A Xunta e o Clúster de Solucións Ambientais Viratec analizan vías de colaboración no eido da innovación e a divulgación na loita contra o cambio climático

Imagen del artículo A Xunta e o Clúster de Solucións Ambientais Viratec analizan vías de colaboración no eido da innovación e a divulgación na loita contra o cambio climático

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Executivo galego e a entidade coinciden na necesidade de coordinar a posta en coñecemento das solucións ambientais, servizos tecnolóxicos ou medidas a prol da economía circular dispoñibles en Galicia

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2024

A directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, mantivo esta semana un encontro con representantes do Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular Viratec no que avaliaron distintas vías de colaboración. Entre elas as relacionadas coa divulgación ambiental, a participación en foros de innovación sobre solucións ambientais ou o desenvolvemento de actuacións de xestión da loita contra o cambio climático, con encaixe en diferentes iniciativas a desenvolver no marco da Alianza Galega polo Clima.

 

A representante da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e os responsables de Viratec coincidiron na importancia de coordinar a posta en coñecemento das innovacións dispoñibles, os servizos máis destacados no ámbito tecnolóxico, as solucións ambientais, as medidas a prol da economía circular e a loita contra o cambio climático existentes en Galicia.

 

Neste sentido, a directora xeral puxo en valor a Alianza Galega polo Clima -que conta xa con arredor de 120 entidades adheridas entre universidades, autoridades portuarias, clubs deportivos ou empresas- pois contribúe a conectar o tecido produtivo e social galego de cara a traballar contra o quecemento global, facer máis resiliente á comunidade e establecer pautas de actuación para alcanzar a neutralidade climática.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24273 {"title":"A Xunta e o Clúster de Solucións Ambientais Viratec analizan vías de colaboración no eido da innovación e a divulgación na loita contra o cambio climático","published_date":"2024-05-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887444\/240512+reunion+DXERCC+con+Viratec.jpeg","id":"24273"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-12/24273-xunta-e-cluster-solucions-ambientais-viratec-analizan-vias-colaboracion-eido-da-innovacion-e-divulgacion-na-loita-cambio-climatico https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.