A Xunta valora o compromiso ambiental da comunidade educativa, que, ao abeiro do concurso Pilabot, aportou o 13% das pilas recollidas en 2023 en toda Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Ángeles Vázquez salienta que os 32.000 alumnos dos 150 centros de primaria e secundaria participantes nesta edición recuperaron máis de 40.300 quilos de pilas, acumuladores e baterías usadas
  • O CEIP Carmen García Carrasco, de Cenlle, e o CRA Amencer, de Ribadavia, gañaron a quinta edición deste certame, organizado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en colaboración cos xestores de pilas autorizados en Galicia

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo hoxe en valor o compromiso ambiental da comunidade educativa logo de que aportase, ao abeiro do concurso Pilabot, o 13% das preto de 316 toneladas de pilas recollidas en 2023 en toda Galicia.

Durante o acto de entrega de premios aos gañadores da quinta edición deste concurso de recollida de pilas, Ángeles Vázquez salientou que os 32.000 alumnos, de entre 6 e 16 anos, dos 150 centros de primaria e secundaria participantes nesta ocasión, recuperaron máis de 40.300 quilos de pilas, acumuladores e baterías usadas.

Nesa liña, a conselleira, que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e polo director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Ramón Boga, enxalzou o relevante papel do profesorado ao "transmitir a importancia do coidado e do respecto ao medio ambiente, ensinar como xestionar os residuos que se xeran na vida cotiá e acompañar ao alumnado no proceso de aprender a protexer o noso planeta".

A maiores, Ángeles Vázquez lembrou que ese alumnado tamén ten o labor fundamental de ser "os protagonistas do cambio" que permitan consolidar a resiliencia da Comunidade contra o cambio climático avanzando cara a unha Galicia "formada e sensibilizada nos valores de respecto e compromiso coa protección do medio ambiente, que contribúe ao desenvolvemento sustentable e que mellora a calidade de vida presente e futura".

"Sodes os verdadeiros embaixadores do medio ambiente e levades a cabo unha magnífica tarefa de sensibilización ambiental nos vosos fogares, nos vosos centros educativos e tamén no voso círculo de amizades", engadiu Ángeles Vázquez.

Nese senso, a representante autonómica subliñou que iniciativas como o concurso Pilabot contribúen a esa concienciación ambiental. De feito, desde que se puxo en marcha este certame, en 2019, xa se recolleron un total de 244 toneladas de pilas, acumuladores e baterías usadas, o que, segundo dixo a representante autonómica, equivale a 14 tráileres.

Quinta edición de Pilabot

Nesta quinta edición recolléronse un total de 40.304 quilogramos destes refugallos, dos que máis de 6 toneladas foron aportadas polos centros gañadores. Así, o CEIP Carmen García Castro de Cenlle levou o primeiro posto en termos absolutos, ao recoller preto de 2,3 toneladas de pilas na súas instalacións —en concreto, 2.291 kg—. Pola súa banda, o Colexio Plurilingüe Divina Pastora M.M. Franciscanas, de Ourense, foi segundo, con 2.183,44 quilos recollidos.

Tamén se entregaron os premios aos centros coas mellores ratios de recollida por alumno. Neste caso, o gañador foi o CRA Amencer, de Ribadavia, con 47,41 quilogramos por estudante mentres que o CEIP Roberto Blanco Torres, da Peroxa, recibiu o segundo premio logo de recoller 25,59 kg por alumno.

Os catro centros reciben un premio económico que deben destinar á compra de material escolar ou deportivo. Concretamente, os primeiros premios de ambas categorías están dotados con 2.500 euros cada un, mentres que os centros que quedaron en segunda posición levarán como recompensa 1.250 euros.

O certame Pilabot, posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en colaboración cos xestores de pilas autorizados na Comunidade —Ecopilas, ERP e Ecolec—, busca fomentar a reciclaxe de pilas entre a comunidade escolar e as familias do alumnado, ao tempo que se facilita información e recursos didácticos para promover actitudes positivas que preveñan os problemas de contaminación que poden ser derivados se non se xestionan de forma adecuada.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
258902 {"title":"A Xunta valora o compromiso ambiental da comunidade educativa, que, ao abeiro do concurso Pilabot, aportou o 13% das pilas recollidas en 2023 en toda Galicia","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278519\/240612+AVM+entrega+premios+Pilabot+1.JPG","id":"258902"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/258902-xunta-valora-compromiso-ambiental-da-comunidade-educativa-ao-abeiro-do-concurso-pilabot-aportou-13-das-pilas-recollidas-2023-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.