vigo, cuxas obras de adaptación acaban de ser licitadas por Sogama.

Unha vez renovadas, as instalacións de Guixar contarán con capacidade para transvasar 10.480 toneladas anuais de materia orgánica recollida de forma diferenciada na cidade mediante o contedor marrón para ser transportada posteriormente á planta de biorresiduos máis próxima, onde recibirá tratamento.

O prazo para a execución dos traballos será dun máximo de 28 semanas (7 meses) e dun mínimo de 24 (medio ano), contadas a partir da data da firma da acta de inicio de obras.

Aforro de custos

Tomando como referencia o principio de proximidade, o obxectivo da rede de infraestruturas para a xestión e tratamento da fracción orgánica do lixo doméstico é propiciar que a práctica totalidade dos 295 concellos adheridos a Sogama — que aglutinan a máis de 2,2 millóns de habitantes— dispoñan dunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 km de distancia, permitíndolles desta forma aforrar custos, tanto ambientais como económicos.

Cómpre lembrar que Sogama destinou á posta en marcha desta rede autonómica un total de 45 millóns de euros, dos cales 30 millóns procederon dos Fondos FEDER REACT EU como resposta da Unión Europea á crise do COVID-19. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
243637 {"title":"A Xunta licita por case 2 M€ as obras de adaptación e mellora da planta de transferencia de residuos de Vigo","published_date":"2024-06-05","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"243637"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-05/243637-xunta-licita-case-2-m-as-obras-adaptacion-e-mellora-da-planta-transferencia-residuos-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.