A Xunta apela á colaboración entre administracións e tecido productivo para consolidar a Galicia na vangarda da acción climática e enerxética

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez pon en valor o Plan de xestión industriais de Galicia, aprobado recentemente co obxectivo de que se converta na folla de ruta a seguir nesta materia e cumprir coas obrigas que establece a normativa europea
  • Explica que a Comunidade xa está a obter resultados das políticas postas en marcha neste eido como os avances no cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable, situándose en todos eles por riba dos datos a nivel nacional

A Coruña, 29 de maio de 2024

A Xunta apela á colaboración entre administracións e tecido produtivo para consolidar a Galicia na vangarda da acción climática e enerxética e seguir avanzando cara a un modelo de economía baseado na circularidade como base dunha sociedade moderna, competitiva e equitativa.

Durante a súa participación na clausura da xornada sobre o Plan de xestión de residuos industriais de Galicia: cara a unha economía circular e sostible, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, incidiu en que "administracións e tecido produtivo debemos ir da man no desenvolvemento dunha nova sociedade na que nada se desperdicie, senón que todo se aproveite".

Nesa liña, a conselleira puxo en valor o Plan de xestión industriais de Galicia (Priga), que a Xunta aprobou recentemente co obxectivo de que se converta na "folla de ruta" a seguir nesta materia e cumprir coas obrigas que establece a normativa europea. Así, lembrou que o PRIGA ten a finalidade de "incidir no primeiro chanzo da xestión dos residuos, que é reducir a súa xeración, e, ademais, impulsar o seu correcto tratamento".

Para avanzar nese obxectivo, o PRIGA contempla 40 medidas e actuacións orientadas a contribuír á transformación do tecido empresarial galego, entre as que destacan a convocatoria de axudas para adaptar os procesos produtivos ao uso de envases reciclables, impulsar proxectos de I+D para tratar novos residuos e desenvolver plataformas de venda de materiais de segunda man, ou a posta en marcha do novo Servizo especializado de economía circular industrial para asesorar ás empresas na optimización da xestión dos refugallos.

Nese senso, para facilitar a transición das empresas galegas cara á economía circular, o PRIGA prevé mobilizar un total de 75 M€, dos que a Xunta achegará 21 M€ e o resto será aportado polos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAPs) e promotores privados.

Cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable

A maiores, durante a súa intervención nesta xornada organizada pola Asociación Profesional de Empresas Medioambientais (Aproema), Ángeles Vázquez incidiu en que a Comunidade xa está a obter resultados das políticas postas en marcha nesta materia. De feito, Galicia está avanzando no cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) marcados a nivel global pola chamada Axenda 2030, situándose xa en todos eles por riba dos resultados a nivel nacional.

"En 16 dos 17 ODS que Nacións Unidas fixa como meta, os resultados a nivel galego están por riba dos estatais", aseverou a conselleira, que subliñou que a evolución destaca especialmente nos apartados de auga limpa e saneamento, enerxía accesible e non contaminante, e vida dos ecosistemas terrestres.

Ademais, no que atinxe ás enerxías non contaminantes, hai indicadores, como o peso das renovables sobre a produción total de enerxía eléctrica -un 75,6%, no ano 2020- ou a redución do consumo, que confirman os avances notables acadados para a consecución deste ODS.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
229441 {"title":"A Xunta apela á colaboración entre administracións e tecido productivo para consolidar a Galicia na vangarda da acción climática e enerxética","published_date":"2024-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150707\/240529+AVM+XORNADA+PRIGA+CORUNA.jpg","id":"229441"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-29/229441-xunta-apela-colaboracion-administracions-e-tecido-productivo-consolidar-galicia-na-vangarda-da-accion-climatica-e-enerxetica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.